I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 225-226); Blasco (1984: 203-204 [= LPGP 822]); Marcenaro (2012b: 301-302); Littera (2016: II, 362-363).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 94); Carter (2007 [1941]: 67-68); Marques Braga (1945: 212-213); Machado & Machado (1949: I, 358-359); Fernández Pousa (1953: 25-26); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 203).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 105-106); Alvar & Beltrán (1989: 203-204); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 194-195); Arias Freixedo (2003: 757-758); Alvar & Talens (2009: 476-478); Souto Cabo (2017: 116).
1 min] mj B 2 lle] lheu B 3 lle pesava] lhi pesaria B 4 lle pesava] lhi pesaua B; dizer-lle] dizer lhi B 5 lle] lhi B; mí] min A 6 lle] lhi B 7 mi ar] mar B 8 confonda Deu-lo que] cofonda deꝯ a quen B 10 quen lle disse] (q̄lho) quēlho disso B 11 de meu mal non lle pesava] domeu mal nōsse doya B 14 temi] temj̄ B 15 e] {τ} A : om. B 16 posso, amigos] possa migꝯ B 17 A esta] Eesta B 18 mort’é] morte e B 19 sei eu ben] sei muj bē B 22 si Deus me] se de9 mj B 25 E, quand’a terra vej’e o logar] Pero mhas casas ueie o log̃r B 26 e vej'as casas] eueias tirās B; sennor] senor A 27 faç’] faz A 29 peç’a Deus] pecad’s B 30 mia morte muit’e] muyto mha morte B 32 vou i] uoy y A
5 mí] min Blasco, Marcenaro : mim Littera 16 posso] poss(o) Michaëlis 22 ous’ir] ousei Michaëlis 28 mi] mí Marcenaro
(I) Amigos, mentres a miña señora por min non soubo que a amaba, non lle pesaba que a vise nin lle pesaba que a chamase «señora»; mais houbo alguén que lle dixo de min que a amaba, e desde ese momento quíxome moi mal e non me quixo ver máis: Deus confunda a quen llo foi dicir!
(II) Moito mellor fixera se me matase o que lle dixo que eu a amaba, e da miña dor non lle pesaba nada, e fixera mellor se me matase, porque, meus amigos, desde que non a vexo desexo a morte, que sempre temín, e sufro tan gran coita por vela que, amigos, non podo nin vola sei dicir.
(III) A esta coita nunca lle vin igual, pois esta coita é peor que a morte, e por iso sei eu ben, abofé, que non fixo Deus coita igual, porque, aínda que vexo onde está a miña señora, non ouso ir vela, así Deus me perdoe; e non podo apartar de alí o corazón nin os ollos, mais non ouso ir aló.
(IV) E, cando vexo a terra e o lugar e vexo as casas onde está a miña señora, vede o que fago daquela, abofé: aínda que vexo as casas e o lugar, non me atrevo a ir alí e entón pido moito a Deus a miña morte e moi de corazón, e choro moito e debo partir de alí, e non vou alí nin sei para onde ir.
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10d 10d (= RM 168:1)
Encontros vocálicos: 7 mi‿ar; 16 posso,‿amigos; 28 mi‿as
Para alén da aparición de confunda en 115.27 (véxase nota), na lingua da poesía trobadoresca profana é xeral a forma cofonder, con evolución [nf] > [f] (véxase Ferreiro 1999: §101e), similar á variación inferno ~ iferno (véxase nota a 379.11), sendo minoritaria a forma máis conservadora confonder (só en 203.8, 216.10, 1050.5, 1224.15, 1407.6 e 1650.14). Con todo, a variación cofonder ~ confonder aparece con frecuencia nos cancioneiros: cofonder A vs. confonder B (197.28, 216.19), cofonder B vs. confonder A (194.7, 203.8, 216.10), cofonder B vs. confonder V (990.11, 1050.12, 19 e 22, 1497.19), cofonder V vs. confonder B (990.12, 1224.15, 1650.14). Cf. nota a 379.11.
Fronte a disse en A, en B aparece a forma disso, mostrando como na lingua trobadoresca, na P3 dos pretéritos fortes xa aparece, en convivencia coas maioritarias formas etimolóxicas, a desinencia analóxica -o (Ferreiro 1999: §§203a, 203b), acrecentada en formas verbais coa desinencia ø (fez → fezo, pôs → poso, quis → quiso) ou substituíndo a desinencia -e (disse → disso ~ dixo, ouve → ouvo, pôde → podo). Véxase nota a 53.16. Con todo, o máis frecuente é que as formas innovadoras na P3 do pretérito de dizer se encontren no Cancioneiro da Ajuda, fronte aos apógrafos italianos (disso A vs. disse BV: 281.9, 414.r1 e 7).
Obsérvese a mudanza de redacción entre A (non lhe pesava) e B (non se doia).
A lección <temj̄> de B non indica o aparecemento da moderna desinencia galega da P1 de pretérito indicativo das segunda e terceira conxugacións, senón un descoido na copia inducida pola frecuencia do pronome min (<mj̄>).
Michaëlis reconverte en ousei o ous’ir deste verso, que ten o seu correlato no final do v. 24 (mais non ous’ala ir).
De novo B resenta unha interesante variación estilística nestes versos: E, quand’a terra vej’e o logar / e vej’as casas... vs. Pero mi as casas vej’e o logar / e vej’as terras...
As casas da sennor nesta cantiga de Pero Garcia Burgales semellan as ‘mesmas’ casas da senhor que canta Joan Garcia de Guilhade (véxase 396.10, 13 e 16).
A aparición da grafía <z> en formas que regularmente presentan <c, ç> e que debe ser posta en relación con outras confusión gráficas que atinxen ao ámbito das sibilantes no Cancioneiro da Ajuda: en varias ocasións rexístrase <fazo> e <faza> faço e faça, ás veces en formas contractas (69.7 e 10, 117.17, 136.10, 189.24, 203.27, 273.22, 278.15, 403.2, 433.2), <ouzo> ouço (85.26) e <nazer> nacer (260.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 80.10, 88.15 e 89.2.