I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 71-72 [= LPGP 688]); Sodré (1998: 73-74); Cohen (2003: 126); Pousada Cruz (2013: 233-234); Littera (216: III, 185-186).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 93); Braga (1878: 48); Machado & Machado (1952: III, 301-302); Camargo et alii (1995: 35-36); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 106-107).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 43-45); Cidade (1941: 2-3); Seoane (1941: 139-140); Nemésio (1961 [1949]: 149-150); Fernández Pousa (1951: 48); Piccolo (1951: 61-62); Bernárdez (1952: 54-56); Varela Jácome (1953: 15-16); Alonso & Blecua (1969 [1956]: 129); Nunes (1959: 368-369); Oliveira & Machado (1959: 106-107); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 47-49); Álvarez Blázquez (1975: 64); Landeira Yrago (1975: 156-157); Torres (1977: 517-518); Correia (1978: 218-220); Reckert & Macedo (1980: 123-124); Fiúza (1981: 43-47); Gonçalves & Ramos (1983: 259); Beltrán (1987: 43-44); Deluy (1987: 118-119); Dobarro Paz et alii (1987: 95); Ferreira (1988: 80); Alvar & Beltrán (1989: 358); Pena (1990: 155-156); Ferreira (1991: 102-103); Jensen (1992: 244); Alonso Girgado (1992: 58); Pena (1993: 93-94); Delgado León (1996: 133-134); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 173); Vallín (1999: 85-86); Morán (1999: 52-53); [Morán] (2001: 59-60); Arias Freixedo (2003: 657-658); Alvar & Talens (2009: 580-582); Fidalgo (2009: 126); Mongelli (2009: 104-105); Souto Cabo (2017: 185); Corral Díaz & Vieira (2023: 179-180); Gutiérrez (2023: 147, 217).
2 toda-las aves] Todaias ave B 9 leda] (Vos lhi Tolhestes) Leda B 14 tolhestes] tol\h/estes B 16 voss’i enmentavan] uossē mētauyā B 17 tolhestes] Tolestes B; pousavan] ponsauā V 19 tolhestes] Tolestes B; os ramos] o ramꝯ B : or ramꝯ V 22 tolhestes] Tolestes B 23 banhavan] baħavā BV
1 dormides as manhanas] dormides as manhãas Nunes : dormide-las manhanas Cohen 3 mi] m’ Nunes, Cohen, Sodré, Littera 4 manhanas] manhãas Nunes 6 m’] m[i] Pousada Cruz 8 voss’en] voss[o] en Cohen, Littera 9 m’] mi Pousada Cruz 11 voss’i] voss[o] i Cohen, Littera 12 m’] mi Pousada Cruz 13 voss’en] voss[o] en Cohen, Littera 14 lhi] lhi[s] Pousada Cruz 15 m’] mi Pousada Cruz 16 voss’i] voss[o] i Cohen, Littera 17 vós] vos Nunes; 17 lhi] lhis Pousada Cruz 18 m’] mi Pousada Cruz 19 lhi] lhi[s] Pousada Cruz 21 m’] mi Pousada Cruz 22 lhi] lhi[s] Pousada Cruz
(I) Erguédevos, amigo que dormides nas mañás frías; todas as aves do mundo de amor dicían: eu estou leda.
(II) Erguédevos, amigo que dormides nas frías mañás; todas as aves do mundo de amor cantaban: eu estou leda.
(III) Todas as aves do mundo de amor dicían; o meu amor e o vosso tiñan na mente: eu estou leda.
(IV) Todas as aves do mundo de amor cantaban; do meu amor e do vosso alí falaban: eu estou leda.
(V) O meu amor e o voso tiñan na mente; vós lle cortastes os ramos en que estaban (pousadas): eu estou leda.
(VI) Do meu amor e do voso alí falaban; vós lle cortastes os ramos en que pousaban: eu estou leda.
(VII) Vós lle cortastes os ramos en que estaban (pousadas) e lles secastes as fontes en que bebían: eu estou leda.
(VIII) Vós lle cortastes os ramos en que pousaban e lles secastes as fontes onde se bañaban: eu estou leda.
Esquema métrico: 14’a 12’a 4B (I-II [= RM 26:25]) + 12’a 11’a 4B (III-IV [= RM 26:48]) + 11’a 12’a 4B (V-VI [= RM 26:49]) + 12’a 12’a 4B (VII-VIII [= RM 26:45)
Encontros vocálicos: 3 mi‿and’
Nótese a vacilación métrica que se produce nesta cantiga entre o inicio (I-II), con versos de 14 e 12 sílabas, e o desenvolvemento posterior (III-VIII), con dísticos que combinan versos de 12 e 11 sílabas a carón dos dísticos dodecasilábicos finais. Tal vacilación métrica debe ser posta en relación con outras cantigas paralelísticas, onde a regularidade exacta case nunca se produce.
Por outra banda, os dous primeiros dísticos nesta cantiga de Torneol presentan rima asoante ou toante que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas composicións de Don Denis (583, 584, 585, 586, 606, 609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Paai Gomez Charinho (813, 839), Meendinho (848), Airas Nunez (864, 870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920, 922), Nuno Porco (1130), Joan Zorro (1161, 1163, 1165, 1166, 1167, 1168, 1169, 1170), Pero Meogo (1204, 1205, 1206, 1208), Martin de Giinzo (1287, 1288, 1289, 1290, 1291), Martin Codax (1295, 1296, 1297, 1298, 1300), Fernand’Esquio (1314).
As aves de Torneol son, probabelmente, rulas. Tal como afirma Arias Freixedo, a rula é o “símbolo clásico da fidelidade”, feito reflectido no Libellus de natura animalium, bestiario medieval anónimo: “Talis est turturis propietas quod si contingat quod amittit socium, non potat plus aquam claram, nec ponit se in viridi ramo”; isto é, ‘É tal a natureza da rula que, se lle acontecese que perde o seu compañeiro, non bebe nunca máis auga clara, nin se pousa en rama verde’ (Arias Freixedo 2012b: 61-62). Nótese, ademais, como acutamente recolle o antecitado investigador, o reflexo da tradición clásica nunha cantiga popular que mesmo parece continuar a cantiga de Nuno Fernandez Torneol, coas aves “como símbolo do amor [...] e as accións de pousar no ramo e de beber a auga”:
Qu’a rula que viodou
xurou de non ser casada
nin pousar en ramo verde
nin beber d’augua crara.
Rip Cohen fixa editorialmente a asimilación do artigo á forma verbal precedente (de acordo co v. 4), a desconsiderar a vacilación gráfica que, neste tipo de encontros, se rexistra na lingua das cantigas e, concretamente, entre a estrofa I (dormides as manhanas) e a estrofa II (dormide-las manhanas). Tal variación é condicente coas múltiplas vacilacións nas grafías nestes encontros, así como coas solucións diverxentes e/ou contraditorias entre códices: 210.8 (perder o sén A vs. perde-lo sén B), 217.10 (sode-la mellor / dona A vs. sodes a melhor / dona B) etc. En calquera caso, existe unha concorrencia de solucións similares no primeiro verso do refrán da cantiga 1188, de Juião Boleiro: non ajades a mia graça vs. non ajade-la mia graça.
A forma manhanas (do lat. manĕānas), como outras que aparecen con frecuencia nas cantigas de amigo (louçana, Granada, avelana, venia etc.), mostra a conservación de -n- intervocálico, sen dúbida como decoración arcaizante propia deste xénero (véxase Ferreiro 2008b), aínda que pode moi esporadicamente aparecer tamén noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4).
Os datos derivados da distribución de levar na acepción de ‘erguerse, levantarse’ fronte a (a)levantar suxiren que a forma levar tende a ser utilizada nas cantigas de amigo, talvez como máis unha reiterada marca arcaizante (véxase as cantigas 586, 656, 1204, fronte a dúas cantigas de amor –346, 381– e unha de escarnio –1507–), por máis que na cantiga 586 de Don Denis sexa utilizado levantar no xogo intertextual coa cantiga 1204 de Pero Meogo, onde só comparece levar.
Todos os editores modifican a forma pronominal do refrán para o nivelar ao longo de toda a composición, quer estendendo a primeira ocorrencia a todas as estrofas (leda mi and’eu), quer emendando a primeira estrofa conforme o modelo das seguintes (leda m’and’eu). Non obstante, mantemos esa mínima variación pronominal do refrán, en liña coa oscilación que se percibe en múltiplas cantigas (véxase nota a 31.5). Cfr. nota a 27.4.
Por outra parte, este breve refrán reaparece integrado nunha expresión máis ampla no refrán da cantiga 658, tamén de Torneol (madre, per bõa fe, leda m'and'eu).
No que di respecto á crase voss’en ~ voss’i que os manuscritos presentan nos vv. 8, 11, 13 e 16, cunha irregularidade métrica que se rexistra ao longo da composición, optamos por conservar a lección de BV, xunto con Nunes, Sodré e Pousada Cruz. Deste modo, o esquema métrico da cantiga presenta unha simetría silábica por dísticos (14’12’ – 12’11’ – 11’12’ – 12’12’).
A expresión verbal aver en mente é única no corpus das cantigas profanas galego-portuguesas, e moi probabelmente é empregada por Torneol por xogo etimolóxico con enmentar, tamén derivado de mente (< en-+mente+-ar). En período contemporáneo ás cantigas só achamos unha ocorrencia nas Cantigas de Santa Maria:
E en mente non avia do que prometera
que o sabado guardasse, mas sempr’y cosera
mais ca en outro dia, tant’era [a]trevuda (CSM 117.16).
A partir deste verso aparece o uso da forma lhi con valor plural en vós lhi tolhestes, que se prolonga nos vv. 17, 19 e 22 (fronte ao lhis dos vv. 20 e 23 en vós lhis secastes): este uso pronominal (singular por plural) presenta diversas ocorrencias na lingua dos trobadores e na lingua medieval en xeral, para alén da súa presenza na lingua moderna.
A forma siian (tamén no v. 19), P6 do copretérito de seer, que remite ao paradigma morfolóxico derivado de sĕdēre, xa se revela minoritaria na lingua das cantigas (só en 691.3, 1448.3, 1509.7, 1546.9 e 1623.9, ademais de sedia), onde predomina a forma era etc., descendente de esse (ĕram, ĕras etc.). Véxase Ferreiro (1999: §§38c, 218d).
Obsérvese a peculiar grafía <ħ>en vez de <nh> en banhavan, coa abreviación da consoante nasal do dígrafo (véxase Monteagudo 2019c: 873-874).