I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 217-218); Radulet (1979: 71 [= LPGP 268]); Littera (2016: I, 284).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 85); Braga (1878: 44); Machado & Machado (1952: III, 265-266).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 252); Spina (1972: 330); Alvar & Beltrán (1989: 361).
1 mia] ma V; Deus] deuꝯ V 2 fremosa] fremossa B 4 a min] ami V 5 el, e] el el B 6 todo este] tode este BV 8 sobr’aquantas] Sobra quantas B : sobrquātas V; nacer] nater V 10 a] ā BV 11 parecer] pareter V 14 fremosa] fremossa B : fr̄mosa V 18 se m’ela] Semelha B
6 todo] tode Radulet 7 ben na] ben'a Littera 8 sobr’aquantas] sobre quantas Nunes, Radulet, Littera 13 min] mi Littera
(I) Para me causar mal fixo Deus a miña señora tan fermosa e sensata, tal que semella que (El) nunca pensou noutra cousa; por me ocasionar esta coita en que vivo, sei eu que El a fixo (así), e non por outra cousa, se ela con todas esas cualidades non me socorre.
(II) Moi ben a fixo falar e entender por cima de todas cantas donas El fixo nacer, que semella que (El) nunca pensou noutra cousa; por me ocasionar esta coita en que vivo, sei eu que a fixo tan fermosa se ela con todo isto non me socorre.
(III) Esta señora que me ten baixo o seu poder fíxoa Deus fermosa e con moi bo xuízo, que semella que (El) nunca pensou noutra cousa; por me ocasionar esta coita en que vivo, sei eu que a fixo (así), e non por outra cousa, se ela con todo ese ben non me vén (socorrer).
Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10B 10B 10a 10a (= RM 39:1)
Encontros vocálicos: 3 nunca‿en; 4 coita‿en; 6 todo‿este; 9 nunca‿en; 10 coita‿en; 12 todo‿esto; 15 nunca‿en; 16 coita‿en; 18 todo‿este
En principio, ma é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18). Porén, débese advertir que, en xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.1, 625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).
A lección de B indica claramente que se debe optar pola variante aquantas, con a- protético. Véxase nota a 138.17.
O pronome min, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.
Fronte á moi rara grafía <nh> por <n> (véxase nota a 1015.7), o erro gráfico <lh>/<l> aparece con algunha frecuencia ao longo dos dous cancioneiros italianos apógrafos (con maior incidencia en V), e moi especialmente nun pequeno número de voces: ali <ali> A, <alhi> B (313.10); <alhy> B (466.19); <a(lhy)ly> B, <aly> V (1317.15); <aly> B, <alhy> V (1473.15); <ali> B, <alhi> V (1479.3); o pronome persoal tónico de P3: eles <elhes> B, <elles> V (489.17); ela <elha> B, <ela> V (632.18); elas <elhas> BV (1205.7); elos <elhꝯ> BV (1205.10); o verbo falar, con diversas flexións: falar <falar> B, <falhar> V (599.5); <falar> AB, <falhar> V (996.17); <falhar> V (1010.13); <falar> B, <falhar> V (1033.7); fala <fala> B, <falha> V (958.19); fale <fale> B, <falhe> V (722.11); e no substantivo vassalo(s): <uassalos> B, <uassalhos> V (925.13); <vassalo> B, <ua ssalho> V (1503.10). Noutros vocábulos, a aparición de <lh> por <l> é moito máis esporádica: ala <alha> B, <ela> V (1252.27); camela <camelha> V (1449.16); olas <olhas> B, <olas> V (1634.8); velida <uolhi da> BV (676.12) etc.