637 [= RM 30,24]
Ouç’eu muitos d’Amor que[i]xar

Ouç’eu muitos d’Amor que[i]xar,
e dizen que per el lhes ven
quanto mal an e que os ten
en tal coita que non á par;
mais a min ven da mia senhor
quanto mal ei, per desamor
que m’ela ten, pero que al
ouço i eu a muitos dizer:
que lhes faz gran coita sofrer
Amor, onde lhes ven gran mal;
mais a min ven da mia senhor
quanto mal ei, per desamor
que m’ela ten mui sen razon,
pero vej’eu muitos de pran
que dizen que quanto mal an
que d’Amor lhes ven e d’al non;
mais a min ven da mia senhor
quanto mal ei, per desamor
que m’ela ten: e que peor
poss’aver ca seu desamor?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 622, V 223

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 228-229); Pagani (1971: 84-85 [= LPGP 258]); Littera (2016: I, 257).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 87-88); Braga (1878: 45); Machado & Machado (1952: III, 274-275).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 263-264).

Variantes manuscritas


2 e] Et B : et V; el] ell BV   3 e] et : τ V   5 a min] ami V   8 ouço i eu] ouço ua V; muitos] muyto B   9 gran] g̃ra B; sofrer] ssofror V   10 gran] g̃ra B   11 ven] nē V   13 ten] rem V; razon] irazō B   14 pran] p̃ra B   15 an] hara V   16 e] et BV   17 a min] amy V

Variantes editoriais


2 e] et Pagani; el] ell Nunes   3 e] et Pagani    8 i] om. Nunes   16 e] et Pagani

Paráfrase


(I) Escoito a moitos queixárense de Amor, e din que por el lles vén todo o mal que senten e que os ten en tal coita que non hai outra igual; mais a min vénme da miña señora canto mal teño, polo desamor (II) que ela me ten, aínda que diso escoito eu a moitos dicir outra cousa: que Amor lles fai padecer unha gran coita, de onde lles vén gran mal; mais a min vénme da miña señora canto mal teño, polo desamor (III) que ela me ten sen motivo, aínda que certamente vexo eu moitos que din que todo canto mal padecen lles vén de Amor e non doutra cousa; mais a min vénme da miña señora canto mal teño, polo desamor (1) que ela me ten: e que peor (cousa) podo eu ter que o seu desamor?

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C + 8c 8c (= RM 160:338)

Encontros vocálicos: 8 ouçoi

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.

  • 1

    As formas como que[i]xar e le[i]xar (e derivados), con aparente absorción da vogal palatal por parte de /ʃ/, son certamente esporádicas no corpus (só en 38.6, 371.27, 726.1, 791.61319.3, 7 e 14; 1547.20), e son produto de omisións por parte dos copistas: <quexume> A, <queixume> B queixume (238.3); <lexedes> A, <leixedes> BV lexedes (387.9); <quexume> B, <queixume> V queixum’e (785.2); <lexou> B, <leixou> V leixou (989.30), <lexou> B, <leyxou> V leixou (1319.7), <lexad> B, <leixad> V leixad[e] (1365.2).

  • 2

    A grafía <ll> /l/ en posición trabante, final de sílaba ou de palabra, constitúe unha rareza gráfica nos manuscritos que transmitiron a lírica profana galego-portuguesa. Ausente no Cancioneiro da Ajuda, só aparece esporadicamente nos apógrafos italianos. No que di respecto a el <ell>, pronome ou artigo (en el-rei), véxase 637.2 (BV), 868.5 (BV), 918.8 (V vs. B), 1446.2 (V vs. B), 1450.4 (BV); tamén <all> al en 1446.7 (V vs. B). Cfr. nota a 29.22.

  • 15-16

    Obsérvese a superflua repetición da conxunción completiva que (véxase nota a 53.17-18):

    pero vej’eu muitos de pran
    que dizen que quanto mal an
    que d’Amor lhes ven e d’al non.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado