I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 257); Spampinato Beretta (1987: 127-129 [= LPGP 293-294]); Littera (2016: I, 324-325).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 103); Carter (2007 [1941]: 76); Marques Braga (1945: 240-241); Machado & Machado (1949: I, 392-393); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 227).
1 coidava] cuyda ua B 4 eno] no B 7 coit’andava] coyta andaua B 11 mí] mī A 13 E, u eu] Ecu B 14 dizer] dixer B 15 me fez escaescer] mi fezescaecer B 17 pude rogar] pudi rogʷr B
1 coidava] cuidava Littera 6 desejava] deseiava Spampinato Beretta 9 faz] fez Michaëlis 10 todo] tod’o Littera
(I) Agora vexo eu o que eu nunca coidaba ver no mundo mentres vivise: vin unha dona ser máis fermosa que cantas outras no mundo vin, e por ela logo abandonei todo canto eu no mundo desexaba.
(II) E se eu antes andaba en moi gran coita, xa esta dona me fai ter outra maior, porque Deus, para o meu mal, me fai comprender todo o seu ben, e despois comprendino; mais foi en tan mal día para min que ando máis coitado do que andaba antes.
(III) E cando eu vin o moi ben que falaba e lle ouvín dicir canto ben dixo, todas as outras cousas me fixo esquecer, certamente: despois de lle ouvir todo isto, nunca desde entón lle puiden rogar por nada do que antes lle rogaba.
Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10c 10c 10’a (= RM 189:18)
A combinación do indefinido al co relativo quanto, tanto en al quanto (784.18), como en quanto ... al (227.6) e, sobre todo, quant’al (89.24, 134.13, 215.7 e 9, 267.21, 416.20, 447.5, 1045.20, 1195.16 e 1327.16) constitúe unha locución indefinida relativa co significado de ‘todo aquilo que, todo canto’.
Pois, en poi-lo entendi, é adverbio de tempo (‘despois’).
A grafía <sc> que mostra escaescer aparece nas cantigas profanas en vez de <c> ou <ç> [ts], en xeral na desinencia de verbos incoativos, especialmente no Cancioneiro da Ajuda: connoscer (117.19, 138.2, 142.16 <conhocer> B), connoscesse (127.21 <cõnosciesse> A, <conhocesse> B), escaescer (130.13, 138.10, 227.15 <escaecer>~<escaeçer> B), escaescerá (175.28 <es caeçera> B), nasci (140.3 <naci> B). Mais en B e V tamén se rexistran algunhas voces con esta grafía latinizante, a maioría das veces concentradas na derradeira parte do cancioneiro galego-portugués: conhoscer (1015.15, 1630.3), falescer (1586.13) e parescer (1612.2, 7, 9 e 21; 1613.2 e 4). E só en tres ocasións localizamos variación entre os dous apógrafos italianos: gradecer <gradecer> B vs. <gradescer> V (1378.1); conhocedes <cognosceds̄> B vs. <conhoçeds̄> V (1480.19); conhoceria <conhoceria> B vs. <donhosceria> V (1630.9). Cfr. nota a 68.11.