I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 360-361 [= LPGP 489-490]); Fernández Graña (2007: 195); Littera (2016: II, 562-563); Barberini (2017b: 330-331).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 108-109); Machado & Machado (1960: VII, 25-26); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 290).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 63-64); Vasconcellos (1959: 24-25); Sansone (1990: 200).
15 fillei] (hy) fillei A 24] é] ꞇ A
9 viva, ja] viva ja Barberini; neun] nẽum Littera 13 poer] põer Michaëlis, Barberini 16 ca ‘ssi] c’assi Fernández Graña 22 éste, mais] est, e mais Michaëlis, Fernández Graña, Littera, Barberini 23 cedo] ced(o) Michaëlis : ced’ Littera
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10b 10b 10a (= Tav 161:50)
Encontros vocálicos: 1 -mi‿as; 13 mi‿á; 23 cedo‿e
A cantiga tamén é considerada como anónima.
Repárese na presenza da solución lhe-la para o conglomerado pronominal do CI lhes co CD o(s)/a(s). Tal aparición é un feito inusual no corpus, onde só se rexistra en sete cantigas (6.29, 170.2 e 17, 199.19, 886.9, 910.15, 1117.7) , tal como acontece actualmente na maior parte do territorio galego-portugués, coa neutralización lho(s)/lha(s).
Por medio da puntuación, en Barberini o adverbo ja é asociado á expresión temporal enquanto eu viva ja.
A lección <cassi> de A mostra perfectamente a resistencia á sinalefa de ca, neste caso de un hipotético *ca‿assi. Precisamente o adverbio assi presenta a súa forma reducida por necesidades métricas con frecuencia despois desta conxunción causal (82.10, 94.10, 239.10, 321.15, 702.11, 983.3, 1022.r2, 1231.7, 1364.r3). Véxanse tamén nota a 179.30 e mais a 481.13.
A segmentación michaëliana, pola resistencia da editora á forma éste, implica tamén unha diferente consideración de mais, que na súa versión deberá ser interpretada como adverbio de cantidade ou reforzo copulativo de e (E melhor est, e mais sera meu ben / de morrer cedo ...). De calquera forma, esa foi a opción de todos os editores precedentes.
Resulta ben sorprendente, pola súa rareza, o erro de copia no Cancioneiro da Ajuda, que explicitamente interpretou como copulativa a forma verbal é.