No Cancioneiro da Biblioteca Nacional, entre os vv. 10 e 11 aparece copiada a segunda estrofa da cantiga 359.
I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 425-426 [= LPGP 304-305]); Littera (2016: I, 334-335); Bruno (2022: 107-110).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 142-143); Carter (2007 [1941]: 129); Machado & Machado (1950: II, 176-177); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 358).
1 quen m’oj’a min] quemoia mj B 2 averei] anerey B 3 meu] men B 5 ous’] ons B 6 coit’andar] coyta andar B 8 amigo meu] meu amigo B 9 acordado foss’en me] acordo fosseme B 10 terra] teira B 11 fosse, ele] fosse ele A : fossel e B 12 eu ei] ouue B 13 u] ou B; fremosa] finosa B 14 ll’o] o B 15 me] mi B; lle] lhi B 16 m’a min] mhamj B; muit’] om. B 17 me] mj B; mas] mays B 18 viss’ela, pois que lle] urssela quando lhi B 19 jura soubesse] mra podesse B 20 lle] lhi B 21 per] por B; ‘strãiasse] estrahāsse B 24 diria] ditia B 26 xe me matará] xime mataria B 27 e o sei] eu sey B 28 foi quen] en B; levasse] lenasse B 29 levo nen foi quen s’end’] leno nē sey q̄ sen B
11 ele] el Michaëlis, Littera 13 ést'a] est'a Bruno 16 m’a min] mi a mi Littera 21 ‘strãiasse] ‘stranhasse Michaëlis, Littera, Bruno 24 de] nem Littera 27 e] e[u] Michaëlis, Littera
(I) Noso Señor, quen me dispuxese hoxe a min o que, segundo penso, nunca eu poderei dispor con canto poder teño, porque eu non coñezo hoxe a quen se aventurase ao que eu non me ouso aventurar, aínda que me vexo andar en maior coita que calquera outra coita que hoxe alguén puidese encontrar!: (II) algún amigo meu, se se lembrase e decidise afastarme antes da terra e me deixase ir e, unha vez que eu me fose, el chegase alí onde eu desexo chegar –onde está a niña señora moi fermosa–, e lle contase o moito que a amo, (III) e me dixese despois se lle pesou, aínda que a min iso me pesaría moito, así Deus me valla; mais eu faría ben cando a vise a ela despois se lle xurase, co maior xuramento que soubese facer, que nunca a soubera amar, de tal modo que ela me puidese reprender, (IV) e, desde entón, despois que eu así me xustificase, así Deus me salve, que nunca máis eu lle diría o mal da miña coita á miña señora, aínda que me matase o seu amor –que cedo me matará, seino con toda a certeza–, porque nunca existiu quen soportase tal coita (1) como a que eu soporto, nin existiu quen a imaxinase.
Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a + 10’a (= RM 161:139)
Encontros vocálicos: 11 fosse,‿ele
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición véxase nota á cantiga 15. No entanto, o carácter de cantiga ateuda desta composición non foi considerado por Michaëlis e Littera, que isolan sintacticamente todas as estrofas.
En Bruno, existe ligazón interestrófica ao longo de toda a composición, embora a interpretación sintáctica nalgunhas pasaxes sexa diverxente da que presentamos, nomeadamente no tránsito entre a primeira e segunda estrofa a partir do feito de non localizar no corpus a expresión achar coita. En calquera caso, nesta proposta editorial fica sen verbo principal a estrofa I:
pero me vej’en maior coit’andar
ca outra coita: que oj’om’achasse,algun amigo meu, ...
Non é precisa a emenda michaëliana de ele, de orixe métrica, pola sinalefa fosse‿ele.
A mudanza temporal en B, con utilización do pretérito ouve esixiu a omisión do suxeito para nivelar metricamente o verso: eu ei / ouve.
A lectura sintáctico-semántica neste verso é diverxente en Bruno pola consideración de pois como adverbio:
quand’eu viss’ela pois, que lle jurasse
qual maior jura soubesse fazer, / ...
Os resultados estrãiar (tamén en 236.15) e estraiar (véxanse 236.15, 857.18 e 996.9), con desnasalización, a partir de extraneāre, con caída de -n- intervocálico en vez da habitual palatalización do grupo [nj], son minoritarios mais conviven coa solución xeral estranhar (talvez por iso Michaëlis e Littera optaron pola variante de B neste caso). Vid. tamén nota a 103.1.
Canto á aférese de ‘strãiar, esta debe ser posta en relación coa tendencia á perda da vogal inicial e- cando seguido da secuencia vocálica /st/ en fonética sintáctica após vogal ou /n/, e que afecta en especial ao verbo estar, aínda que se rexistra tamén noutras voces: estar (ora ‘stou, 396.3; que ‘stevesse, 969.12; ali ‘stivi, 969.15; non ‘starei, 969.21; que ‘stava, 1445.6; quando ‘sté, 1588.21); estorcer (a ‘storcer, 1505.4); estrãiar (ela ‘strãiasse, 358.21); Estremadura (en ‘Stremadura, 1324.10). Véxase nota a 6.4, 18.16, 51.1, 73.19, 878.1.
Neste verso aparece a única ocorrencia da frase formularia se Deus me salve, absolutamente equivalente a se Deus me perdon e as súas variacións expresivas.
A intervención textual de Littera modifica levemente o sentido: o mal de mia coita vs. o mal nen mia coita.
Non é precisa a emenda eu na frase formularia e o sei, de relativa presenza, tamén en textos procedentes de A, no corpus, onde convive con eu o sei. A modulación da fórmula sen suxeito achega ton enfático que explica a próclise pronominal, e aínda conta con outras fórmulas expresivas moi similares (sei-o eu, aquesto sei eu, ben o sei, ben sei, esto ben sei, eu sei etc.). De calquera modo, a utilización de e o sei está garantida tamén en 212.14, 235.28, 423.12, 1023.14, 1115.7, 1419.10 e 1500.3, por máis que moi frecuentemente fose corrixida polos editores. Cfr. nota a 301.6.
Obsérvese a frase formularia u al non avera, variante de u al non á ‘certamente, sen dúbida’ (25.11, 170.23, 358.27, 685.10, 1017.2 e 1231.21), concorrente con outras variantes ao longo do corpus, co mesmo verbo aver (u non á al, non á i al etc.) ou co verbo jazer (u non jaz al ~ u al non jaz). Idéntico comentario pode facerse para as Cantigas de Santa Maria, en que se detectan os mesmos grupos fraseolóxicos (u al non averá ~ u non averá al, u al non jaz, u non aja al, u non ouvess’al, u outra ren non jaz etc.; véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. al, aver, jazer, u). Véxase nota a 597.13.