485 [= Tav 18,34]
Pero da Ponte, paro-vos sinal

Pero da Ponte, paro-vos sinal
per ante o demo do fogo infernal:
porque con Deus, o padr’espirital,
minguar quisestes, mal per-descreestes.
E ben vej’ora que trobar vos fal,
pois vós tan louca razon cometestes.
E, pois razon [a]tan descomunal
fostes filhar, e que tan pouco val,
pesar-mi-á én se vos pois a ben sal
ante o diaboo, a que obedecestes.
E ben vej’ora que trobar vos fal,
[pois vós tan louca razon cometestes].
Vós non trobades come proençal,
mais come Bernaldo de Bonaval;
por ende non é trobar natural,
pois que o del e do dem’aprendestes.
E ben vej’ora que trobar vos fal,
[pois vós tan louca razon cometestes].
E por én, Don Pedr’, e[n] Vila Real
en mao ponto vós tanto bevestes.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 487, V 70

Ediciones


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 29-30 [= LPGP 157-158]); Pellegrini (1977: 31-32); Paredesa (2001: 256); Lopes (2002: 77); Paredesb (2010a: 332); Littera (2016: I, 97-98); Barberini (2021b: 67-68).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 33); Braga (1878: 14); Machado & Machado (1950: II, 357-358); Paredes (2010b: 168-171); Paredes (2010c: 117); Callón (2017: II, 28); Rios Milhám (2018b: III, 485).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 23); Torres (1977: 53-54); Correia (1978: 194); Filgueira Valverde (1980: 81); Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 45); Tavares & Miranda (1987: 182-183); Montoya (1988: 296); Alvar & Beltrán (1989: 183); Sansone (1990: 206); Jensen (1992: 56); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 60); Marcenaro (2006: 64-66); Alvar & Talens (2009: 438); Dunne (2010: 38).

Variantes manuscritas


1 sinal] Smal B : (smªl) simal V   2 ante] ame V   3 Deus] dēs BV; padr’espirital] padre spiritual V   4 descreestes] descreett̄s B : descrcests̄ V   5 vej’ora] ueiagora BV; vos] uos BV   6 louca] louta BV; razon] jrazō B   8 filhar] fy e lhar V   9 én] eu B; vos] nos B : uos V   10 diaboo] diabeo BV; que obedecestes] q̄ obedee cestes B : q̄(e) o bedee cestes V   11 vos] uos BV   13 proençal] proental B   15 por] ep’o B : epʳo V; trobar] tʳobador B : tʳoba dor V   16 aprendestes] a pᵉen destes B : a p̃en destes V   17 vej’ora] ueia gora BV; vos] uos BV   19 Don] dora V   20 mao] maao BV

Variantes editoriales


1 paro-vos sinal] pare-vos en mal Lapa : par’ o vosso mal Pellegrini   3 padr’espirital] padre spirital Lapa, Pellegrini, Paredesa, Paredesb : padre ‘spirital Lopes, Littera   5 ora] agora Barberini   6 vós] om. Barberini   7 E pois razon [a]tan] E pois [que] razon tan Pellegrini   9 én] om. Pellegrini   10 diaboo] Diabo Pellegrini : diabo Lopes, Littera; que obedecestes] qu’obedecestes Lopes : que obedeecestes Paredesa, Paredesb   11 ora] <ag>ora Barberini   12 vós] om. Barberini   15 por ende] e poren Pellegrini, Paredesa, Paredesb, Barberini   17 ora] agora Barberini   18 vós] om. Barberini   20 mao] maao Lopes, Littera

Paráfrasis


(I) Pero da Ponte, denúnciovos xudicialmente perante o Demo do inferno: por quererdes faltarlle a Deus, o pai espiritual, blasfemastes gravemente. E ben vexo agora que vos falta competencia para trobar, pois vós quixestes tratar tan louco argumento.

(II) E xa que escollestes un asunto tan desmesurado e de tan pouco valor, hame de pesar logo, se finalmente vos resulta ben perante o diabo, a quen obedecestes. E ben vexo agora que vos falta competencia para trobar, pois vós quixestes tratar tan louco argumento.

(III) Vós non trobades como provenzal, senón como Bernal de Bonaval; por iso non é un trobar natural, xa que o aprendestes del e mais do demo. E ben vexo agora que vos falta competencia para trobar, pois vós quixestes tratar tan louco argumento.

(1) E por iso, Don Pedro, en hora má bebestes tanto en Ciudad Real.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 10’b 10A 10’B + 10a 10’b (= Tav 13:29)

Encontros vocálicos: 2 ante‿o; 9 -mi-‿á; 10 ante‿o di·a·bo͜o,‿ a

Notas


Texto
  • *

    Novo escarnio afonsino contra Pero da Ponte por algunha composición heterodoxa do trobador galego.

  • 1

    A frase parar sinal ‘notificar xudicialmente’, que provén do ámbito xurídico, correspóndese coa lección dos manuscritos, e así foi adoptada polos editores poslapianos.

  • 3

    A forma erudita esperital, ocorrencia única no corpus profano, é xeral na Idade Media, cunha mínima adaptación fonética a partir do lat. spiritualem, con apoio vocálico no s- líquido latino e desaparición do wau (presente na lección <padre spiritual> de V).

  • 5

    Nótese o lapso de BV coa presenza de agora (tamén na estrofa III), face á correcta lección ora na estrofa II. Cfr. nota a 108.14.

  • 7

    A convivencia e intercambio entre as formas tan e atan (tanto e atanto, tal e atal) permite restaurar a isometría versal coa forma reforzada, aínda que a opción de Pellegrini (pois [que]) é tamén aceptábel. Véxase nota a 83.7.

    Descomunal, adxectivo derivado por prefixación de comunal (véxase nota a 537.11), é moito máis común na lingua das cantigas do que a súa base léxica (véxase tamén 3.12, 495.16, 497.9, 527.14, 592.14, 926.20 e 1408.27).

  • 10

    O comportamento métrico de diaboo no corpus trobadoresco profano indica que é unha palabra trisilábica (di·a·boo), neste caso formando a sinalefa diaboo‿a, o cal evita a moi anómala crase de que de Lopes.

  • 13

    A voz proençal (tamén en 537.1 e 541.1) e Proença (1348.2) é evolución directa do lat. prouĭntialem e prouĭntiam, con caída de -u- intervocálico en contacto con vogal palatal (véxase Ferreiro 1999: §54c); deste xeito, Proença e proençal son as formas xerais na Idade Media para Provenza e o seu xentílico (véxase CGPA, s.v. Proença, proençal, proençaes).

  • 14

    A oposición entre o trobar de Pero da Ponte e mais de Bernal de Bonaval e o trobar dos provenzais talvez, de forma xeral, aluda a unha pretendida poética menos refinada do trobador compostelán, a quen se aproximaría a de Pero da Ponte, afastada do requintamento formal e conceptual da poética cortés vinda da Provenza.

  • 15

    Nótese o evidente lapso de BV coa lección trobador en vez de trobar, erro de copia que volve aparecer no Cancioneiro da Vaticana en 1443.13.

  • 19

    Vila Real é a denominación afonsina (a partir de 1255) de Pozuelo Seco de Don Gil, a actual Ciudad Real (España), en La Mancha, onde era importante a produción vinícola.

  • 20

    O adxectivo mao presenta nos manuscritos a forma gráfica <maao>, con duplicación vocálica característica destes encontros vocálicos, presente na escrita galego-portuguesa desde os seus inicios e con frecuencia progresiva nos textos finais da Idade Media. De feito, ao longo do corpus das cantigas <-aao> rexístrase en mao (880.6, 1118.8, 1344.31, 1585.9, 1619.8), pao (1344.25, 1587.6, 1619.11), vao (1344.29), así como no conglomerado dá-o (1344.27). O mesmo proceso gráfico pode observarse tamén na terminación -ão de cristão, mão, irmão, vilão etc. (cfr. nota a 115.30).

Buscar
    Sin resultados