[last revised: 15/03/2022]Print

821 [= Tav 154,1]
Amiga, ben cuid’eu do meu amigo

Amiga, ben cuid’eu do meu amigo
que é morto, ca muit’á gran sazon
que anda triste o meu coraçon,
e direi-vo-lo; mais por que o digo?
Porque á gran sazon que non oi
nen un cantar que fezesse por mí,
nen que non ouvi seu mandado migo.
E sei eu del mui ben que é coitado
se oj[e] el viv’en poder d’amor;
mais por meu mal me filhou por senhor
e por aquest’ei eu maior cuidado:
porque á gran sazon [que non oi
nen un cantar que fezesse por mí
nen que non ouvi seu mandado migo].
E cuid’eu ben del que se non partisse
de trobar por mí sen mort’ou sen al;
mais por esto sei eu que non ést’al,
pero que mi-o [a mí] nen un non disse:
porque á gran sazon [que non oi
nen un cantar que fezesse por mí,
nen que non ouvi seu mandado migo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscripts


B 824, V 409

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 208-209); Majorano (1979: 132-133 [= LPGP 964-965]); Cohen (2003: 280); Littera (2016: II, 517).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 153); Braga (1878: 77); Machado & Machado (1953: IV, 134).
III. Antoloxías: Torres (1977: 377); Jensen (1992: 372); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 235).

Manuscript variants


1 amigo ] *migo B   2 muit’á] uūca B   3 coraçon] coracon B   7 mandado migo] manda damigo BV   9 se] (q̅ e) se B   11 eu] en BV   18 disse] dissesse BV

Editorial variants


4 e direi-vo-lo; mais por que o digo?] e direy-vo-lo mays porque o digo Majorano : e direi-vo-lo mais por que o digo Littera   6 nen un] nẽum Littera   9 oj[e] el viv’en poder d’amor] oj’el viv[e] en poder d’amor Cohen : hoj’el viv[e] em poder d’Amor Littera   13 nen un] nẽum Littera; fezesse] fizesse Nunes   18 pero que mi-o [a mí] nen un non disse] pero que mh’o [a ren] nen hun non disse Majorano : pero que mho nen un ome dississe Cohen : pero que mi o nẽum home [já] disse Littera   20 nen un] nẽum Littera

Paraphrase


(I) Amiga, ben penso eu que o meu amigo está morto, pois hai moito tempo que está triste o meu corazón, e diréivolo; mais por que o digo? Porque hai moito tempo que non ouvín un cantar que fixese por min, nin tiven novas del.

(II) E sei moi ben que está moi triste se hoxe el vive no poder do amor; mais pola miña desgraza me tomou por señora e por isto teño eu maior preocupación: porque hai moito tempo que non ouvín un cantar que fixese por min, nin tiven novas del.

(III) E penso ben que el non deixaría de trobar por min senón por morte, ou outro motivo similar; mais por isto sei que non é por outra cousa, aínda que a min non mo dixese ninguén: porque hai moito tempo que non ouvín un cantar que fixese por min, nin tiven novas del.

Metrics


Esquema métrico: 10’a 10b 10b 10’a 10C 10C 10’A (I [= Tav 161:179]) + 10’a 10b 10b 10’a 10C 10C 10’D (II-III [= Tav 167:5])

Encontros vocálicos: 18 mi͜-o

Notes


Text
  • 4

    A puntuación na edición crítica de Littera continúa a xa estabelecida na edición de Nunes, sen pausa ningunha no verso, a suxerir unha interpretación adverbial de maise direi-vo-lo mais por que o digo: / porque há gram sazom...

  • 9

    Resolvemos a hipometría mediante a integración en oj[e] el, con hiato, solución que volvemos encontrar, por exemplo, en 827.1 (Jurava-m’oje | o meu amigo); polo contrario, a secuencia fónica proposta por Cohen e de Littera (viv[e] en) desemboca normalmente en sinalefa.

  • 11

    A presenza neste verso de por aquesto obriga á emenda da unánime lección <en> dos manuscritos en prol de eu, pois sería redundante *por aquest’ei én.

  • 16-17

    Nótese a repetición da palabra rimante al nestes dous versos. Véxase nota a 14.48-50.

  • 18

    A necesidade de recuperar dúas sílabas leva consigo solucións editoriais hipotéticas. Cfr. a mi (Nunes), a ren (Majorano), para alén da refacción realizada por Littera no verso.
    Por outra parte, a rima impón a emenda de dissesse en prol de disse para a rima con partisse: neste caso, a solución de Cohen (... nen un ome dississe) propón unha fantasmal forma *dississe, xustificada coa inexistente *fexisse (véxase nota a 762.10) e mais con dissiste das CSM (con forma neste caso explicábel por a partir de dīxĭstī). A lección de Cohen é errada, pois nin é xustificábel desde o lat. dixĭsset nin existe documentación ningunha desa hipotética variante.

Search
    No results