I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 6-7 [= LPGP 466]); Lopes (2002: 229); Littera (2016: I, 543).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 103-104); Machado & Machado (1950: II, 7); Rios Milhám (2018a: II, 230)
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 497-498).
1 pod’en] pot en B 4 pode] dode B 8 p[er]o é] pohe B 9 quantos] quātas B 10 poder] podor B 20 mo] me B
3 [d’]ũa] ũa Nunes 6 pero El pod’] per’El pode Lopes; en quanto] enquanto Nunes, Lopes 7 perça] perca Lopes 10 segund’apres’ei] segundo apres’ey Nunes 17 toda] tod’a Lopes, Littera 20 mo] me Nunes, Lopes, Littera 21 pod’El én] non pod’El Nunes : [nom] pod’ El Lopes, Littera
(I) Non pode Deus, aínda que pode (moito) en (cuestión de) poder, poder El tanto, aínda que ten moito poder: xa non me privará do ben dunha dona, aínda que pode canto quere poder; e sei eu del unha cousa, abofé: que, aínda que El pode, en canto que é Deus, El non pode poder (facer) que eu perda o seu ben (dela).
(II) E aínda que é sobre todos o maior señor en poder de cantos eu coñezo, non pode El poder, segundo aprendín, aínda que é Deus o maior sobre todos, que me faga perder o proveito nin o gran ben desta dona que me ten no seu poder, aínda que El pode con poder moito maior.
(III) E aínda que Deus é o que pode e vale e pode sempre sobre as cousas que existen e pode poder sempre, non pode El tanto, aínda que pode e vale, que me faga perder, isto sei eu, o ben da miña señora, pois nunca mo deu: El pode tanto niso, aínda que tanto vale?
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:48)
A locución adverbial modal a la fe ‘certamente, en verdade, sen dúbida’, presenta a variante a la minha fe (533.15) e é similar a a bõa fe (1319.6 e 13) e a per bõa fe, a fórmula maioritaria no corpus. A la fe (241.29, 890.11, 1008.4, 1261.16, 1469.19, 1499.5, 1547.1, 1619.10) mantén a forma arcaica do artigo, que ficou petrificada na locución, e que é utilizada tamén na prosa, como na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España:
quando os yrmãos viu descabeçados ante sy, ente͂deu que assy yriã ata el, a la fe, et assi sse acabaria (Lorenzo 1975: 198).
O seu uso chega como mínimo ao século XV, pois aínda se rexistra en Fernão Lopes:
A lla fe, disserom, se nom buscaremos nós outro que rreine sobre nós, que tenha cuidado de manteer o poboo em dereito e em justiça e nom leixe as cousas que tem de fazer de sua fazenda por hir ao monte e aa caça andar um mes (Crónica de D. Fernando; Macchi 2004: 224).
É necesaria a copulativa inicial do verso para a correcta contaxe métrica do verso: nesta posición é moi frecuente omisión da copulativa por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.).
A xunción de en quanto en Nunes e Lopes indica que interpretan como adverbio o que semella preposición + pronome relativo na frase en quanto Deus é ‘na medida en que é Deus’.
A comprensión destes dous versos é difícil polos xogos de palabras e polo hipérbato. A conxunción completiva que reaparece tras a frase parentética (véxase nota a 53.17-18):
[e] sei eu d’El ũa ren, a la fe:
que, pero El pod’, en quanto Deus é,
seu ben que perça non pod’El poder.
Isto é: ‘... sei / que, aínda que El pode, na medida en que é Deus, / que (eu) perda o seu ben (da senhor) non pode poder El'.
Emendamos o feminino en <quātas>, que parece inducido pola presenza de senhor, que neste contexto non se refira a unha dona senón a Deus.
Fronte á posibilidade de e, pero, con independencia sintáctica das dúas conxuncións, optamos pola locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar por unha ou outra lectura.
O verbo dar esixe CD (o ben da senhor), razón por que debe ser emendada a lección de B, cun banal erro <e>/<o>, por máis que nas anteriores edicións se manteña me.
Todos os editores introduciron unha negación ausente do manuscrito, suprimindo o pronome El, para acomodar o v. 21 ao contido anterior da estrofa: ‘Deus pode moito, mais non pode conseguir que o trobador perda o ben da súa dona, pois nunca o alcanzou’. Porén, e para alén de manter o texto manuscrito, por ser o verso conclusivo da argumentación, este verso está formulado como unha especie de solicitude de aquiescencia sobre a veracidade da abrupta afirmación inicial que cuestiona a omnipotencia de Deus (vv. 1-2). Así, a necesaria xustificación desa heterodoxa afirmación é argumentada ao longo de dezasete versos e conclúe no v. 20, en que se desvela a clave da cantiga (‘Deus, por moi poderoso que sexa, non lle pode facer perder algo que nunca tivo’). Deste modo, o verso final nos remite aos dous versos iniciais cos que forma o marco en que se encadra a argumentación. Así, este verso final, formulado como interrogativo ou como afirmativo irónico, mostraría a convicción de o trobador ter demostrado retoricamente a veracidade da afirmación inicial.