386 [= RM 70,9]
Amigos, non poss’eu negar

Amigos, non poss’eu negar
a gran coita que d’amor ei,
ca me vejo sandeu andar
e con sandece o direi:
os ollos verdes que eu vi
me fazen ora andar assi.
Pero quen-quer x’entenderá
aquestes ollos quaes son,
e dest’alguen se queixará;
mais eu ja, quer moira quer non,
os ollos verdes que eu vi
[me fazen ora andar assi].
Pero non devi’a perder
ome que ja o sén non á
de con sandece ren dizer,
e con sandece dig’eu ja:
os ollos verdes que eu vi
me fazen ora andar assi.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 229, B 419, V 30

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 447); Nobiling (2007 [1907]: 68-69 [= LPGP 442]); Littera (2016: I, 510).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 19); Braga (1878: 6-7); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 527 [estrofa I]); Carter (2007 [1941]: 133); Machado & Machado (1950: II, 236-237); Domingues (1992: 25); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 386).
III. Antoloxías: López-Aydillo (1914: 41-42); De las Casas (1928: 34); Seoane (1941: 70-71); Fernández Pousa (1951: 61); Piccolo (1951: 34-35); Nunes (1959: 235); Álvarez Blázquez (1975: 110); Gonçalves & Ramos (1983: 152); Dobarro Paz et alii (1987: 102); Alvar & Beltrán (1989: 259); Pena (1990: 42); Sansone (1990: 118); Ferreira (1991: 24); Jensen (1992: 154); Alonso Girgado (1992: 77); Pena (1993: 117); Delgado León (1996: 66-67); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 92); Diogo (1998: 152); Morán (1999: 43); [Morán] (2001: 46); Arias Freixedo (2003: 466-467); Alvar & Talens (2009: 532); Fidalgo (2009a: 42); Souto Cabo (2017: 120).

Variantes manuscritas


1 eu] en V   3 sandeu] sauden V   4 sandece] sandice BV   6 fazen] façen A   8 aquestes olhos quaes] aq̄sios olhꝯ q̄es V   13 devi’a] deuia a BV   14 non á] o a B : oa V   15 sandece] sandice B : sandico V   16 sandece] sandice BV   17 verdes] uerdas B

Variantes editoriais


6 ora] or(a) Michaëlis   12 ora] or(a) Michaëlis   13 devi’a] devia a Nobiling, Littera   18 ora] or(a) Michaëlis

Paráfrase


(I) Amigos, non podo eu negar a gran coita de amor que teño, pois sandeu me vexo andar e con sandice o direi: os ollos verdes que eu vin me fan agora andar así.

(II) Porén, calquera comprenderá cales son estes ollos, e diso alguén se queixará; mais a min xa, quer morra quer non, os ollos verdes que eu vin me fan agora andar así.

(III) Mais quen xa non ten siso non debía perder nada por dicir algo con insensatez, e con insensatez digo eu xa: os ollos verdes que eu vin me fan agora andar así.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8a 8b 8C 8C (= RM 99:50)

Encontros vocálicos: 6 oraandar; 12 oraandar; 18 oraandar

Notas


Texto
  • 4

    A voz sandece (vs. sandice, cfr. tamén sandez) é voz sempre transmitida polo Cancioneiro da Ajuda, pois sandice é maioritaria e típica dos apógrafos italianos. Así, por exemplo, 389.19, onde aparece sandece en A fronte a sandice en BV, e, mesmo, en B e V se producen erros obvios, xa que sandice aparece en rima con -ece (merece, crece, parece) en 1135.1 (BV), 1435.23 (V) e 1535.17 (B).

  • 5

    O motivo dos ollos verdes é exclusivo de Guilhade (véxase tamén a cantiga 758), mais cfr. o refrán Vós avedes os alhos verdes, e matar-m’-iades con eles! de 1471. De calquera xeito, pode verse noutros textos a asociación entre os ollos verdes, a beleza e o amor, como acontece na Crónica Troiana, na descrición de Troilos:

    Et era moy aposto et moy mesurado, et auj́a seu cabelo lene et ben aposto, et os ollos uerdes et cheos d’amor (Lorenzo 1985: 275).

    Igualmente na Polícena:

    Sabede que Políçena era grãde et de bon tallo, et auj́a os cabelos bru͂us et moy longos, et os ollos uerdes ... (Lorenzo 1985: 275, 278).

    Tamén nesta mesma obra aparece suxerida a relación (negada) entre os ollos verdes e a mentira na descrición de Patroclo:

    Patrúcolus auj́a moy bon corpo, et era longo et dereyto et fremoso et cortés, et era moy sisudo, et auj́a os ollos moy uerdes, et dezía senpre uerdade, et nõ era nu͂ca sañudo, mays era senpre alegre todauj́a, et era moy uergonçoso, et nõ quería faleçer e͂no que prometía (Lorenzo 1985: 269).

    E na Historia Troiana:

    Patróculus avía bõo corpo e era longo e fremoso e dereitureiro e cortés, e era moi sesudo. Et avia os ollos verdes. Et senpre dezía verdade. Et nunca era sañudo, mais ante era grande maravilla en como toda vía era alegre. Et era moi vergoñoso e non quería mentir nen falescer de todo o que prometía (Pichel Gotérrez 2014: II, 1.546).

  • 6

    É de subliñar en A a forma gráfica <façen> fazen (similar a <praçer> prazer en 80.10), nun ámbito fonolóxico –as sibilantes– onde se detectan grafías diversas e algúns lapsos, probabelmente sen transcendencia fonolóxica. Véxanse tamén notas a 66.21, 69.7, 88.15 e 89.2.

  • 10-12

    Nótese o anacoluto sintáctico nestes versos, frecuente en Guilhade. Neste caso, a aparición de eu no v. 10, na súa forma de suxeito, encobre un CI relacionado con fazen (v. 12).

  • 13

    A interpretación das secuencias do tipo <deuia> (cfr. devia a en BV), <auia>, <ouuera> + inf. como devi’a / avi’a / ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22, 128.28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado