I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 483-484x); Cunha (1999 [1945]: 121-122); Monteagudo (1984: 317-318 [= LPGP 720]); Littera (2016: II, 218).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 143); Cotarelo Valledor (1934: 179-181); Carter (2007 [1941]: 143); Machado & Machado (1960: VII, 39-40); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 407).
III. Antoloxías: Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 69-71); Arias Freixedo (2003: 664-665); Mongelli (2009: 52-53).
1-2 grad’eu querria fazer / ũa tal cantiga] grad(o) {eu} querria / fazer. hūa {tal} cātiga A 10 quisess’, e] quissesse A 11 quiso] quisso A
2 ũa tal] ũ’ atal Cunha 3 devi’a] devia Michaëlis, Cunha : deuía Monteagudo 5 ben] om. Monteagudo; non a] no’-na Michaëlis : nõ-na Cunha 10 quisess’, e a mí] quisesse! A mi Michaëlis, Cunha : quissesse. A mi Monteagudo 11 quiso] quisso Monteagudo 24 soo] sõo Michaëlis, Cunha, Monteagudo, Littera
(I) De moi boa gana quería eu facer unha cantiga tal pola miña señora cal a debía facer todo trobador que amase tal señora como eu a amo; e non a sei facer, e cavilo moito niso, aínda que non a podo facer tal como a merece.
(II) Tería moita necesidade de saber trobar moi ben quen por tal señora quixese trobar, e a min, infeliz, nunca Deus me quixo dar a entender o argumento que eu hoxe preciso para falar daquilo en que sempre pensei: do seu ben e da súa beleza.
(III) Mais como pode achar un bo argumento home coitado que perdeu o siso como o eu perdín? E, cando falo, xa non sei nada do que digo nin do que non, e con gran mal non pode ninguén trobar, e non sinto pracer agás en chorar, e chorando nunca farei unha boa melodía.
(IV) E por isto ben vexo eu que non podo facer a cantiga tan ben porque xa perdín o xuízo chorando, infeliz, e o meu corazón xa non sabe facer outra cousa agás pensar na miña señora; e, se quero cantar, choro, porque me lembro dela entón.
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:70)
O abrupto comezo da cantiga con que é frecuente no corpus trobadoresco, sempre seguido de muito ~ mui, que confire un carácter exclamativo (‘Canto...!’) ao inicio da composición (196.1, 199.1, 393.1, 574.1, 624.1, 836.1, 866.1, 942.1, 1023.1, 1040.1, 1173.1, 1397.1), para alén de que se poida tamén considerar que a conxunción inicial introduce un período dependente dun verbo declarativo elíptico, que nalgún texto é claro (253.1, 432.1, 737.1).
A interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + inf. como devi’a / avi’a / ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22, 128.28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.
A conxunción adversativo-concesiva empero é unha forma derivada (e reforzada) de pero (< en + pero), que aparece sempre formando parte de locucións conxuntivas de tipo adversativo ou concesivo mais empero ~ mas empero (276.15, 493.6 e 509.3) e e empero (277.8, 315.18, 493.3 e 969.17). Neste caso é variante da locución conxuntiva concesiva e pero ‘aínda que’.
Repárese no hipérbato, co deslocamento de poder á posición de rima: «e empero non ei poder de faze-la qual merece».
Cómpre a segmentación da copulativa en quisess’, e, que cumpre unha función de enlace entre dous períodos abruptamente separados nas edicións precedentes.
No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <quissesse> (v. 10) e <quisso> (v. 11), véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4, 308.11, 313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 395.9, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.