1297 [= RM 91,5]
Mia irmana fremosa, treides comigo

Mia irmana fremosa, treides comigo
a la igreja de Vigo, u é o mar salido,
e miraremos-las ondas.
Mia irmana fremosa, treides de grado
a la igreja de Vigo, u é o mar levado,
e miraremos-las ondas.
A la igreja de Vigo, u é o mar levado,
e verra i mia madr’e o meu amado,
e miraremos-las ondas.
A la igreja de Vig’, u é o mar salido,
e verra i mia madr’e o meu amigo,
e miraremos-las ondas.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1280, V 886, N 3

As estrofas III-IV aparecen en orde inversa en BV.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 442-443); Cunha (1999 [1956]: 363 [= LPGP 611]); Spaggiari (1980: 397-398); Fernández Guiadanes et alii (1998: 197); Cohena (2003: 515); Littera (2016: II, 80); Cohenb (2016c: 193); Monteagudo (2017: 55).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 302); Braga (1878: 166); Vindel (1915: III); Oviedo y Arce (1917: 32-33); Bell (1923: 165); Nunes (1931: 24-25); Machado & Machado (1956: V, 393); Ferreira (1986: 131); Brea (1998: 98); Couceiro Pérez & Fontoira (1998: 26); Monteagudo (1998a: 95); Monteagudo (1998b: 111); Pena (1998a: 69); Pena (1998b: 87); Pena (1998c: 95-96); Montero Santalha (2004); Tavani (2014: 41).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 67-68); Seoane (1941: 97); Nunes (1959: 359); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 87); Spina (1972: 342); Álvarez Blázquez (1975: 159); Landeira Yrago (1975: 88); Torres (1977: 155); Reckert & Macedo (1980: 152); Gonçalves & Ramos (1983: 262); Beltrán (1987: 84); Deluy (1987: 104-105); Alvar & Beltrán (1989: 339); Matalobos (1989: 32); Tavani (1989: 15); Pena (1990: 144); Jensen (1992: 210); Pena (1993: 89); Delgado León (1996: 110); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 156); Morán (1999: 45-46); [Morán] (2001: 50); Dunne (2010: 26); Brea López & Fernández Guiadanes (2014: 94); Álvarez Maneiro & Borriero (2018: 42-43); Corral Díaz & Vieira (2023: 129).

Variantes manuscritas


1 Mia] M\h/a V; fremosa, treides comigo] fre <lac> N   2 Vigo, u é o mar salido] uig <lac> N   3 miraremos-las] miraremolas BV   5 u é o mar levado] (e o mar salido) / hu e omar leuado V   6 miraremos-las] miraremolas BV   7 A la] Al* N; u] om. BV   8 verra] ueira B; mia] om. BV; madr’e o meu] madro meu B : madre / meu V   9 miraremos-las] miraremolas B : mirraremolas V   10 Vig’, u é] uigo / E B : uigo / e V; salido] sa(i)ljdo V   11 verra] ueira B; mia] om. BV   12 miraremos-las] miraremolas BV

Variantes editoriais


Nas edicións de Nunes, Cunha, Spaggiari, Fernández Guiadanes, Monteagudo e Cohenb a orde das estrofas é a seguinte: I-II-IV-III.

1 irmana] irmãa Nunes; treides comigo] treides <vós> comigo Cohenb   2 Vigo, u] Vig’, u Nunes, Cunha   3 miraremos-las] miraremo-las Nunes, Spaggiari   4 irmana] irmãa Nunes; treides de grado] treides <vós> de grado Cohenb   5 Vigo, u] Vig’, u Nunes, Cunha   6 miraremos-las] miraremo-las Nunes, Spaggiari   7 Vigo, u] Vig’, u Nunes, Cunha, Fernández Guiadanes   8 madr’e] madre Nunes, Spaggiari : madr<e> e Cohena, Monteagudo, Cohenb   9 miraremos-las] miraremo-las Nunes, Spaggiari   10 Vig’] Vigo Cohena, Spaggiari, Monteagudo, Cohenb   11 madr’e] madre Nunes, Spaggiari : madr<e> e Cohena, Monteagudo, Cohenb   12 miraremos-las] miraremo-las Nunes, Spaggiari

Paráfrase


(I) Miña irmá fermosa, vinde comigo á igrexa de Vigo, onde o mar está crecido, e miraremos as ondas.

(II) Miña irmá fermosa, vinde de bo grado á igrexa de Vigo, onde o mar está levantado, e miraremos as ondas.

(III) Á igrexa de Vigo onde o mar está levantado, e virá alí miña nai e o meu amado, e miraremos as ondas.

(IV) Á igrexa de Vigo, onde o mar está crecido, e virá alí miña nai e o meu amigo, e miraremos as ondas.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 11’a 11’a 7’B

Encontros vocálicos: 2 laigreja, Vigo,u, éo; 5 laigreja, Vigo,u, éo; 7 laigreja, Vigo,u, éo; 10 laigreja, Vigo,u, éo

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga é a terceira da secuencia seriada que a crítica considera no conxunto das sete cantigas codaxianas (véxase nota a UC 1295).

    A cantiga, tal e como foi transmitida polo Pergamiño Vindel (lacunoso nos vv. 1-2), non presenta a orde canónica do leixa-pren (presente en BV), como acontece tamén coas cantigas 659 (de Nuno Fernandez Torneol) e 1300 (tamén de Martin Codax). Perante a dúbida levantada dunha actuación propositada do poeta, con ruptura intencional do canon, respectamos o texto tal e como chegou a nós a través do Pergamiño Vindel (prioritario en face de BV), a diferenza da maioría dos editores, que restauran o leixa-pren canónico.

    Esta cantiga codaxiana concentra tres trazos arcaizantes, típicos das cantigas de amigo: conservación de –n– intervocálico (irmana), manutención de –l– intervocálico (salido, art. la) e a variante verbal treides.

    Por outra parte, nesta, como na maioría das cantigas de Martin Codax (véxanse tamén UC 12951296, 1298, 1300), está presente, en maior ou en menor medida, a rima asoante ou toante, que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas composicións de Don Denis (583584585586606609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Paai Gomez Charinho (813839), Meendinho (848), Airas Nunez (864870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920922), Nuno Porco (1130), Joan Zorro (11611163116511661167116811691170), Pero Meogo (1204120512061208), Martin de Giinzo (12871288128912901291), Fernand’Esquio (1314).

  • 1

    Nótese a corrección do posesivo <mha> realizada polo propio copista en V, feito que suxire a posibilidade de considerar a forma ma como simple lapso de copia noutros contextos, aínda que é tamén forma correcta (véxase 104.18 e 465.2), en liña con ta (que non se atesta no corpus trobadoresco profano) e sa (moi frecuente). En xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos (599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1). Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.4, 625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).

    A respecto da forma irmana, como outras que aparecen con frecuencia nas cantigas de amigo, mostra a conservación de -n- intervocálico (avelana, Granada, louçana, sanovenia etc.), sen dúbida como decoración arcaizante propia deste xénero (véxase Ferreiro 2008b), aínda que pode moi esporadicamente aparecer tamén noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4).

    As formas imperativa treide (< trahĭte) e o presente, con valor imperativo, treides (< trahĭtĭs) son restos arcaicos da conxugación do verbo trahere, na súa forma clásica (despois substituído por *tragere > med. trager; véxase Ferreiro 1999: §220a). Fóra da cantiga 1471 (véxase nota aos vv. 4 e 16), treide e treides só se atesta en oito cantigas de amigo: 679.3, 757.1, 1161.6, 1289.1 e 6, 1297.1 e 4, 1299.2, 5, 7 e 10, 1302.1, 1303.2, 5 e 8. Alén da lírica profana, hai dúas ocorrencias de treides nas Cantigas de Santa Maria:

    Ai, moller, treides oge mig’ a un logar (CSM 216.23).

    E depois aa tornada, quando chegou a Carron,
    hũa sa filla lle disse: «Treides, se Deus vos perdon,
    albergar mais adeante a hũas choças que son
    preto de nosso camỹo, e y podemos jazer» (CSM 278.24).

    Na prosa só localizamos unha ocorrencia na Demanda do Santo Graal: Senhor, diss’el, pois treides migo (cfr. CGPA, s.v. treides).

  • 2

    Para a medida hendecasilábica do verso (e tamén nos vv. 7 e 10) consideramos as sinalefas laigreja, Vigo,u e, nomeadamente, éo (a mesma sinalefa pode verse en 914.1 ou 1544.15; cfr. tamén a sinalefa o en 513.15).

    Neste verso rexístrase, ademais, a manutención de /l/ na forma do artigo, característica das cantigas de amigo que procuran unha estética arcaizante (véxase Ferreiro 2008b, 2013), igual que acontece noutras moitas cantigas (609, 704, 735, 781, 825, 864, 891, 892, 903, 969, 1130, 1166, 1167, 1169, 1201, 1206, 1281, 1294, 1299, 1304 e 1314) e do mesmo xeito que acontece coas correspondentes formas pronominais (véxase nota a 586.5). E o mesmo acontece co participio salido, único caso dunha forma léxica (xunto con color/coor) con conservación de -l- intervocálico (tamén en 1170.1, Joan Zorro), que reforza o teor arcaizante desta cantiga de Martin Codax (véxase Ferreiro 2018a: 168-169).

    Verbo da igreja de Vigo, dificilmente se poderá dar unha referencia concreta, pois non sabemos se se refire «ao templo de Santa Maria, sito no espaço que hoje ocupa a Colegiada, ou [...] a de Santiago o Velho, integrado na zona do Arela» (Souto Cabo 2018: 83).

  • 3

    A secuencia <s-l> (e <r-l>) en miraremos-las ondas en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do artigo no encontro con certos vocábulos acabados en -s (ou -r) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (véxase tamén nota a 83.21 e 139.2). Neste sentido, as variantes de BV son graficamente modernizadoras verbo do formato gráfico máis conservador transmitido polo Pergamiño Vindel. E aínda achamos outras diverxencias nos manuscritos, onde se detecta tamén a preferencia de A por unha representación arcaizante: pois-la vir A vs. poila vi B (136.19), pois-la vi A vs. poila vi B (174.18), Deus-lo sabe A vs. Deu-lo sabe B (177.3), pois-la A vs. poila B (275bis.8), Deus-la fezo A vs. Deu-la fez B (277.17), mais-lo poder ja non é meu A vs. mai-lo poder ja non é meu BB’V (901.10), bẽeiga Deus-la sennor A vs. beenga Deus a senhor B’V (901.26), Depois-lo tiv’eu guisado B vs. Depoi-lo tiv’eu guisado V (1123.17), miraremos-las ondas! N vs. miraremo-las ondas! BV (1297.r). Mais tamén se rexistra variación inversa ou diverxencias dentro de un mesmo cancioneiro: poi-la cinta achei B’V vs. pois-la cint’achei B (48.14), Deu-los leix(e) A vs. Deus-los leix(e) B (83.21, 199.33), sode-la mellor / dona A vs. sodes a melhor / dona B (217.10), Mai-la mesura A vs. Mais a mesura B (217.15). Cfr. nota a 965.11.

  • 8

    Neste verso (e no v. 11), a puntuación de Spaggiari e de Littera (E verrà y, mia madre, o meu amigo) supón unha outra interpretación do texto: ‘miña nai, virá o meu amigo’ vs. ‘ virán miña nai e mais meu amigo’ (véxase Arias Freixedo 2018: 122-124).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado