1165 [= RM 83,3]
El-rei de Portugale

El-rei de Portugale
barcas mandou lavrare,
e lá iran nas barcas migo
mia filha e voss’amigo.
El-rei portug[u]eese
barcas mandou fazere,
e lá iran nas barcas migo
[mia filha e voss’amigo].
Barcas mandou lavrare
e no mar as deitare,
e lá iran [nas barcas migo
mia filha e voss’amigo].
Barcas mandou fazere
e no mar as metere,
e lá iran [nas barcas migo
mia filha e voss’amigo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 

Manuscritos


B 1153, V 755

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 350); Cunha (1999 [1949]: 237 [= LPGP 572]); Cohena (2003: 389); Littera (2016: II, 27); Cohenb (2016b: 16).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 262); Braga (1878: 143); Bell (1920: 61); Machado & Machado (1956: V, 241-242); Alvar (1969: 58-59).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 33-34); De la Iglesia (1886: II, 107); Tavares (1943 [1923]: 58-59); Seoane (1941: 89); Nemésio (1961 [1949]: 139); Nunes (1959: 362-363); Tavares (1961: 56); Landeira Yrago (1975: 290); Torres (1977: 546); Beltrán (1987: 63); Alvar & Beltrán (1989: 345); Jensen (1992: 178); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 133); Diogo (1998: 247); Souto Cabo (2017: 154).

Variantes manuscritas


2 barcas] Barquas B : barq̅s V; lavrare] laurar̄ V   3 barq̅s B : barq̃s V   4 mia] Ma B   5 portug[u]eese] portugale B : portugeese V   6 barcas] Barq̅s B : barq̅s V; fazere] fa faze’ B : fa fazē V   7 barcas] barquas B : barq̃s V   9 Barcas] Barq̅s BV   10 deitare] deytarē BV   11 iran] rrā B : ira V   13 Barcas] Barq̅s BV; fazere] faz’ B : fazẽ V   14 mar] mr̄ V

Variantes editoriais


3-4 e lá iran nas barcas migo / mia filha e voss’amigo] e lá irá nas barcas migo, / mia filha, o voss’amigo Nunes : e lá iran nas barcas migo / mya filha e noss’ amigo Cunha : e lá irá nas barcas sigo, / mia filha, o voss’amigo Cohena, Littera, Cohenb   7-8 = vv. 3-4   11-12 = vv. 3-4   15-16 = vv. 3-4

Paráfrase


(I) O rei de Portugal barcas novas mandou labrar, e alá irán nas barcas comigo a miña filla e o voso amigo.

(II) O rei portugués barcas novas mandou facer, e alá irán nas barcas comigo a miña filla e o voso amigo.

(III) Mandou barcas labrar e no mar as botar, e alá irán nas barcas comigo a miña filla e o voso amigo.

(IV) Mandou barcas facer e no mar as meter, e alá irán nas barcas comigo a miña filla e o voso amigo.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 6’a 6’a 7’B 7’B

Encontros vocálicos: 2-3 lavrare,/e; 6-7 lavrare,/e; 10-11 lavrare,/e; 14-15 lavrare,/e

Notas


Texto
  • *

    Non é habitual a combinación métrica de versos hexasilábicos no corpo da estrofa coa medida heptasilábica no refrán, que consideramos heptasilábico a partir dunha posíbel episinalefa sistemática do primeiro verso do refrán. A alternativa a esta situación é un refrán que combine un octosílabo (v. 1) con un hexasílabo (v. 2), coa sinalefa filha‿e (e un esquema métrico 6’a 6’a 8’B 6’B).

    Ademais, en moitas das cantigas de Joan Zorro (véxanse tamén UC 1161116311661167116811691170), en maior ou menor medida, está presente a rima asoante ou toante que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas composicións de Don Denis (583584585586606609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Paai Gomez Charinho (813839), Meendinho (848), Airas Nunez (864870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920922), Nuno Porco (1130), Pero Meogo (1204120512061208), Martin de Giinzo (12871288128912901291)), Martin Codax (12951296129712981300), Fernand’Esquio (1314).

  • 1

    Ao longo da cantiga podemos ver a parágoxe en todos os contextos posíbeis en que se produce este fenómeno fonético, característico do rexistro oral, no ámbito lingüístico galego-portugués (tras /l/, /ɾ/, /n/, /s/). En todos os casos rexistrados nas cantigas, sempre é en rima cando se documenta tal fenómeno: Portugale (v. 1), lavrare (vv. 2, 9), portugueese (v. 5), fazere (vv. 6, 13), deitare (v. 10), metere (v. 14).
    O mesmo acontece no refrán da cantiga 736.3-4, de Estevan Coelho, tamén en rima:
              e[u] al rio me vou banhar[e],
              al mare.

    E igualmente –co aparecemento de amore na repetición interior– no refrán da cantiga 1572, de Fernan Soarez de Quinhones:
              Ai amor, amore de Pero Cantone,
    ​​​​​​​          que amor tan saboroso á sen tapone!

  • 3-4

    Todos os editores emendaron dun modo ou doutro o refrán da cantiga de Joan Zorro: tanto Nunes como Cohen e Littera realizan as mudanzas irán > irá e mais e > o; ao mesmo tempo, interpretan mia filha como vocativo e converten o amigo en suxeito do refrán; o amigo irá nas barcas coa voz poética (Nunes):
              e lá irá nas barcas migo,
              mia filha, o voss’amigo.

    Ou o amigo irá co rei (Cohen e Littera emendan migo en sigo, a pesar da altísima frecuencia da rima migo : amigo ao longo das cantigas; véxase Montero Santalla 2000: III, 1.263-1.266):
              e lá irá nas barcas sigo,
              mia filha, o voss’amigo.

    E Cunha respecta a lección dos códices agás no posesivo, que transforma nunha primeira persoa de plural:
              e lá iran nas barcas migo
              mya filha e noss’ amigo.

    Pola nosa parte, propomos resgatar o texto unánime dos manuscritos, de modo que o refrán diga exactamente o que quere dicir; isto é, unha nai parece dirixirse a unha amiga que é advertida de que nas barcas do rei se producirá unha situación inconveniente por canto nelas irán a súa filla en compañía do amigo da interlocutora da nai.

  • 4

    En xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.4, 625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado