466 [= RM 18,31]
Par Deus, senhor

Par Deus, senhor,
enquant’eu for
de vós tan alongado,
nunca en maior
coita d’amor
nen atan coitado
foi eno mundo por sa senhor
omen que fosse nado,
penado, penado,
se[n] nulha ren:
sen vosso ben,
que tant’ei desejado
que ja o sén
perdi por én
e viv’atormentado
sen vosso ben, [e] de morrer én
ced[o] é mui gu[i]sado,
penado, penado,
ca log’ali,
u vos eu vi,
fui d’amor aficado
tan muit’en min
que non dormi
nen ouve gasalhado,
e, se m’este mal durar assi,
eu nunca fosse nado,
penado, penado.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 

Manuscritos


B 470

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 57-59 [= LPGP 156]); Paredesa (2001: 159); Paredesb (2010a: 139); Littera (2016: I, 86-87).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 155-156); Machado & Machado (1950: II, 324-325); Paredes (2010b: 108-111); Paredes (2010c: 77-78); Rios Milhám (2018b: III, 466).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 32-33); Seoane (1941: 61 [estrofa I]); Nunes (1959: 240-241); Oliveira & Machado (1959: 32-33); Tavares (1961: 13-14); Spina (1972: 318); Montoya (1988: 316-317); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 31); Diogo (1998: 173-174); Magalhães (2007: 117); Mongelli (2009: 30).

Variantes manuscritas


7 por] poi B   16 morrer] moirer B   19 ali] alhy B   20 vos] uos B

Variantes editoriais


Todos os editores dividen os vv. 7 (foi eno mundo / por sa senhor), 16 (sen vosso ben, de morrer én) e 25 (e se m’este mal / durar assi).

4 nunca] nunc(a) Nunes : nunc’ Littera   6 nen] [e] nem Littera   16 [e]] om. Nunes, Paredesa, Paredesb, Littera   17 ced[o]] ced’ Nunes, Paredesa, Paredesb; é] e Paredesa, Paredesb   22 min] mi Nunes, Paredesa, Paredesb, Littera   25 e] om. Littera

Paráfrase


(I) Por Deus, señora, mentres eu estiver tan lonxe de vós, nunca en maior coita de amor nin que tanto padecese por causa da súa señora houbo no mundo ningún home, penado, penado, (II) sen nada: sen o voso ben, que desexei tanto que xa perdín o xuízo por iso e vivo atormentado sen o voso ben, e o máis axeitado é morrer axiña por causa diso, penado, penado, (III) porque alí onde eu vos vin, logo fun tan atormentado de amor que non durmín nin tiven ningún pracer, e se este mal me ha de durar, oxalá eu nunca nacese, penado, penado.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 4a 4a 6’b 4a 4a 5’b 9a 6’b 5’B

Encontros vocálicos: 4 nuncaen; 24-25 gasalhado,e

Notas


Texto
  • *

    Todos as anteriores edicións presentan unha estrutura métrica irregular polo feito de dividiren os vv. 7, 16 e 25, de modo que a medida de todos os versos oscilaría entre 4 e 6 sílabas, mais cun evidente problema rimático, xa que nas estrofas I e III existiría un verso sen rima. Non obstante, a copia do Cancioneiro da Biblioteca Nacional só segmenta o v. 16, pois o vv. 7 (estrofa I) e 25 (estrofa III) aparecen correctamente copiados como eneasílabos; en consecuencia, aplicamos a mesma estrutura para a estrofa II, coa unión nun único verso dos segmentos textuais divididos en B (véxanse as rimas así estabelecidas en Montero Santalla 2000: 384-385).
    Por outra parte, presentamos o texto con ligazón sintáctico-discursiva entre as súas tres estrofas, aínda que non fose incluída na relación de ateúdas de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), nin fose así contemplado en ningunha das precedentes edicións. Véxase nota á cantiga 15.

  • 6

    Este verso é hipométrico, pois debería ser hexasilábico, medida que Littera consegue coa integración da copulativa.

  • 10-18

    Nótese como na estrofa aparece repetido sen vosso ben nos vv. 11 e 16, para ligar o inicio da estrofa coa conclusión final, onde é necesaria a presenza da forma verbal é (v. 17), que foi interpretada como copulativa por Paredes. Ademais, o eneasílabo esixe a restauración da copulativa no v. 16, ao tempo que a vogal final de cedo no v. 19 é necesaria para a correcta medida hexasilábica deste verso.

  • 12-15

    A repetición de sen vosso ben obriga a considerar estes versos como unha longa frase parentética.

  • 19

    Fronte á moi rara grafía <nh> por <n> (véxase nota a 1015.7), o erro gráfico <lh>/<l> aparece con algunha frecuencia ao longo dos dous cancioneiros italianos apógrafos (con maior incidencia en V), e moi especialmente nun pequeno número de voces: ali <ali> A, <alhi> B (313.10); <alhy> B (466.19); <a(lhy)ly> B, <aly> V (1317.15); <aly> B, <alhy> V (1473.15); <ali> B, <alhi> V (1479.3); o pronome persoal tónico de P3: eles <elhes> B, <elles> V (489.17); ela <elha> B, <ela> V (632.18); elas <elhas> BV (1205.7); elos <elhꝯ> BV (1205.10); o verbo falar, con diversas flexións: falar <falar> B, <falhar> V (599.5); <falar> AB, <falhar> V (996.17); <falhar> V (1010.13); <falar> B, <falhar> V (1033.7); fala <fala> B, <falha> V (958.19); fale <fale> B, <falhe> V (722.11); e no substantivo vassalo(s): <uassalos> B, <uassalhos> V (925.13); <vassalo> B, <ua ssalho> V (1503.10). Noutros vocábulos, a aparición de <lh> por <l> é moito máis esporádica: ala <alha> B, <ela> V (1252.27); camela <camelha> V (1449.16); olas <olhas> B, <olas> V (1634.8); velida <uolhi da> BV (676.12) etc.

  • 24

    O substantivo gasalhado, en xeral coa acepción de ‘pracer (compartido)’ (véxase nota a 1192.13), é voz utilizada preferentemente en cantigas de amigo: fóra deste xénero só volta aparecer en 466.24 e 1487.15.

  • 24-25

    A episinalefa gasalhado‿/‿e resolve metricamente o verso, fronte á expunción da copulativa (Littera).

  • 25-26

    Nótese a anómala consecutio temporum, pois a frase principal, exclamativa, en pretérito de subxuntivo, leva unha cláusula condicional en futuro de subxuntivo.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado