1453 [= RM 66,6]
Vej’eu mui ben que por amor

Vej’eu mui ben que por amor
que vos ei me queredes mal,
e quero-vos eu dizer al:
per boa fe, ai mia senhor,
que me querades mal por én,
ja vos eu sempre querrei ben.
E, mia senhor, per boa fe,
pois soubestes que vos amei,
me desamastes, eu o sei;
mais par Deus, que no ceo sé,
que me queirades mal por én,
[ja vos eu sempre querrei ben].
Meu coraçon non se partiu,
pois vos viu, de vos muit’amar,
e vós tomastes én pesar;
e, par Deus, que nunca mentiu,
que me querades mal por én,
[ja vos eu sempre querrei ben].
Senhor, sempre vos querrei ben
atá que moir’ou perça o sén.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1434 (f. 298v, col. b), V 1044 (f. 170r, cols. a-b)
[Cantiga de Amor]

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 521-522 [= LPGP 431]); Littera (2016: I, 495-496).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 363); Braga (1878: 199); Machado & Machado (1958: VI, 133-134).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 220).

Variantes manuscritas


2 vos] uos BV   3 e] et B; vos] uos BV; eu] en B   4 mia] ma B   6 vos] uos BV; sempre] semȳ V   7 E] Es V; mia] ma B; per] por V   8 vos] uos BV   10 ceo sé] ceeocse B : ceeze V   13 coraçon] coracom B : corazom V   14 vos] uos BV   15 pesar] pessar BV   19 vos] uos BV   20 perça o sén] pca ou sem B

Variantes editoriais


5 querades] queirades Nunes, Littera   10 par] por Nunes, Littera   17 querades] queirades Nunes, Littera   20 perça] perç(a) Nunes

Paráfrase


(I) Moi ben vexo eu que polo amor que vos teño me queredes mal, e quérovos dicir outra cousa, abofé, ai miña señora: aínda que me queirades mal por iso, eu sempre vos amarei.

(II) E, miña señora, abofé, despois de saberdes que vos amaba desamástesme, ben o sei; mais, por Deus, que está no ceo, aínda que me queirades mal por iso, eu sempre vos amarei.

(III) O meu corazón non deixou, após vervos, de vos amar moito, e vós sentistes pesar por iso; mais, por Deus, que nunca mentiu, aínda que me queirades mal por iso, eu sempre vos amarei.

(1) Señora, sempre vos amarei, até que morra ou perda a razón.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:348) + 8c 8c

Encontros vocálicos: 20 perçao

Notas


Texto
  • 2

    Obsérvese a reiterada aparición de <uos> para a forma átona vos (vv. 2, 3, 6, 8, 14, 19).

  • 4

    Nos vv. 4 e 7 aparece a forma posesiva feminina ma en B: en principio, ma é tamén unha forma correcta (véxase nota a 104.18); porén, débese advertir que, en xeral, esta forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.4, 625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).

  • 5

    A conxunción que, elemento inicial introdutorio do refrán, ten un claro valor concesivo (‘aínda que’).
    Mantemos o querades da lección manuscrita por se tratar da forma etimolóxica do presente subxuntivo de querer (< quaeram, quaeras etc.), forma minoritaria con presenza indubitábel na lingua medieval e no corpus poético trobadoresco. Ao mesmo tempo, nótese a variación no refrán, que nas seguintes estrofas presenta a forma maioritaria queirades. Cfr. nota a 27.4.

  • 10

    A forma <ceeo> de B (en V a copia non é tan transparente) remite, en última instancia, ás duplicacións vocálicas frecuentes en certos hiatos, nomeadamente en -ão e -ao, cuxa aparición se multiplica na derradeira sección dos cancioneiros (as cantigas de escarnio e de mal dizer). Véxase nota a 115.30 e 485.20.
    A pesar da existencia da P2 sees (1383.2), a P3 do presente de seer, descendente de sedet, é sempre , con crase vocálica (véxase 618.15, 776.13, 1050.18), por rimar sempre con é e/ou fe. Esta situación é similar á da prosa, onde o resultado arcaico see conta con poucos rexistros fronte á forma contracta (véxase CGPA, s.v. see, ).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado