1170 [= RM 83,9]
Pela ribeira do rio salido

Pela ribeira do rio salido
trebelhei, madre, con meu amigo:
amor ei migo
(que non ouvesse!).
Fiz por amig’o
que non fezesse!
Pela ribeira do rio levado
trebelhei, madre, con meu amado:
amor ei [migo
(que non ouvesse!).
Fiz por amig’o
que non fezesse!]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1158, V 760

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 353); Cunha (1999 [1949]: 241 [= LPGP 574]); Cohena (2003: 394); Littera (2016: II, 28-29); Cohenb (2016b: 18).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 263); Braga (1878: 143-144); Bell (1920: 62); Machado & Machado (1956: V, 249); Alvar (1969: 66-67).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 37-38); De la Iglesia (1886: II, 105); Seoane (1941: 88); Nemésio (1961 [1949]: 141-142); Nunes (1959: 364); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 99); Landeira Yrago (1975: 292); Torres (1977: 549); Reckert & Macedo (1980: 169); Beltrán (1987: 68); Pena (1990: 173); Jensen (1992: 186); Pena (1993: 101); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 138); Diogo (1998: 248); Arias Freixedo (2003: 566); Magalhães (2007: 104); Corral Díaz & Vieira (2023: 184); Gutiérrez (2023: 25).

Variantes manuscritas


3 ei] cy B   6 fezesse] tenesse B   7 rio] eio V

Variantes editoriais


En Nunes e Cohen o refrán está conformado con dous versos eneasilábicos.

5 amig’o] amigo Nunes, Cunha, Cohena, Cohenb   11 amig’o] amigo Nunes, Cunha, Cohena, Cohenb

Paráfrase


(I) Pola ribeira do río, coa marea alta, trebellei, miña nai, co meu amigo: amor teño comigo –que non tivese! Fixen por meu amigo o que (oxalá) non fixese!

(II) Pola ribeira do río, con preamar, trebellei, miña nai, co meu amado: amor teño comigo –que non tivese! Fixen por meu amigo o que (oxalá) non fixese!

Métrica


Esquema métrico: 10’a 9’a 4’B 4’C 4’B 4’C

Notas


Texto
  • *

    Esta composición inspirou o primeiro poema neotrobadoresco galego, da autoría de Eduardo Pondal («Cantiga trobadoresca ao estilo de Joan Zorro»), composta por volta de 1900 (véxase Ferreiro 1998).

    Na cantiga reitérase o motivo da construción e botadura da armada real, tan característico de Joan Zorro. Neste caso a doncela namorada está decidida a ir á Baixa, á ribeira onde se arman os barcos, para se  ir co seu amigo, cos seus amores, que como se ve na cantiga anterior (UC 1168) vai partir nun dos navíos desa frota. 

    Por outra parte, en moitas das cantigas de Joan Zorro (véxanse tamén UC 1161116311651166116711681169), en maior ou menor medida, está presente a rima asoante ou toante que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas composicións de Don Denis (583584585586606609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Paai Gomez Charinho (813839), Meendinho (848), Airas Nunez (864870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920922), Nuno Porco (1130), Pero Meogo (1204120512061208), Martin de Giinzo (12871288128912901291)), Martin Codax (12951296129712981300), Fernand’Esquio (1314).

  • 1

    O participio salido constitúe o único caso dunha forma léxica con conservación de -l- intervocálico (para alén da concorrencia coor ~ color), feito que confire certo teor arcaizante desta cantiga de Joan Zorro (véxase Ferreiro 2018: 168).

  • 2

    A voz trebelhar, tamén no v. 15, é relativamente usual nas cantigas de amigo e tamén nas de escarnio, nestas tamén co valor de ‘ter relacións sexuais’ (véxase Glosario, s.v.). Na lingua medieval era certamente xa voz común (véxase CGPA), en xeral co valor recto de ‘xogar, brincar’, como pode comprobarse, a modo de exemplo, nestas pasaxes:

    Reinou despos ele el rei Henrique, seu filho, e andando trebelhando deu ũu do linhagem de Mendoça com um tijolo em beira de ũu telhado, e deu a telha a el rei na cabeça de que morreo (Livro de Linhages do Conde D. Pedro; Mattoso 1980: I, 110);

    E se fazia obra de loucura, assi como trebelhar cõ cutelos, ou se fazia obra en logar nõ conuinhauel, assi como en lançar o dardo, ou a pedra per la rua, ou caminho por hu passam as gentes, ou curria o caualo antre as gentes (Livro das Confissões; Martín Pérez 2012-2013: 170).

    Noutros casos, o sentido sexual é explícito, especialmente en textos ou obras relixiosas e/ou doutrinarias:

    Item, que nom cantassem, nem dançassem, nem bailassem, nem trebelassem nos moesteiros e eigrejas cantos e danças e trebelhos deshonestos nem em a festa de sam Vicente (Sínodo de 1403; García y García 1982: 335);

    A quinta se se aiuntou a sua molher saluante por fazer filhos de beẽçom porque as uezes o casado pode pecar mortalmente cõ sua molher. A sexta se ouue poluçom. A septyma se fez esto em logar sagrado. A oytaua se o fez em dias sanctos ou de ieiuũs. A .ix. se iazia nuu com a molher nua. A .x. se era fremosa se fea. A .xi. se o faz em ieiuum se depois de comer. A .xii. se cobiçou alguna que nom podese auer. A .xiii. se a alcouetou alguem. A .xiiii. se iouue con ellas trebelhamdo (Tratado de Confissom; Machado 2003-2013: 27).

  • 4

    A frase exclamativo-desiderativa, de carácter parentético, que non + pretérito de subxuntivo é repetida ao longo do corpus das cantigas sempre coa mesma fórmula, que mostra especial preferencia polos verbos veer e nacer (véxanse 178.17, 179.4, 270.20, 610.15, 621.3, 647.15, 911.91099.10 e 17, 1170.r2, 1412.10).

  • 5

    A segmentación do artigo que propomos facilita a comprensión reforzando o carácter de pronome relativo de que. Deste modo, amig’o mostra a presenza do artigo, cunha segmentación do pronome identificador na rima migo amig’o, similar á rima tanto : ant’o en Pero de Bardia:
              Se m’el desejasse tanto
              como dizia, logo ant’o
              tempo que disse verria (1121.11-12).
    Ambas as dúas lembran o uso da forma feminina do artigo en Pedr’Eanes Solaz noutra situación rimática tamén moi similar (dia : vi a):
              Se a non viss’aquel dia,
              muito me fora melhor,
              mais quis Deus enton, e vi a
              mui fremosa mia senhor (1236.21).

  • 6

    A lección de V ten de ser a certa, pois o texto de B (tevesse) non ten sentido no contexto.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado