I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 249); Spampinato Beretta (1987: 100-101 [= LPGP 293]); Littera (2016: I, 321).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 101); Carter (2007 [1941]: 73); Marques Braga (1945: 231-232); Machado & Machado (1949: I, 383-384); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 220).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 78); Diogo (1998: 106).
2 lle] lhi B 4 lle] lhi B 5 o] om. B; faz longe] fez longi B 14 a quen Deus quiser] aq̄no deꝯ q̄r B 18 mundo e] mū de de B
7 agor’a] agora Michaëlis, Spampinato Beretta, Littera 14 senon a quen Deus quiser] senon o a quen Deus quer Spampinato Beretta 18 mundo] mund(o) Michaëlis : mund' Littera
(I) Aquel a quen Deus quere favorecer non lle fai amar unha señora tal a quen non se atreva a lle dicir nada con gran pavor de lle causar pesar, nin tampouco o fai morar lonxe de onde ela está, contra a súa vontade, (II) como agora me fai a min vivir, que non sei que facer por causa da gran coita difícil de sufrir en que agora me vexo andar, como (é) ter que desexar por sempre, máis que calquera outra cousa, poder vela.
(III) Mais non pode saber (o que é) isto senón aquel a quen Deus quixer dar a coita que El me fixo ter a min, desde que me foi mostrar a que El fixo mellor falar no mundo e máis bela ser.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8a 8b 8b 8a (= RM 79:17)
Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas atá a fiinda, cunha ligazón adversativa coa derradeira estrofa neste caso, véxase nota á cantiga 92.
É tamén posíbel e correcta a manutención da integridade de agora, de modo que min funcione como CD tónico sen preposición (cfr. nota a 10.1).
Spampinato Beretta segue a lección de B, coa presenza, forzada e anómala (con reconversión, forzada pola métrica, de quiser en quer), do pronome o, pois sería de esperar unha forma de complemento indirecto lhi, xa que o CD é a coita (v. 15).