I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 89-90); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 69-70 [= LPGP 657]), Littera (2016: II, 117-118).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 61-62); Carter (2007 [1941]: 25-26); Marques Braga (1945: 85-86); Machado & Machado (1949: I, 223-224); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 128).
2 soubesse escolher] soube ssescolher B 3 min] mj B 4 om. B 6 me] mj B 10 por ben] pʳ bō B 12 d’atal] de tal B 14 osmar] e osmar B 15 nen] neu B; meu coidar] cuydar B 17 d’atal] de tal B 18 or’] ora B 22 devi’a] deuia a B 23 os] pʳ B 27 cuit’aver] coyta au’ B; mí] mj̄ B 28 devi’a] deuia a B
1 devi’a] devia Michaëlis, Littera 2 soubesse] soubess(e) Michaëlis : soubess’ Bertolucci Pizzorusso, Littera 3 min] mi Bertolucci Pizzorusso 6 me] mi Bertolucci Pizzorusso, Littera 10 por ben-prez e por ben-falar Michaëlis : per bon-prez e per bon-falar Bertolucci Pizzorusso : por bom prez e por bom falar Littera 12 d’atal] de tal Bertolucci Pizzorusso 15 coidar] cuydar Bertolucci Pizzorusso 17 d’atal don’a] de tal dona Bertolucci Pizzorusso, de tal don’a Littera 18 or’oistes] ora / oystes Bertolucci Pizzorusso : ora oístes Littera 22 devi’a] devia Michaëlis, Littera : devia a Bertolucci Pizzorusso 23 ollos] olhus Bertolucci Pizzorusso 27 cuit’aver come mí] coyt’aver come min Bertolucci Pizzorusso : coit’haver come mi Littera 28 devi’a] devia / a Bertolucci Pizzorusso : devia Littera, Bertolucci Pizzorusso 28 devi’a] devia / a Bertolucci Pizzorusso, devia Littera
(I) A señora que debía tomar quen ben a soubese escoller, esa ma fai Deus a min amar, e esa me ten no seu poder, e esa é a miña señora, e esa me fai o maior ben deste mundo desexar: (II) o seu ben que non ten par, tanto a fixo Deus valer por boa fama e por falar ben, por bo siso e por beleza; e non coñezo hoxe no mundo quen puidese saber mensurar o ben de tal dona, (III) nin a miña coita, penso eu, en que hoxe me vexo vivir, porque de tal dona cal me agora ouvistes falar teño que me privar de a ver, porque se a vise, farame ela ir lonxe de si moi triste e moi contra o meu desexo; (IV) por iso, non debía afastar os seus ollos de a ver (aquel) a quen Deus quixese dispor que ela llo queira permitir, porque os quitaría de alí para ter tal coita coma min: antes se debía de matar!
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8a (= RM 100:49)
Encontros vocálicos: 2 soubesse‿escoller; 18 mi‿or(a)
Tanto Michaëlis como Bertolucci Pizzorusso e Littera ligan as tres primeiras estrofas e isolan a derradeira. Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición véxase nota á cantiga 15.
A interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + inf. como devi’a / avi’a / ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22, 128.28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.
A lección de A é perfectamente correcta, co cualificativo con prez e co adverbio con falar, sen que sexa necesaria nivelación expresiva ou recurso á lección de B.
Na lingua trobadoresca a forma atal aparece en concorrencia coa forma simple tal, mesmo con convivencia das dúas variantes na mesma composición: nesta cantiga, v. 17 tal vs. 12 e 17 atal; 147, vv. 1, 8 e 15 tal vs. v. 14 atal; 200, vv. 24 e 26 tal vs. v. 15 atal; 222, vv. 4 e 10 tal vs. v. 8 atal etc.). Ademais, pode comprobarse como nos diversos manuscritos alternan as dúas formas: 82.11: atal don’amar A vs. tal dona amar B; 128.12 e 17: d’atal A vs. de tal B; 143.9: tenh’atal A vs. tenho tal B; 430.27: co[n]ven tal afan a sofrer A vs. conven atal afan sofrer B. Así mesmo, nalgún caso A ofrece atal onde B ofrece un verso hipómetro (véxase 202.15), ao tempo que B pode presentar a variante atal (vs. tal A) que debe ser corrixida para evitar a hipermetría (167.2, 188.2, 200.15). Cfr. nota a 83.7.
O sentido da pasaxe delata o carácter espurio da eventual copulativa e (saber osmar), con presenza adventicia en interior de verso, tal como se pode comprobar nalgunha outro contexto do corpus (véxase, por exemplo, 830.9), e moi especialmente no inicio de verso, onde é especialmente frecuente a necesidade da súa expunción, conforme se pode comprobar en diversas pasaxes ao longo do corpus en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9).
Littera presenta estes dous versos como senllas frases interrogativas.
A construción comparativa de igualdade con mí ~ min (come mí/min) é levemente maioritaria no corpus (42.21, 142.19, 218.14, 953.3, 1074.3, 1140.6 e 11), en liña co que acontece no galego moderno, onde só é posíbel coma min, a respecto da estrutura com’eu ~ come eu (43.15, 150.2, 723.20, 978.8, 1074.5 e 1593.r2). No corpus non aparece eu como segundo termo da comparación introducido por ca, feito moi raro na lingua medieval de que achamos escasísimas mostras. Véxase, por exemplo, nun documento de 1324, de Ferreira de Pantón:
pero si vos Domingo dos Sãõs, meu yrmao, ante morrerdes ca eu, que vos leyxedes o meu livre e quito en paz a min ou a quen eu mande (Fernández de Viana y Vieites 1994: 55).