1167 [= Tav 83,8]
Pela ribeira do rio

Pela ribeira do rio
cantando ia la dona virgo
d’amor:
«Venhan-nas barcas polo rio
a sabor».
Pela ribeira do alto
cantando ia la dona d’algo
d’amor:
[«Venhan-nas barcas polo alto
a sabor»].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10

Manuscritos


B 1155, V 757

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 351); Cunha (1999 [1949]: 247 [= LPGP 574]); Cohen (2003: 391); Littera (2016: II, 27-28).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 263); Braga (1878: 143); Bell (1920: 61); Machado & Machado (1956: V, 244); Alvar (1969: 78-79).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 109); Pellegrini (1928: 34); Seoane (1941: 87); Nemésio (1961 [1949]: 140); Nunes (1959: 363); Álvarez Blázquez (1975: 226); Torres (1977: 547); Reckert & Macedo (1980: 166); Beltrán (1987: 65); Alvar & Beltrán (1989: 345-346); Tavani (1989: 7); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 135); Diogo (1998: 246).

Variantes manuscritas


1 rio] irio B   2 ia la] ja ia B; virgo] u’go B : ugo V   3 d’amor] Namor B   4 barcas] barq̅s BV; rio] mo V   7 ia] om. B   8 d’amor] Namor B

 

Variantes editoriais


9 polo alto] polo rio Nunes, Cunha, Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Pola ribeira do río, cantando ía a fidalga doncela de amor: «Veñan as barcas polo río con pracer».
(II) Pola ribeira do río fondo cantando ía a fidalga señora de amor: «Veñan as barcas polo río fondo con pracer».

Métrica


Esquema métrico: 7’a 8’a 2B 8’a 3B

Encontros vocálicos: 2 cantando‿i·a; 7 cantando‿i·a

Notas


Texto
  • *

    Todas as edicións críticas da cantiga de Joan Zorro incorporan o v. 4 ao refrán, a seguir a disposición que os apógrafos italianos presentan. Porén, o autor da última edición crítica do cancioneiro de amigo en 2003 xustificou posteriormente (Cohen 2012b: 1-12) a consideración deste verso como integrante da cobra e a conseguinte existencia dun refrán intercalar.

    En moitas das cantigas de Joan Zorro (véxanse tamén UC 1161116311651166116811691170), en maior ou menor medida, está presente a rima asoante ou toante que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas composicións de Don Denis (583584585586606609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Paai Gomez Charinho (813839), Meendinho (848), Airas Nunez (864870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920922), Nuno Porco (1130), Pero Meogo (1204120512061208), Martin de Giinzo (12871288128912901291)), Martin Codax (12951296129712981300), Fernand’Esquio (1314).

  • 1-3

    Os versos iniciais desta cantiga están literalmente presentes no final da coñecida pastorela de Airas Nunez:
              Pela ribeira do rio
              cantando ia la virgo
              d’amor:

              quen amores á
              como dormirá,
              [a]i bela frol?» (864.3-35).

    De todos os modos, non é o único caso dunha relación intertextual entre Airas Nunez e Joan Zorro, pois é probábel que a cantiga de amigo do clérigo (UC 870) tomase como modelo unha versión anterior do xograr (UC 1171).

  • 2

    A conservación de /l/ no artigo (tamén no v. 7) pode explicarse como produto dunha retórica arcaizante na elaboración de cantigas de amigo (véxase Ferreiro 2008b, 2013), igual que acontece noutras moitas cantigas (587, 609, 704, 735, 781, 825, 864, 891, 892, 903, 1130, 1166, 1167, 1169, 1201, 1206, 1281, 1294, 1297, 1299, 1304 e 1314) e do mesmo xeito que acontece coas correspondentes formas pronominais (véxase nota a 586.5).

    A voz virgo (‘virxe’) só se localiza en cantigas de amigo ou afíns (véxase 864.31 e 1169.11, xunto coa mesma expresión dona virgo en 1167.2), todas elas de Airas Nunez e Joan Zorro. Para alén da súa presenza nas cantigas de amigo e mais en fórmulas latinas (ou na denominación do signo zodiacal), este latinismo (cfr. lat. virgo, -inis) só o achamos nun documento galego de 1427, nun uso inducido polo latín litúrxico: Primeiramente mando a mia alma ao muy alto e muy poderoso Señor Deus que a conprou e redemeu por lo seu santo sangre justo precioso et rogo e peço aa sua madre Virgo Santa Maria con toda a Corte Çelestaal que lle rogen por min que me queira perdoar os meus pecados que ey feytos como a sua voontade (cfr. CGPA, s.v. virgo).   

  • 4

    Para alén da aparición da variante no do artigo após con, quen, ben, non e nen, non é moi frecuente o uso deste alomorfo após forma verbal acabada en nasal, aínda que é produto, de modo similar ao que acontece con -lo tras -r ou -s, da asimilación da consoante nasal final coa forma arcaica do artigo (-n+lo > -n+no): Ambas eran-nas melhores (113.13), perderon-no sén (202.16), [e] perdian-na color (489.12), pesa-lhes én / e razoan-no ben por mal (1447.21). Similar situación se produce nas Cantigas de Santa Maria, onde podemos achar o mesmo alomorfo no artigo e/ou pronome:
              cab’ o altar u tangen-na canpãa
              Do Corpus Domini (CSM 69.38).

                                       ... e prometeu poren
              hũa que lle nacera de en orden-na meter (CSM 251.13).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado