I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 869-870 [= LPGP 303-304]); Littera (2016: I, 336); Bruno (2022: 133-134).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 5); Braga (1878: 1); Molteni (1880: 143); Machado & Machado (1950: II, 181); Rios Milhám (2018b: III, 360).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 116).
2 sabor] fabor V 3 todo-los] τ todolos B : et todolos V; preguntar] pregunt[**] B : pieguntar V 4 quero] q̄io V 5 sandec’] sandet e B; gran loucura] giā loucuia V 6 mesura] mesuia V 7 catan] tatā V; quen] queor B : q(u)ō V; pesa] pela B 12 sempre] senp’e B 14 ren] irē B 15 seu] s[**] B 18 a averei] aluerey B 20 ajan] sapan B
3 veen] vẽen Michaëlis 10 el[es] non o] e non vo’-lo Michaëlis : e nom o podem [i] Littera : e [n]on o pode[rán] Bruno 17-18 mais eu a negar / a averei sempre] mais eu a negar / a (a)verei sempr(e) Michaëlis : mais eu a negar / a h[a]verei sempr’ Littera : mais en a negar / [s]alv[a]-[m’]-ei sempre Bruno 19 falarei] falar ei Michaëlis 20 e de sabor; mais non ajan én cura] e de sab[e]r máis non s’a[j]an én cura Bruno
(I) Eu vexo a moitos que, minguados de sentido, teñen gran pracer en me dicir cousas que me causan pesar: todos os que me veñen preguntar cal é a dona que eu quero ben; vede que insensatez e que gran loucura: non consideran a Deus nin tampouco consideran mesura nin me consideran a min, a quen moito pesa iso, (II) nin sequera consideran como perden o siso os que así coidan enganarme: eles non o poden adiviñar; mais o tolo –quer diga mal, quer ben– e o cordo dirán sempre algo sensato; alén diso, eu pasarei polo que me depare o meu destino, mais de maneira ningunha saberán quen é a miña señora.
(III) E eu son moi consciente de que perden o seu siso aqueles que me van preguntar quen é a miña señora; mais eu hei de a negar sempre, así me veña ben: eu falarei ben da súa fermosura e de pracer; mais non se preocupen por iso, pois por min xa non saberán nada máis ao respecto.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10’c 10’c 10a (= RM 161:108)
Encontros vocálicos: 18 a‿averei, sempre,‿assi
Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas, véxase nota á cantiga 55. Nas edicións anteriores tamén presentan independencia sintáctica as estrofas I-II.
Na lingua medieval rexístrase certa vacilación de resultados en vogais tónicas de grao medio trabadas por nasal. Tal é o caso de mingua, que concorre cunha variante minoritaria mengua (11.17, 360.1, 469.1, 476.14, 878.5, 1316.16, 1620.31), igual que menguar ~ mengar aparecen a carón de minguar. Cfr. nota a 205.13.
A construción do período e mais a métrica evidencian o carácter espurio da copulativa inicial do verso en BV.
Nótese a aparición de sandece en BV, onde decote se utiliza sandice. Véxase nota a 3.11.
O pronome min, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.
Non é necesario deglutinar falar ei, pois non se trata da perífrase aver + infinitivo senón do futuro. Cfr. nota a 87.27.
É certamente difícil a interpretación da lección <sapan> de B, de xeito que ajan non é máis do que unha conxectura. Sobre cura ‘coidado, preocupación’ véxase nota a 15.1, onde se rexistra a mesma locución non aver cura:
Vós, mia senhor, que non avedes cura
de m’ascoitar nen de me ben fazer...