I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 250); Spampinato Beretta (1987: 104-106 [= LPGP 298]); Littera (2016: I, 321-322).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 101); Carter (2007 [1941]: 74); Marques Braga (1945: 233); Machado & Machado (1949: I, 385); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 221).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 33).
4 vos] uus A 5 sen] Senº B; vos] uos A; faz] fez B 7 me] mj B 8 me] mj B 9 que] ca B 10 vos] uus A 11 v[os] faz] fez B 14 escontra] escout̃ B 16 vos] uos A : om. B 17 v[os] faz] fez B
4 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta 5 vos] vos Michaëlis, Spampinato Beretta 8 dé] dê Michaëlis, Spampinato Beretta, Littera 10 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta 16 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta
(I) Señora fermosa, que sempre servín –así Deus me deixe recibir ben de vós–, aínda que vós non mo queredes crer, desde aquel día en que vos vin, señora, contra a vosa vontade, e contra a miña, Amor faime amarvos, señora.
(II) E, miña señora –así Deus me perdoe e me dea cedo o voso ben, que eu desexo máis que ningunha outra cousa–, desde que vos vin, miña señora, desde entón contra a vosa vontade, e contra a miña, Amor faime amarvos, señora.
(III) E, miña señora –así Deus me axude contra vós, que me fai tanto amar que non sei que remedio tomar ao respecto–, desde que vos viron estes meus ollos contra a vosa vontade, e contra a miña, Amor faime amarvos, señora.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:54)
Encontros vocálicos: 3 mi-‿o
Nótese o uso de se ~ si equivalente a assi en frases optativo-desiderativas (100.1, 177.10, 188.11, 202.2 etc.) tal como tamén aparece en frases formularias do tipo se ~ si Deus me perdon e variantes. Tal forma procede de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se. En calquera caso, o texto ofrece paralelismo construtivo con estas cláusulas desiderativas, que nos v. 7 e 13 van introducidas por assi.
Como acontece con certa frecuencia, percíbese unha diferente opción temporal entre o Cancioneiro da Ajuda, que ofrece a forma verbal faz, presente histórico, fronte a fez, forma de pretérito no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase 130.10, 217.4, 303.1); con todo, noutras pasaxes acontece exactamente ao contrario. Véxase nota a 193.3.
Os datos subministrados polos cancioneiros revelan que as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.6 e 15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .