I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 37-38 [= LPGP 207]); Nunes (1972 [1932]: 128-129); Littera (2016: I, 186).
II. Outras edicións: Moura (1847: 55-56); Monaci (1875: 50); Braga (1878: 24); Machado & Machado (1952: III, 89-90); Júdice (1997: 112); Montero Santalha (2004).
4 eu] en BV; receei] rece\e/y V 6 ca min] caznī B : cami V 12 min] mi V 13 Vós veed’en] Veedē uos B
2 per nen ũa] por nenhunha Lang : nẽũa Littera 5 entenderán] entenderan Nunes 6 min] mi Lang, Littera 7 muito] muyt(o) Nunes : muit’ Littera 11 entenderán] entenderam Nunes 12 min] mi Lang, Littera 13 en] en Littera 17 vos] vós Lang; min] mi Nunes, Littera
(I) Agora, señora, xa non podo soportar de ningún xeito que non me entendan o que eu moito temín, pois entenderán que eu vos sei, señora, querer mellor que a min mesmo.
(II) Temín isto desde hai moito tempo; mais esa vosa fermosura me fai perder o siso de tal xeito que de hoxe en diante, aínda que me é doloroso, entenderán que eu vos sei señora, querer mellor que a min mesmo.
(III) Vós vede o que vai acontecer, pois, por Deus, non hei poder (impedir) que en min non poida ver calquera que me vir de agora en diante, que vos sei eu, para desgraza miña, señora, querer mellor que a min mesmo.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8c 8c 8B (= RM 193:4)
Encontros vocálicos: 7 muito‿á
Nótese a variación lingüística de V (mi), face a B (min) no refrán das estrofas I-II, que Lang acolleu tamén para a terceira.
Na expresión amar máis ca mí/min (nen al) non ten cabida a preposición a (véxase nota a 44.13), e o mesmo ocorre en querer melhor ca mí/min (177.22, 261.8-9, 530.4, 549.7, 683.7, 743.15-16, 830.13-14, 1091.19), que tampouco recorre á preposición para introducir o complemento. Véxase nota a 861.9. Cfr. notas a 44.13 e 243.16.
Neste verso comparece novamente provenzalismo greu, que concorre na lingua trobadoresca, sempre en rima, coa forma xeral grave.