I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 348-349); Cunha (1999 [1949]: 243 [= LPGP 574]); Cohen (2003: 388); Littera (2016: II, 26).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 262); Braga (1878: 143); Michaëlis (1990 [1904]: II, 929); Bell (1920: 60); Machado & Machado (1956: V, 239-240); Alvar (1969: 70-71).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 97-98); Pellegrini (1928: 33); Seoane (1941: 84-85); Nemésio (1961 [1949]: 137-138); Fernández Pousa (1951: 73-74); Bernárdez (1952: 104); Varela Jácome (1953: 59); Nunes (1959: 361); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 99-101); Álvarez Blázquez (1975: 227); Torres (1977: 544); Beltrán (1987: 61); Ferreira (1988: 74-75); Tavani (1989: 8); Jensen (1992: 184); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 132); Magalhães (2007: 103).
1 do rio] do irio B : de rrio V 2 remar] temar V; navio] namo B 3 e] et V 6 e] om. V 7 remar] temar V; navio] namo B 9 e] et V 10 (Hi uay meu amigo) / Vi remar o barco B : Vy temar o barco V 12 e] et V 15 e] et V 18 e] et V
(I) Pola ribeira do río vin remar o navío, e goréntame a ribeira.
(II) Pola ribeira do rio vin remar o barco, e goréntame a ribeira.
(III) Vin remar o navío, alí vai o meu amigo, e goréntame a ribeira.
(IV) Vin remar o barco, alí vai o meu amado, e goréntame a ribeira.
(V) Alí vai o meu amigo, quéreme levar consigo, e goréntame a ribeira.
(VI) Alí vai o meu amado, quéreme levar de grado, e goréntame a ribeira.
Esquema métrico: 6 x 6’a 6’a 7B’ (= RM 26:123)
Non é habitual a combinación métrica de versos hexasilábicos no corpo da estrofa coa medida heptasilábica no refrán, agás que consideremos unha episinalefa sistemática e se reduza a medida do verso do refrán, que volvemos encontrar na cantiga 1165, tamén de Joan Zorro.
En calquera caso, nas cantigas de amigo de factura máis tradicional e arcaizante é habitual a vacilación métrica en versos ou estrofas: véxase nesta composición a medida pentasilábica dos vv. 5 e 10 que contrastan cos hexasílabos dos restantes versos das cobras.
Por outra parte, en moitas das cantigas de Joan Zorro (véxanse tamén UC 1161, 1165, 1166, 1167, 1168, 1169, 1170), en maior ou menor medida, está presente a rima asoante ou toante que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas composicións de Don Denis (583, 584, 585, 586, 606, 609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Paai Gomez Charinho (813, 839), Meendinho (848), Airas Nunez (864, 870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920, 922), Nuno Porco (1130), Pero Meogo (1204, 1205, 1206, 1208), Martin de Giinzo (1287, 1288, 1289, 1290, 1291)), Martin Codax (1295, 1296, 1297, 1298, 1300), Fernand’Esquio (1314).
Este verso (e mais o v. 10) é hipométrico, con unha sílaba menos que, tal como indica Cohen, se resolvería con eu.
Per ribeira do alto
[eu] vi remar o barco
e sabor ei da ribeira.
De novo nunha cantiga de Joan Zorro aparece o erro <m>/<ui> (véxase nota a 1161.15).