1295 [= RM 91,6]
Ondas do mar de Vigo

Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo,
e, ai Deus, se verra cedo!
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado,
e, ai Deus, se verra cedo!
Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro,
e, ai Deus, se verra cedo!
Se vistes meu amado,
o por que ei gran coidado,
e, ai Deus, se verra cedo!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1278, V 884, N 1

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 441); Cunha (1999 [1956]: 350 [= LPGP 611-612]); Spaggiari (1990: 395); Fernández Guiadanes et alii (1998: 179); Cohena (2003: 51); Littera (2016: II, 79); Cohenb (2016c: 189); Monteagudo (2017: 53).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 302); Braga (1878: 166); Vindel (1915: I); Oviedo y Arce (1917: 28-29); Bell (1923: 164); Nunes (1931: 24); Machado & Machado (1956: V, 391); Ferreira (1986: 129); Brea (1998: 97); Couceiro Pérez & Fontoira (1998: 26); Monteagudo (1998a: 93); Monteagudo (1998b: 107); Pena (1998a: 65); Pena (1998b: 85); Pena (1998c: 93); Montero Santalha (2004); Tavani (2014: 37).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 59); Pellegrini (1928: 37); Cidade (1941: 4); Seoane (1941: 95); Nemésio (1961 [1949]: 114); Fernández Pousa (1951: 89); Piccolo (1951: 176); Bernárdez (1952: 132); Varela Jácome (1953: 12); Alonso & Blecua (1969 [1956]: 131); Nunes (1959: 358); Oliveira & Machado (1959: 99-100); Tavares (1961: 56-57); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 89); Álvarez Blázquez (1975: 160); Torres (1977: 157); Correia (1978: 76); Reckert & Macedo (1980: 147); Fiúza (1981: 59-60); Gonçalves & Ramos (1983: 261); Beltrán (1987: 83); Dobarro Paz et alii (1987: 12); Ferreira (1988: 76); Tavani (1989: 14); Pena (1990: 141); Ferreira (1991: 101); Jensen (1992: 206); Alonso Girgado (1992: 41); Pena (1993: 88); Delgado León (1996: 106); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 154); Vieira (1996: 29); Vallín (1999: 73); Morán (1999: 44); [Morán] (2001: 48); Arias Freixedo (2003: 592); Magalhães (2007: 108); Brea López & Fernández Guiadanes (2014: 93); Lopes & Ferreira & Silvestre (2015: 28); Souto Cabo (2017: 163); Álvarez Maneiro & Borriero (2018: 41-42).

Variantes manuscritas


3 e, ai Deus] cay deꝯ V; verra] ueira B   4 do] de V   6 e, ai Deus] cay đess V   9 e, ai Deus] cay d’s V   11 o] om. N; gran] grã B; coidado] cuydado BV   12 e, ai Deus] cay d’s V

Variantes editoriais


11 o] om. Cunha, Monteagudo; gran] om. Spaggiari; coidado] cuidado Nunes, Spaggiari

Paráfrase


(I) Ondas do mar de Vigo, vistes o meu amigo? Ai Deus, e el virá cedo!?

(II) Ondas do mar levantado, vistes o meu amado? Ai Deus, e el virá cedo!?

(III) Vistes o meu amigo, por quen eu suspiro? Ai Deus, e el virá cedo!?

(IV) Vistes o meu amado, por quen estou moi aflixida? Ai Deus, e el virá cedo!?

Métrica


Esquema métrico: 6’a 6’a 7’B (= RM 26:124)

Encontros vocálicos: 10-11 amado,/‿o

Notas


Texto
  • *

    A crítica adoita concordar en que o conxunto das cantigas de Martin Codax constitúen unha secuencia seriada e que cada unha delas se corresponde cun episodio desa serie. Nesta primeira cantiga a moza protagonista desexa encontrarse co seu amado que está lonxe, probabelmente ao servizo do rei, e perante a prolongada ausencia interpela dramaticamente ás ondas do mar traídas de lonxe polo vento, para lles preguntar se elas o viron e se ha vir axiña.

    Na última cantiga da serie (UC 1301) encontramos unha escena moi semellante: as ondas como narratario ou destinatario interno das preguntas da moza namorada, que quere saber se as elas saben a causa da tardanza do amigo.

    Toda a cantiga presenta un duplo carácter exclamativo e interrogativo (reflectido nas diversas puntuacións propostas polos editores): a rapariga diríxese ás ondas do mar, posíbeis mensaxeiras que veñen de lonxe e destinatarias das preguntas da namorada, que quere saber novas do seu amigo.

    Neste, como na maioría dos textos de Martin Codax (véxanse tamén UC 1296, 1297, 1298, 1300), está presente, en maior ou en menor medida, a rima asoante ou toante, que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas composicións de Don Denis (583584585586606609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Paai Gomez Charinho (813839), Meendinho (848), Airas Nunez (864870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920922), Nuno Porco (1130), Joan Zorro (11611163116511661167116811691170), Pero Meogo (1204120512061208), Martin de Giinzo (12871288128912901291), Fernand’Esquio (1314). 

  • 11

    Dun punto de vista estrutural, non ten sentido a expunción do artigo realizada por Cunha (e Monteagudo), sen dúbida movido polo afán de restaurar unha isometría, que estaría resolvida pola episinalefa amado,/‿o (por que ei gran coidado); algo similar ocorre coa expunción de Spaggiari, máis plausíbel (o por que ei coidado).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado