64 [= RM 151,6]
Deus, meu Sennor, se vos prouguer

Deus, meu Sennor, se vos prouguer,
Vós me tollede este poder
que eu ei de muito viver,
ca, mentr’eu tal poder ouver
de viver, nunca perderei
esta coita que oj’eu ei
d’amor eno meu coraçon,
ca mi-a faz aver tal moller
que nunca mi á ren de fazer
per que eu j’a possa perder,
que, enquant’eu viver poder,
por esto a non poderei
perder per ren; mais averei
dela máis con mui gran razon,
ca non éste cuita d’amor
ũa que ome fillar ven
se ome leixa sen seu ben
ou sen morte ou se faz mellor,
mais semella muit’outro mal.
E quen á esta cuita tal,
macar se morre, non lle praz!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


A 1, B 91

A copia no Cancioneiro de Ajuda comeza no final do v. 1, en [...]guer.

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 5-6 [= LPGP 939]); Littera (2016: II, 532-533).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 31-32); Carter (2007 [1941]: 1); Marques Braga (1945: 1-2); Machado & Machado (1949: I, 121); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 64).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 12-13); Torres (1977: 428).

Variantes manuscritas


1 Deus, meu Sennor, se vos prouguer] <...>guer A   2 me tollede este] mj tolhedeste B   4 ouver] oer   6 ei] om. B   8 faz aver] fais au B   10 j’a possa] possa ia B   11 enquant’eu] eu ꝙʷteu B   13 averei] an’ey B   15 Ca non éste cuita] Eʷ testa coyta B   16 ũa que ome fillar] hūa aq̄ hom̄ falar B   17 se ome leixa] seu amʳ leixa B   18 morte ou] mortou B   19 semella] semela B   20 e quen á esta cuita] a tē esta coyta B   21 se] xe B; lle] lhi B

Variantes editoriais


1 vos] vus Michaëlis   2 tollede este] tolhed(e) este Michaëlis : tolhed’este Littera   10 j’a possa perder] ja poss’a perder Michaëlis : possa já perder Littera   15 cuita] coita Littera   18 morte ou] mort(e) ou Michaëlis : mort’ou Littera   20 cuita] coita Littera

Paráfrase


(I) Deus, meu Señor, se vos prouguer, privádeme Vós deste poder que eu teño de vivir moito, pois, mentres eu tal poder teña para vivir, nunca perderei esta coita de amor que hoxe teño no meu corazón, (II) porque ma fai ter unha muller tal que nunca me ha facer outra cousa pola que eu a poida xa perder, pois, en canto eu puider vivir, por isto non a poderei eu perder de ningunha forma; mais aínda terei máis dela con moita razón, (III) pois non é coita de amor aquela que vén acometer un home se o deixa sen o seu ben ou sen morte ou se fai algo mellor, antes semella un outro mal moi diferente. E a quen sofre esta tal coita, excepto se morre, non lle prace!

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8d (= RM 167:7)

Encontros vocálicos: 2 tolledeeste; 8 mi-‿a; 9 miá; 18 morteou

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición, con estrofas ligadas causalmente coa conxunción ca (e isoladas sintacticamente en Michaëlis Littera), véxase nota á cantiga 15.

  • 4

    Nótese a variación ouver A ~ oer B que apaga as formas do tipo oer ~ ouer, oera, oesse. O radical xeral para os tempos de pretérito de aver é ouv-, como resultado da metátese de wau e fricativización de -b- a partir do radical latino habu-. Ora ben, -b- intervocálico tamén pode desaparecer (Ferreiro 1999: §54c), como mostran diversos resultados que proban esta evolución diverxente nos tempos de pretérito de aver. Para alén de ouer (10.18), así acontece coas formas oer, oera e oesse presentes no corpus, sempre a partir das leccións dos apógrafos italianos, por o Cancioneiro da Ajuda sempre presentar a forma ouver (e afíns): se mi-o logo a tolher oer / mia vezinha (11.27), se vos eu oesse desamor (23.13), mentr’eu vosso desamor oer (23.32), pois eu esto feito oer (29.19), mentr’oer esta senhor que oj’ei (38.9), U lhi conven, oera de tornar (45.8), quand’eu de vós oer / desamor (46.23), pois que lh’esto feit’oer (96.8), quen vos oer a desejar (107.18), pois end’o poder oer (561.6), farei eu por vós quanto fazer oer (725.26), poi-la dona seu amig’oer (759.15), pois eu oer / por mia senhor mort’a prender (1064.13). A estas ocorrencias aínda hai que lles acrecentar aqueloutras en que os apógrafos italianos presentan esta variante fronte ao resultado maioritario en A: 66.15 (ouvesse A vs. oess(e) B); 64.465.22, 68.11, 81.18141.6 (ouver A vs. oer B); 363.16 (ouver A vs. oer BV). Véxase tamén notas a 10.18 e 372.4. Cfr. notas a 130.23 e 534.4. Véxase Ferreiro (2016a: 119-127).

  • 10

    A edición de Michaëlis é errónea, pois a súa segmentación non contempla o CD, senón unha perífrase poder + a + infinitivo certamente inusual na lingua trobadoresca (cfr. nota a 235.29); dun modo similar, a lección de Littera ofrece unha mudanza non autorizada pola lección manuscrita, ao tempo que a frase continúa sen CD.

    Ao longo do corpus áchanse poucas ocorrencias de ja con crase coa voz seguinte (sempre iniciada por a-), talvez polo carácter semitónico do adverbio: j’a –pronome ou preposición– (25.3, 64.10, 1588.20), j’alguen (92.24), j’assi (238.10, 408.4), j’agora (365.16, 764.r2, 1281.1), j’amigo (689.2). Nótese como en todos os casos ja perde tonicidade (coa conseguinte facilidade para a crase) pola presenza dunha tónica inmediata (alguen, assi, agora, amigo) ou case inmediata (poder). Certamente, débese relativizar o carácter inusual da crase de ja á luz doutras máis estrañas, aínda que puntuais, entre formas verbais de P3 de futuro indicativo (avera, matará, pesará, seera) coa preposición a e co adverbio ali, que non encontran solución gráfica satisfactoria máis do que unha representación do tipo aver’a (59.26), matar’Amor (396.19), pesar’a (898.19) e seer’ali (1637.28). Véxase nota a 59.26.

  • 15

    Para alén da deficiente copia de B, no inicio do verso percíbese unha alternancia de leccións entre A e B, coa presenza de ca ~ que en A fronte á copulativa e en B (tamén en 94.22137.9, 175.22, 349.9, 979.14); noutras pasaxes, achamos tamén a alternancia contraria, con e en A e ca ~ que en B(V) (véxase nota a 80.14). E resulta significativo que en 526.15, fronte a <Ca> en B se perciba vacilación na copia de V: <(E) Ca>.

  • 21

    A conxunción concesiva macar ‘aínda que’, de ampla presenza nos textos poéticos medievais, profanos e relixiosos, presenta aqui un anómalo uso ao formar unha especie de locución conxuntiva macar se co significado de ‘excepto’. Cfr. nota a 57.6.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado