96 [= RM 78,20]
Quen bõa dona gran ben quer

Quen bõa dona gran ben quer
de pran todo dev’a sofrer
quanto lh’ela quiser fazer;
e, se lh’algun pesar fezer,
ben o dev’a sofrer en paz
e mostrar sempre que lhe praz
de quanto a ela prouguer.
E, pois que lh’esto feit’oer,
outro conselho á i d’aver:
guardar-se ben de lho saber
per ren nulh’omen nen molher,
ca tod’est’en dereito jaz,
e, se lh’ome aquesto non faz,
de máis viver non lh’é mester.
Mais pero quen a servirá
quanto a máis poder servir,
po-la non poder encobrir,
por esto, por que morrer[á]?
Non o dev’a leixar morrer,
ca non ést’ome en seu poder,
pois que gran coita d’amor á.
Mais per qual guisa poderá
os seus olhos dela partir
ome coitado, poi-la vir?
Ca todo [o] sén perderá
con gran sabor de a veer,
ca assi o faz a min perder
Amor, tan gran coita me dá!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 30, B 123

O Cancioneiro da Ajuda só transcribe a primeira estrofa, coa ausencia da derradeira palabra (prouguer).

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 64-65 [= LPGP 520-521]); Littera (2016: I, 641).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 45-46); Carter (2007 [1941]: 20-21); Marques Braga (1945: 64-65); Machado & Machado (1949: I, 176-177); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 96); Arbor Aldea & Santiago Gómez (2019: 76-77).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 2-3).

Variantes manuscritas


1 bõa] boa B   6 lhe] lhi B   10 guardar-se] eguardarse B   11 nulh’omen] nullomē B   19 morrer] moirer B

Variantes editoriais


5 ben no] ben’o Littera   8 oer] ouver’ Michaëlis : ouver Littera   11 per] por Michaëlis, Littera; omen] ome Michaëlis   13 ome aquesto] om’aquesto Michaëlis : hom’aquesto Littera   20 ést’ome en] est’om’en Michaëlis : est hom’em Littera   22 per] por Michaëlis, Littera   27 assi] (a)ssi Michaëlis : ‘ssi Littera

Paráfrase


(I) Quen ama unha dama sen dúbida debe sufrir todo canto ela lle quixer facer; e, se lle fixer algo que lle cause pesar, ben o debe aturar en paz e mostrar que lle agrada todo canto a ela lle prouguer. 

(II) E, despois de lle ter feito isto, outro consello ha de seguir nesa situación: gárdese ben de que llo saiba, por nada do mundo, ningún home nin muller, porque todo isto é conforme a dereito; e, se alguén non lle fai isto, non precisa de vivir máis. 

(III) Porén, quen a ha de servir canto máis a puider servir, por non a poder manter en segredo, por isto, por que ha de morrer? Non o debe deixar morrer, pois un non ten dominio sobre si mesmo desde que ten gran coita de amor. 

(IV) Mais de que forma poderá os seus ollos afastar dela un home coitado despois de a ver? Porque todo o siso perderá co gran desexo de vela, pois así mo fai perder a min Amor, tan gran coita me dá!

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= RM 161:258)

Encontros vocálicos: 9 conselhoá; 13 omeaquesto; 20 omeen; 27 assio

Notas


Texto
  • 8

    A variante oer de B foi reconvertida no habitual ouver ajudiano por parte de Michaëlis. O radical xeral para os tempos de pretérito de aver é ouv-, como resultado da metátese de wau e fricativización de -b- a partir do radical latino habu-. Ora ben, -b- intervocálico tamén pode desaparecer (Ferreiro 1999: §54c), como mostran diversos resultados que proban esta evolución diverxente nos tempos de pretérito de aver. Para alén de ouer (10.18), así acontece coas formas oer, oera e oesse presentes no corpus, sempre a partir das leccións dos apógrafos italianos, por o Cancioneiro da Ajuda sempre presentar a forma ouver (e afíns): se mi-o logo a tolher oer / mia vezinha (11.27), se vos eu oesse desamor (23.13), mentr’eu vosso desamor oer (23.32), pois eu esto feito oer (29.19), mentr’oer esta senhor que oj’ei (38.9), U lhi conven, oera de tornar (45.8), quand’eu de vós oer / desamor (46.23), quen vos oer a desejar (107.18), pois end’o poder oer (561.6), farei eu por vós quanto fazer oer (725.26), poi-la dona seu amig’oer (759.15), pois eu oer / por mia senhor mort’a prender (1064.13). A estas ocorrencias aínda hai que lles acrecentar aqueloutras en que os apógrafos italianos presentan esta variante fronte ao resultado maioritario en A: 66.15 (ouvesse A vs. oess(e) B); 64.4 e 65.22, 68.11, 81.18, 141.6 (ouver A vs. oer B); 363.16 (ouver A vs. oer BV). Véxase tamén notas a 10.18 e 372.4. Cfr. notas a 130.23 e 534.4. Véxase Ferreiro (2016a: 119-127).

    Michaëlis tamén introduciu outras leves modificacións lingüísticas practicadas na parte da cantiga que non foi transmitida por A: per>por, vv. 11, 22; omen>ome, v. 11; ome>om’, vv. 13, 20.

  • 10

    Nótese a presenza da copulativa inicial en B (inexistente en A), a confirmar como, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9). E noutros casos, a pesar da coincidencia dos testemuños, existen razóns sintácticas, métricas ou doutro tipo que aconsellan a antecitada expunción.

  • 11

    A utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.

  • 15

    Dun modo diferente a como acontece noutros contextos en que mais e pero funcionan como conxuncións independentes do punto de vista sintáctico (véxase 76.10, 301.16, 692.10, 728.16, 953.4, 1146.9), mais pero (mas pero en 268.16) constitúe unha locución conxuntiva equivalente a ‘a pesar de, non obstante, porén’.

  • 25-28

    O período admite unha outra puntuación nos versos finais:

    Ca todo [o] sén perderá
    con gran sabor de a veer,
    ca assi o faz a min perder:
    Amor tan gran coita me dá!

  • 27

    Michaëlis suxire a expunción da vogal inicial de assi para evitar a anómala sinalefa ca‿assi, esquecendo que é posíbel a sinalefa assi‿o (véxase 700.18).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado