170 [= RM 106,15]
Preguntan-me por que ando sandeu

Preguntan-me por que ando sandeu,
e non lle-lo quer’eu ja máis negar;
e, pois me deles non poss’amparar
nen me leixan encobrir con meu mal,
direi-lles eu a verdade e non al:
direi-lles ca ensandeci
pola mellor dona que vi,
nen máis fremosa (lles direi de pran,
ca lles non quero negar nulla ren
de mia fazenda, ca lles quero ben),
nen pola que oj’eu sei máis de prez;
e, se m’ar preguntaren outra vez,
direi-lles ca ensandeci
pola mellor dona [que vi].
E, Deu-lo sabe, quan grav’a min é
de lles dizer o que sempre neguei!
Mais, pois me coitan, dizer-lle-la ei
a meus amigos, e a outros non,
mui gran verdade, si Deus me perdon:
direi-lles ca ensandeci
[pola mellor dona que vi].
E, se a eles viren, creerán
ca lles dig’eu verdade, u al non á,
e leixar-m’-an de me preguntar ja;
e, se o non ar quiseren fazer,
querê-lles-ei a verdade dizer:
direi-lles ca ensandeci
pola [mellor dona que vi].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 81, B 184a

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 170-171 [= LPGP 690]); Pousada Cruz (2013: 215-216); Littera (2016: II, 184).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 78-79); Carter (2007 [1941]: 48-49); Marques Braga (1945: 156-157); Machado & Machado (1949: I, 297-298); Camargo et alii (1995: 78-79); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 170).

Variantes manuscritas


2 non lle-lo] non lle lo (ouso dizer) A   3 amparar] enparar B   4 leixan] posseu B   5 direi] dire A; -lles eu a verdade e] lhis eu auerdade B   6 direi] Dire A; -lles] lhis B   7 vi] nūca uj B   8 nen] De B; lles] lhis B   9 lles] lhis B   10 ca lles] q̄lhis B   11 oj’eu] eu B; prez] prazer B   13 -lles ca ensandeci] lhis ca ensandori B   15 grav’] g̃ue B   16 lles] lhis B   17 -la-] lo B   19 si Deus me] se d’s mj B   20 direi] dire A; -lles] lhis B   22 a eles viren] eles uirē mj̄ B   23 lles] lhis B; u] du B   24 me] om. B   26 querê-lles-ei] querelles ei (eu) A : q̄irey lhis eu B   27 -lles ca] lhis q̄ B

Variantes editoriais


5 verdade] verdad(e) Michaëlis : verdad' Littera   15 min] mi Michaëlis, Littera   19 verdade ... me] verdad’é ... mi Michaëlis, Littera   22 creerán] creeran Michaëlis   23 verdade] verdad(e) Michaëlis

Paráfrase


(I) Pregúntanme por que ando sandeu, e non llelo quero eu xa ocultar máis; e, xa que non me podo librar deles nin deixan que manteña oculto o meu mal, direilles eu a verdade e non outra cousa: direilles que ensandecín pola mellor dona que vin, (II) e a máis fermosa –diréillelo realmente, pois non lles quero ocultar nada do que me pasa, porque lles quero ben–, e pola que hoxe eu coñezo de máis valía; e se de novo me preguntaren outra vez, direilles que ensandecín pola mellor dona que vin.

(III) E Deus sabe o difícil que é para min dicirlles o que sempre ocultei! Mais, porque me apreman, direi aos meus amigos, e a outros non, unha gran verdade, así Deus me perdoe: direilles que ensandecín pola mellor dona que vin.

(IV) E se eles a viren, crerán que eu lles digo a verdade, sen dúbida, e deixarán xa de me preguntar; e se tampouco o quixeren facer, querereilles eu dicir a verdade: direilles que ensandecín pola mellor dona que vin.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10c 10c 8D 8D (= RM 199:3)

Encontros vocálicos: 5 verdadee; 23 verdade,u

Notas


Texto
  • *

    Como acontece en moitas cantigas transmitidas por A e B(V), percíbense, para alén dalgunhas variaciacións de tipo lingüístico, un cambio de perspectiva, como se pode comprobar no v. 4 (leixan vs. poss’eu) ou no v. 22 (se a eles viren vs. se eles viren min): acreditarán nas súas palabras se ven a sennor (A) ou se ven o trobador (B).

  • 2

    Repárese na presenza da solución lhe-la (tamén no v. 17) para o conglomerado pronominal do CI lhes co CD o(s)/a(s). Tal aparición é un feito inusual no corpus, onde só se rexistra en sete cantigas (6.29, 199.19, 290.8, 886.9, 910.15, 1117.7) , tal como acontece actualmente na maior parte do territorio galego-portugués, coa neutralización lho(s)/lha(s).

  • 5

    Dun modo similar a erros de copia <o>/<ou> no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 65.32), neste manuscrito tamén existen varios casos de <e>/<ei> (coa lección correcta en BV), que deben ser postos en relación co feito de o cancioneiro ter sido copiado en Castela: direi <dire> A (177.27); primeiro <p’mero>, <primero> A (176.9, 196.15, 300.13); acordei <acorde> (247.16); Nogueira <noguera> A (1235a.5). No presente caso, nótese <direi> nos vv. 13 e 27.

  • 6-7

    O refrán heterométrico (8+10) que transmite B coa presenza de nunca no segundo verso (pola melhor dona que nunca vi) aparece nivelado metricamente en A coa anulación, mediante riscadura, do adverbio nunca.

  • 10

    Os datos subministrados polos cancioneiros revelan que as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.6 e 15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .

  • 17

    Como outras variantes desta cantiga, a version de B, dizer-lhe-lo-ei [o que sempre neguei], supón unha trivialización da máis complexa lección de A: dizer-lhe-la ei [mui gran verdade].

  • 19

    Fronte a posibilidade, con Michaëlis e Littera, de segmentar verdad’é de modo que este verso funcione como unha frase parentética, optamos por manter o paralelismo, con antecipación do pronome referido a verdade en dizer-lle-la-ei (v. 17), cos v. 5 e 26: direi-lles eu a verdade - dizer-lle-la-ei ... mui gran verdade - querê-lles-ei a verdade dizer.

  • 23

    A frase formularia u al non á ‘certamente, sen dúbida’ (25.11, 170.23, 358.27, 685.10, 1017.2 e 1231.21) concorre con outras variantes ao longo do corpus, co mesmo verbo aver (u non á al, non á i al etc.) ou co verbo jazer (u non jaz al ~ u al non jaz). Idéntico comentario pode facerse para as Cantigas de Santa Maria, en que se detectan os mesmos grupos fraseolóxicos (u al non averá ~ u non averá al, u al non jaz, u non aja al, u non ouvess’al, u outra ren non jaz etc.; véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. al, aver, jazer, u). Véxase nota a 597.13.

  • 26

    O pronome eu, que provocaría hipermetría no verso, presente en B aparece riscado no manuscrito da Ajuda.
    Por outra parte, o proceso de asimilación fonética [ɾʎ] > [ʎ] nas formas de futuro con pronome mesoclítico (véxase nota a 21.3) son moi ocasionais nos apógrafos italianos, como mostra neste caso B, que ofrece a lección querrei-lhis eu.

  1. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca > V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <> B, <que> V).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado