I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 433 [= LPGP 92]); Lorenzo Gradín (2008: 88); Littera (2016: I, 47).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 7); Braga (1878: 1-2); Carter (2007 [1941]: 130-131); Machado & Machado (1950: II, 189); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 363).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 259-260).
2 me aver] mauer BV; vós] nos B 4 averra] aueira B; bõa] boa BV 5 averei] uerey {A reffran} A; me] mi BV 6 coraçon] corazon V 7 E] om. A 8 quero] q̄to V; gran] om. BV 9 vos] uos A; sei eu] seu BV 10 averra] aue ira B; par] pᵉ BV 11 me] mi BV 13 m’algun] mi algū BV 14 meu] om. A : men V 15 vos] uos A 16 vós] nos B; ouver] oer BV 17 me] mj B : mi V
2 me aver] m(e) aver Michaëlis 4 mi averra] m’averra Michaëlis 9 vos] vos Michaëlis 10 mi averra] m’averrá Michaëlis 13 m’algun] algum Littera 15 vos] vos Michaëlis
(I) Señora, que difícil me é a min hoxe ter que me afastar de vós, porque sei, claramente, o que me pasará cando eu me vaia, sen dúbida: terei, así Deus me perdoe, gran coita no meu corazón!
(II) E unha vez que afaste os meus ollos de vós, a quen amo, e non vos vexan, sei eu ben, señora, o que me acontecerá, por Deus: terei, así Deus me perdoe, gran coita no meu corazón!
(III) E se Deus non me der algún ben de vós, a quen vin para a miña desgraza, en moi triste día vos vin: se non teño de vós algunha recompensa, terei, así Deus me perdoe, gran coita no meu corazón!
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:317)
Encontros vocálicos: 2 me‿aver; 4 mi‿averra; 10 mi‿averra
Nótese a variación ouver A ~ oer BV que apaga as formas do tipo oer ~ ouer, oera, oesse. O radical xeral para os tempos de pretérito de aver é ouv-, como resultado da metátese de wau e fricativización de -b- a partir do radical latino habu-. Ora ben, -b- intervocálico tamén pode desaparecer (Ferreiro 1999: §54c), como mostran diversos resultados que proban esta evolución diverxente nos tempos de pretérito de aver. Para alén de ouer (10.18), así acontece coas formas oer, oera e oesse presentes no corpus, sempre a partir das leccións dos apógrafos italianos, por o Cancioneiro da Ajuda sempre presentar a forma ouver (e afíns): se mi-o logo a tolher oer / mia vezinha (11.27), se vos eu oesse desamor (23.13), mentr’eu vosso desamor oer (23.32), pois eu esto feito oer (29.19), mentr’oer esta senhor que oj’ei (38.9), U lhi conven, oera de tornar (45.8), quand’eu de vós oer / desamor (46.23), pois que lh’esto feit’oer (96.8), quen vos oer a desejar (107.18), pois end’o poder oer (561.6), farei eu por vós quanto fazer oer (725.26), poi-la dona seu amig’oer (759.15), pois eu oer / por mia senhor mort’a prender (1064.13). A estas ocorrencias aínda hai que lles acrecentar aqueloutras en que os apógrafos italianos presentan esta variante fronte ao resultado maioritario en A: 66.15 (ouvesse A vs. oess(e) B); 64.4, 65.22, 68.11, 81.18, 141.6 (ouver A vs. oer B). Véxase tamén notas a 10.18 e 372.4. Cfr. notas a 130.23 e 534.4. Véxase Ferreiro (2016a: 119-127).