I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 258); Spampinato Beretta (1987: 133-134 [= LPGP 292-293]); Littera (2016: I, 325).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 103); Carter (2007 [1941]: 77); Marques Braga (1945: 242); Machado & Machado (1949: I, 392-393); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 228).
1 Niun] Nen hun B 5 u vos] U uus A : Huus B 7 o] eu o A 8 ced’, aquant’é meu coidar] cede qʷnte meu cuydar B 10 mi aqui tamanna coita] maqⁱ tamanha oita B 11 u vos] U uus A : Huus B 13 E nunca] {e} ([N]) n unca A 17 vos] uus A
1 Niun] Nẽum Littera 5 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta 11 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta 15 a qual] aqual Littera 17 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta
(I) Ningún remedio coñezo, señora, para esta coita que me fai ter esa vosa fermosura; e, xa que teño tamaña coita aquí onde vos vexo, fermosa miña señora, que farei xa desde que me eu for de aquí?
(II) E perdín o sono, e cedo hei de perder o siso, segundo eu penso, porque non sei nesta situación que facer; e, xa que tamaña coita me ven aquí onde vos vexo, fermosa miña señora, que farei xa desde que me eu for de aquí?
(III) E nunca eu vin ter unha coita tamaña a ninguén, así Deus me perdoe, como a que eu hoxe teño no meu corazón por vós; e, pois tal coita teño aquí onde vos vexo, fermosa miña señora, que farei xa desde que me eu for de aquí?
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:53)
Encontros vocálicos: 10 mi‿aqui
En convivencia con outras fórmulas alternativas (véxase nota a 65.3, 230.10, 415.29), a frase formularia de tipo relativizante por excelencia é a meu cuidar ou a meu coidar (tamén ao meu cuidar, 435.17; en meu cuidar, 746.3; a seu cuidar, 1659.3), que aparece con frecuencia ao longo do corpus da poesía trobadoresca profana. Ora ben, esta formulación presenta outras variantes amplificadas, como aquant’é meu coidar (tamén en 275.8), que conviven con quant’é meu cuidar (187.9, 549.14, 1186.1) e quant’é a meu cuidar (só en 454.5) e con outras variantes aínda máis extensas: segundo quant’é meu cuidar (1401.10), segund’agora meu cuidar (92.2).
Por outra parte, nótese a variación aquanto A vs. quanto B, en liña con outras do tipo atanto / tanto, atal / tal etc.
A forma aqual en Littera, talvez gralla, parece indicar unha hipotética (e inexistente) forma con a- protético similar a aquanto, atanto, atan ou atal.