I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 347 [= LPGP 530-531]); Correia (2001: 443); Littera (2016: I, 605-606).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 119); Carter (2007 [1941]: 105); Marques Braga (1945: 326-327); Machado & Machado (1950: II, 76-77); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 282).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 120).
1 mi oj’aguisou] miog(eu) a guisou A : moia guisou B; vos] uos A 2 da] de B 3 mui] mu B 4 vos] uos A; est’, e ja é de dizer] esto ia ey de dizer B 5 moir’eu] oyreu A 6 vos] uus A 9 tive] tine B 10 dig’esto] digueu esto B; morrer] moirer B 13 non] no A 14 d’atanto] de tanta B; devess’a] deves a A 15 estraidade] estrayadade B 16 quant’ist’é] quantest B
1 vos] vus Michaëlis 4 vos] vus Michaëlis; é] ei Michaëlis, Correia, Littera 6 vos] vus Michaëlis 9 vos] vus Michaëlis; por] per Littera 12 vos] vus Michaëlis 15 estraidade] estrãidade Michaëlis 16 vos] vus Michaëlis 18 vos] vus Michaëlis
(I) Deus, que hoxe me dispuxo a ocasión de vos ver e que é coñecedor da miña coita, El sabe hoxe que con moi gran pavor vos digo eu isto, e xa é o momento para o dicir: eu morro, e morro por alguén, e nunca vos direi máis sobre iso.
(II) E mentres eu vin que podía vivir coa gran coita de amor en que vivo, considerei mellor non vos dicir nada; mais digo isto porque me vexo morrer: eu morro, e morro por alguén, e nunca vos direi máis sobre iso.
(III) E non hai no mundo filla de rei a quen tanto lle debese pesar nin causar estrañeza que un home a tomase (como señora), por isto que vos agora direi: eu morro, e morro por alguén, e nunca vos direi máis sobre iso.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 8C 8C (= RM 160:275)
Encontros vocálicos: 1 mi‿oj(e); 15 es·tra·i·da·de
De novo un refrán de Joan Soarez Coelho é aproveitado literalmente (coa interpolación de vos) por Afonso X como citación final de estrofa:
«Moir’eu e moiro por alguen,
e nunca vos direi máis én» (465.15-16).
A preposición en mostra unha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5, 390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.
No Cancioneiro da Ajuda percíbese unha maior presenza das formas reforzadas atal, atan, atanto, fronte a BV, que tenden a presentar as variantes sen a- protético. Véxase tamén 42.5 ou 285.19.
A forma <deues(e)> devess(e) é outra mostra no Cancioneiro da Ajuda de diferentes confusións gráficas no ámbito das sibilantes, nomeadamente da grafía <s> en contextos en que representa /s/, grafado de regra con <-ss->. Esta grafía detéctase especialmente en desinencias do pretérito de subxuntivo: <amase> amasse (409.6), <disses(e)> dissesse (409.21), <ousas(e)> ousasse (346.3, 982.22), <podes(e)> podesse (409.2), <quisesedes> quisessedes (88.15, 812.7), <soffresen> sofressen (85.17), <uis(e)> visse (138.6). Alén desta desinencia, tamén se acha a mesma representación gráfica en <asi> assi (240.23, 318.15), <disesse> dissesse (199.28), <outrosi> outrossi (413.11, 17 e 23, cfr. outrossi no v. 5), <pos(o)> posso (409.14), <uasalo> vassalo (84.12), <uoso> vosso (362.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 69.7, 80.10 e 89.2.
A voz estraidade (cfr. estraiadade na lección de B, talvez por erro) ‘estrañeza, afastamento’, procedente dunha formación a partir de extraneus, do tipo *extraneitātem, só reaparece outra vez co mesmo sentido, en Estevan da Guarda:
e, mia sen[h]or, en gran ben vos terria
de me darde-la morte
ca de viver eu en coita tan forte
e en tal estraidade (634.16).