1300 [= Tav 91,3]
Eno sagrado, en Vigo

Eno sagrado, en Vigo,
bailava corpo velido.
– Amor ei!
En Vigo, no sagrado,
bailava corpo delgado.
– Amor ei!
Bailava corpo delgado,
que nunc’ouver’amado.
– Amor ei!
Bailava corpo velido,
que nunc’ouver’amigo.
– Amor ei!
Que nunc’ouver’amigo,
ergas no sagrad’, en Vigo.
– Amor ei!
Que nunc’ouver’amado,
ergas en Vigo, no sagrado.
– Amor ei!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1283, V 889, N 6

Nos apógrafos italianos a orde das estrofas é a seguinte: I-II-IV-III-V-VI.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 445); Cunha (1999 [1956]: 384 [= LPGP 610]); Spaggiari (1980: 400-401); Fernández Guiadanes et alii (1998: 231); Cohena (2003: 518); Littera (2016: II, 81-82); Cohenb (2016c: 198); Monteagudo (2017: 58).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 303); Braga (1878: 166); Vindel (1915: VI); Oviedo y Arce (1917: 39-41); Bell (1923: 166-167); Nunes (1931: 26); Machado & Machado (1956: V, 395-396); Ferreira (1986: 134); Brea (1998: 99-100); Couceiro Pérez & Fontoira (1998: 25); Monteagudo (1998a: 99); Monteagudo (1998b: 117); Pena (1998a: 75); Pena (1998b: 90); Pena (1998c: 99); Montero Santalha (2004); Tavani (2014: 47).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 93-94); Nemésio (1961 [1949]: 116-117); Bernárdez (1952: 136); Nunes (1959: 360-361); Oliveira & Machado (1959: 102); Álvarez Blázquez (1975: 158-159); Landeira Yrago (1975: 85); Torres (1977: 154); Correia (1978: 74); Reckert & Macedo (1980: 160); Fiúza (1981: 61-62); Gonçalves & Ramos (1983: 264-265); Ferreira (1988: 75-76); Pena (1990: 148-149); Ferreira (1991: 88-89); Jensen (1992: 208); Delgado León (1996: 104); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 159); Morán (1999: 48); [Morán] (2001: 53); Arias Freixedo (2003: 599-600); Fidalgo (2009: 118).

Variantes manuscritas


1 sagrado, en Vigo] sagrade uigo BV   2 velido] uedilo V   4 En] E B   8 nunc’ouver’] nūca ouu’a B : nunca ouũa V   10 Bailava] Hu baylaya BV   11 nunc’ouver’] nūca ouu’a B : nunca ouũa V   13 nunc’ouver’] nūca ouu’a B : ouu’a V   14 sagrad’, en Vigo] sagredē uigo B   16 nunc’ouver’] nūca ouu’a B : nunca ouũa V   17 Ergas no uigo sag̃do B : ergas no uigo sag̃do V

Variantes editoriais


Nas edicións de Nunes, Cunha, Spaggiari, Fernández Guiadanes, Monteagudo, Cohenb e Littera a orde das estrofas é a seguinte: I- II-IV-III-V-VI.

1 sagrado, en] sagrad’en Spaggiari   4 no] [e]no Nunes, Cohena, Monteagudo, Cohenb   8 nunc’ouver’] nunca ouver’ Nunes, Cunha, Monteagudo : nunca ouvera Cohena, Cohenb   11 nunc’ouver’] nunca ouver’ Nunes, Cunha, Monteagudo : nunca ouvera Cohena, Cohenb   13 nunc’ouver’] nunca ouver’ Nunes, Cunha, Monteagudo : nunca ouvera Cohena, Cohenb   16 nunc’ouver’] nunca ouver’ Nunes, Cunha, Monteagudo : nunca ouvera Cohena, Cohenb   17 ergas en] ergu’en Nunes; en Vigo, no sagrado] no Vigo sagrado Spaggiari

Paráfrase


(I) No adro da igrexa, en Vigo, bailaba corpo belido. –Teño amor!
(II) En Vigo, no adro da igrexa, bailaba corpo delgado. –Teño amor!
(III) Bailaba corpo belido, que nunca tivera amigo. –Teño amor!
(IV) Bailaba corpo delgado, que nunca tivera amado. –Teño amor!
(V) Que nunca tivera amigo, agás no sagrado, en Vigo. –Teño amor!
(VI) Que nunca tivera amado, agás en Vigo, no sagrado. –Teño amor!

Métrica


Esquema métrico: 6’a 7’a 3B (I-II, V-VI) + 7’a 6’a 3B (III, IV) ***discutíbel!!! Cohen sempre 7-3

rima toante nalgunha estrofa***

Encontros vocálicos: 1 sagrado,‿en; 16-17 amado,/‿ergas

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga é a sexta da secuencia seriada que a crítica considera no conxunto das sete cantigas codaxianas (véxase nota a UC 1295).

    Esta cantiga, tal e como foi transmitida polo Pergamiño Vindel, tampouco presenta a orde canónica do leixa-pren, tal como acontece tamén coas cantigas 659 (de Nuno Fernandez Torneol) e 1297 (tamén de Martin Codax). Perante a dúbida levantada pola posibilidade dunha actuación propositada do poeta, con ruptura intencional do canon, respectamos o texto tal e como chegou a nós no manuscrito N.

    Canto á presentación do texto, interpretamos que en cada estrofa intervén unha voz narradora en terceira persoa, que describe a escena nos versos do corpo estrófico, e unha voz lírica, a da moza que declara o seu desexo amoroso, no refrán.

    Por outra parte, nesta, como na maioría das cantigas de Martin Codax (véxanse tamén UC 12951296, 1297, 1298), está presente, en maior ou en menor medida, a rima asoante ou toante, que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas composicións de Don Denis (583584585586606609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Paai Gomez Charinho (813839), Meendinho (848), Airas Nunez (864870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920922), Nuno Porco (1130), Joan Zorro (11611163116511661167116811691170), Pero Meogo (1204120512061208), Martin de Giinzo (12871288128912901291), Fernand’Esquio (1314).

  • 1

    O sagrado refírese, en concreto e con probabilidade, ao adro da igrexa (tamén nos vv. 4, 14, 17). Como noutras cantigas de romaría, percíbese nesta a función que tiña a igrexa ou ermida (resultado en moitos casos da cristianización de antigos lugares de ritos pagáns) como lugar de encontro e relación social e quizais como lugar de celebración de ritos de iniciación, con cantos e danzas, que serían, tamén, continuación de antigos ritos precristiáns de propiciación da fecundidade.

    A moza, con desexo amoroso, exhibe a súa beleza danzando perante a comunidade no baile ritual asociado á romaría, no terreo sagrado do adro. Talvez como índice dese carácter de iniciación haberá que entender  a alusión a que a moza só ouvera amigo/amado no sagrado da igrexa.

  • 5-7

    O corpo delgado de Martin Codax lembra a Sennor do corpo delgado de Pero da Ponte (985.1), así como o refrán da cantiga 657. En calquera caso, do punto de vista semántico delgado envolve tamén o sentido orixinario do lat. delicatum ‘que agrada aos sentidos, delicioso, elegante, voluptuoso’.

  • 14

    De novo aparece nunha cantiga de Martin Codax a rara variante ergas, case exclusiva do rexistro poético. Fronte á forma preposicional de uso xeral ergo (‘excepto’), a variante ergas concéntrase nas cantigas de amigo (cunha única excepción en 1590.10), pois só existen cinco rexistros neste xénero; deles, catro corresponden a Martin Codax (1298.14, 17; 1300.14, 17).
    A estas ocorrencias nas cantigas de amigo aínda debemos acrecentar a súa presenza nun refrán en Joan Lopez d’Ulhoa:
              erga-lo meu, querria
              morrer oj’este dia (715.r1).

    Certamente, a variante ergas procede de ergo, coa adición do -s adverbial e refacción da forma por analoxía con outras antigas do tipo foras ou nuncas, a semellanza do que aconteceu co adxectivo certo xerou o adverbio medieval certas (véxase Ferreiro 1999:352). Na realidade, a forma ergas ficou practicamente confinada ao ámbito literario da cantiga de amigo, e case exclusiva de Martin Codax, pois en toda a produción prosística medieval só conseguimos localizar nove ocorrencias de tal voz, todas elas en textos iniciais do século XIII, o que demostra o apagamento de ergas na lingua común, sen dúbida presionada pola variante latina ergo, máis prestixiosa, ou polas restantes formas sinonímicas (véxase CGPA, s.v.)1 .

  1. ^

    Con todo, existen cinco atestacións da variante analóxica erga (inducida por outros adverbios como fora, nunca..., mais sen -s adverbial), que sobrevive até o final da Idade Media, a teor da súa aparición entre 1262 e 1432.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado