I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 283 [= LPGP 919]); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 188-189); Littera (2016: II, 487-488).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 110-111); Carter (2007 [1941]: 85); Marques Braga (1945: 267); Machado & Machado (1950: II, 37); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 246).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 54); Torres (1977: 402); Jensen (1992: 360).
2 eu] en B 4 vos] uus A 5 morrer, morrerei] moirer moirerey B 6 mi ar] mar B 7 Tan] Taa B 8 fremosa] f’inosa B 13 vos] uos A; tant’e con tan gran] tāto cō g̃m B 15 ‘ssi] assy B 16 tant’esforç’ei] tāte forçey B 17 morrer] moir’ B
4 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro 6 mi ar] m’i-ar Michaëlis, Littera 7 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro 10 vos] vus Michaëlis 12 mi ar] m’i-ar Michaëlis, Littera 13 vos] vus Michaëlis 15 é ‘ssi] é ‘si Michaëlis, Littera : é si Lorenzo Gradín & Marcenaro 16 tant’esforç’] tant esforç’ Michaëlis 18 mi ar] m’i-ar Michaëlis, Littera
(I) Pensades vós, miña señora, que estou moi mal convosco, e eu penso que estou moi ben, señora, por unha razón que vos agora direi, pois non por outra causa: se morro, morrerei por vós, señora; se me ademais fixerdes ben, aínda mellor.
(II) Tan doce vos quixo Deus facer, señora, e tan bela e tan ben falar que non podería eu estar mal convosco, por canto vos quero dicir: se morro, morrerei por vós, señora; se me ademais fixerdes ben, aínda mellor.
(III) Ámovos tanto e con tanta razón, aínda que nunca recibín ben de vós, que eu penso isto e vós (pensades) que non é así; mais sinto moito ánimo no meu corazón: se morro, morrerei por vós, señora; se me ademais fixerdes ben, aínda mellor.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:229)
Encontros vocálicos: 6 mi‿ar; 12 mi‿ar; 18 mi‿ar
A repetida segmentación michaëliana no refrán do pronome <mi> de A en m’i, desnecesaria canto ao sentido, dificulta a necesaria sinalefa mi‿ar (cfr. ademais, m’ar en B).
Aque é un adverbio presentativo (‘eis, velaí’) de uso limitado no corpus profano: 52.24, 244.5, 268.8, 553.4, 857.1, 1641.18. Debe ser forma oxítona, pois nas Cantigas de Santa Maria aparece en rima aguda (con fe, é, sé e pé):
... E en pe
sse levou e diss’: «Aque
m’estou tod’aprestidado
De log’ir» (CSM 135.109).E diz un a outr’: «Aque o
angeo que ven do ceo,
que alça aquele veo
e faz no aire parar» (CSM 405.36).
Para a correcta interpretación do verso temos de sobreentender de novo o verbo coidar: ‘coido eu isto, e vós (coidades) que non é así’.
Para alén da lección de B, que implica a sinalefa é‿assi, resulta significativo comprobar a existencia da aférese de assi no encontro coa forma verbal é (véxanse tamén 179.30, 218.8 e 11, 258.22, 284.16, 374.5, 511.5, 893.23), que convive coa sinalefa é‿assi (509.7, 808.9, 1110.5, 1224.14, 1569.32; só existe hiato en 754.4) e co xeral ést’assi para evitala, co recurso á variante éste (cfr. nota a 88.10). En calquera caso, non existe unha dupla forma assi / si para o adverbio, senón que ‘ssi é produto dunha aférese.