1469 [= RM 66,4]
Meus amigos, pois me Deus foi mostrar

Meus amigos, pois me Deus foi mostrar
a mia senhor, que quero mui gran ben,
trobei eu sempre polo seu amor,
e meu trobar nunca me valeu ren
contra ela, mais vedes que farei:
pois me non val trobar por mia senhor,
oimais quer’eu ja leixar o trobar
e buscar outra razon, se poder,
por que possa esta dona servir;
e veerei se me sequer fara
algũu ben per que possa partir
mui grandes coitas do meu coraçon;
e sei que as[s]i me conselhará
o meu amigo, que me gran ben quer,
ca d’outra guisa non posso aver [i]
conselho ja per esta razon tal,
ca, amigos, da morte pret’estou
se mi a esto Nostro Sen[h]or non val,
pero da morte ei sabor, a la fe,
ca, se morrer, diran que me matou
a melhor dona que eu nunca vi.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 1450 (f. 301v, cols. a-b), V 1060 (f. 172v, cols. a-b)
[Cantiga de Amor]

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 525-526 [= LPGP 430]); Littera (2016: I, 497-498).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 368); Braga (1878: 202); Machado & Machado (1958: VI, 150-151).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 221); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 90).

Variantes manuscritas


1 mostrar] mostrᵉ B   2 mia] ma B   4 e] Et B   8 outra] outᵉ B   9 por] p V   10 Et uey erē seme fara seq̄r B : τ uey etēseme fara seq̄r V   11 algũu ben] Al grā bē B : al gaijbē V   12 coraçon] corazō BV   15 posso] possa B   17 ca] Ca eu B : ca eu V; pret’estou] pᵉestou B : p̄stestou V   18 mi a] ma V   19 morte] nʳrce B : m̄ze V; sabor] sabo’ B : saba et V   20 morrer] mojrer B : morrez V; matou] marou B

Variantes editoriais


9 por] per Nunes   10 sequer fara] fará sequer Nunes   11 algũu ben] algua ren Nunes : algum ben [já] Littera   15 posso aver] poss(o) aver Nunes : poss’haver Littera   17 ca] c(a) eu Nunes : ca eu Littera   18 mi] m’ Nunes   19 morte ei] mort’ei Nunes : mort’hei Littera

Paráfrase


(I) Meus amigos, despois de me Deus mostrar a miña señora, que amo moito, trobei eu sempre polo seu amor, e o meu trobar nunca me valeu de nada contra ela, mais vede o que farei: xa que de nada me vale trobar pola miña señora, de hoxe en diante quero deixar o trobar (II) e buscar, se puider, outra vía pola que poida servir esta dona; e verei se me fará sequera algún ben polo que poida afastar as grandes coitas do meu corazón; e sei que así me aconsellará o meu amigo que me aprecia moito, (III) pois doutro xeito non podo ter remedio para isto, por esta razón: porque, amigos, estou preto da morte se Noso Señor non me socorre nesta causa, mais gústame a morte, abofé, pois, se morrer, dirán que me matou a mellor dona que eu nunca vin.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10c 10b 10d 10c 10a (= RM 242:1])

Encontros vocálicos: 15 possoaver; 18 mia; 19 morteei

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga presenta diversas intertextualidades con outras composicións do corpus (véxase Gonçalves (2016 [1992]: 231-232). O v. 7 foi aproveitado como incipit da cantiga UC 496, de Don Denis, unha mostra de intertextualidade (alusiva), embora na cantiga de Joan de Gaia os manuscritos non reflictan a asimilación do artigo (leixar o trobar vs. leixa-lo trobar). Ademais, o v. 21 de Joan de Gaia semella reaproveitar o íncipit dunha cantiga de Fernan Garcia Esgaravunha (A melhor dona que eu nunca vi218.1).
    Nin na edición de Nunes (só parece ligar as estrofas I-II) nin na de Littera é contemplada a ligazón interestrófica global nesta composición, nin tampouco foi incluída na relación de ateúdas de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).

  • 2

    En principio, a variante ma de B (vs. V) é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18). Porén, débese advertir que, en xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.4, 625.1, 636.1, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).

  • 7

    Nótese como este verso final de estrofa reitera o íncipit da cantiga dionisina Oimais quer’eu ja leixa-lo trobar (UC 496), unha mostra de intertextualidade (alusiva). Véxase Gonçalves (2016 [1992]: 231-232).

  • 10

    O sistema de rimas na cantiga xustifica a inversión fara sequer > sequer fara, para así ter unha rima c () e o mesmo esquema estrófico nas tres cobras. É este un erro de copia que con frecuencia aparece ao longo dos cancioneiros, cunha inversión (errada) de elementos na secuencia final de verso, delatada pola rima (véxase para outros casos similares 215.1, 383.12, 421.18, 590.1, 626.14, 688.20, 796.5, 938.16-17 etc.).

  • 15

    O adverbio i como palabra rimante é a única posibilidade para completar o verso, sobre todo tendo en conta a frecuencia con que este adverbio aparece en expresións verbais en que intervén conselho. Eis algunhas mostras: 

    mais, por end’, ora que farei,
    que non sei eu est’en sazon
    de por én conselh’i poer? (52.7).

    E non atend’eu, mao pecado,
    de nunca i máis de consell’aver (73.4).

    E, pois que lh’esto feit’oer,
    outro conselho á i d’aver (96.4) etc.

  • 17

    A imposibilidade de crase (Nunes) ou sinalefa (Littera) con ca fai necesaria a expunción do pronome eu, que con frecuencia aparece espuriamente introducido no texto das cantigas; por exemplo, así se verifica nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 282.10, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.

  • 19

    A locución adverbial modal a la fe ‘certamente, en verdade, sen dúbida’, presenta a variante a la minha fe (533.15) e é similar a a bõa fe (1319.6 e 13) e a per bõa fe, a fórmula maioritaria no corpus. A la fe (230.5, 241.29, 890.11, 1008.4, 1261.16, 1499.5, 1547.1, 1619.10) mantén a forma arcaica do artigo, que ficou petrificada na locución, e que é utilizada tamén na prosa, como na Crónica Geral Galega

    quando os yrmãos viu descabeçados ante sy, entẽdeu que assy yriã ata el, a la fe, et assi sse acabaria (Lorenzo 1975: I, 198). 

    O seu uso chega como mínimo ao século XV, pois aínda se rexistra en Fernão Lopes: 

    A lla fe, disserom, se nom buscaremos nós outro que rreine sobre nós, que tenha cuidado de manteer o poboo em dereito e em justiça e nom leixe as cousas que tem de fazer de sua fazenda por hir ao monte e aa caça andar um mes (Macchi 2004: 224).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado