I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 192-193 [= LPGP 262-263]); Pagani (1971: 149); Lopes (2002: 515); Littera (2016: I, 274-275).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 316); Braga (1878: 173-174); Machado & Machado (1958: VI, 48-49).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 240-241).
1 Foan] foaōo B : foaaō V; dizedes] dizede V 3 molher] malhr’ B : malh’i V 4 essa] etra B : efra V; teedes] doedes V 5 o que vos] cam uos B : eq̄ / uos V; praz] pram B 6 per bõa fe] ꝑdon tē τ V 7 é ela] ꞇ / el et V; tan] dan B; bõa] bra V 8 filha ... assaz] Filhal ... assam B 9 tenhades] cenh ades B 10 senhor] señ V 12 o] om. B 13 filharades en cos] filha pados en os B 14 pera] pero B; igual] hog̃l B : hyel V 16 filha] Filhal B; vós] uꝯ BV 20 onrado] ontrado V 21 vós] uꝯ BV; dan] dar V 22 preço] p̃co B : p̃za V 23 é] et V; ela] eha B 24 filha] Filhal B; e ben de pran] om. B : et bē de pram V
Os vv. 8 de cada estrofa son editados como refrán en Lopes e Littera.
1 Foan] Foão Lapa, Lopes, Littera 4 essa] esta Pagani 5 o que] como Lapa, Lopes, Littera 6 bõa] bona Pagani 7 é] om. Lapa; tan] [a]tan Lapa; bõa] bona Pagani 8 e] é Lapa 10 ben-fazer] ben fazer Lapa, Pagani : bem fazer Lopes, Littera 14 molher] mulher Lopes, Littera 23 todo ben] tod’o bem Lopes, Littera 24 e] et Pagani
(I) Se vós, Don Fulano, dicides que deverades de casar con muller de maior status que esa que vós tendes, dicides o que vos peta, pois para vós, certamente, ela, que tan boa é, é ben abondo fidalga.
(II) Aínda que vós pensedes que, como recompensa do (voso) señor, deberiades casar mellor, señor, nunca o digades, pois se tomarades muller para vós sen nada, tan igual coma ela, que tanto vale, é fidalga para vós.
(III) Xa que estades tan ben casado, non debedes dicir outra cousa sobre iso, senón agradecer moito a Deus un casamento tan honrado, pois para vós, xa que vos consideran home de bo criterio, ela, que encarna todo o ben, con certeza é fidalga abondo.
Esquema métrico: 3 x 7’a 8b 8b 7’a 8c 8d 8d 8c (= RM 177:2)
Face á lección dos manuscritos que aparentemente levaría para unha interpretación Foão, trisilábica, o decasílabo mostra que a forma correcta debe ser Foan (do ár. fulān): de feito, a confusión entre ambas as formas é relativamente frecuente nos apógrafos italianos, dun modo similar ao que acontece con Estevan ~ Estevão (de Stephanum, coa primeira forma por posición proclítica) ou vilan ~ vilão (do lat. vīllānum), todas elas con diferente contaxe métrica. De todos os modos, a mesma situación se produce en 484.1 e 1330.1, ao tempo que noutras pasaxes comparece Foan en vez de Foão (1332.5 e 12, 1464.1 e 4, 1633.2).
No relativo á duplicación vocálica (gráfica) nas formas <foaōo> de B e <foaaō> de V, véxase nota a 382.21.
O sintagma maior logar ‘importante posición e/ou condición social’ pode verse noutras obras:
E ainda ha outra onrra q(ue) ley non podẽ faz(er) senõ os mayor(e)s senhores assy como enp(er)ador(e)s ou rreys p(er) que sse entende q(ue) quãto mays nob(re) e de mayor logar som os q(ue) a fazẽ tanto ellas mays onrra rreçebẽ (Primeyra Partida, cfr. CGPA, ed. J. de Azevedo Ferreira).
A fixación e articulación sintáctica destes versos finais da estrofa I é levemente diferente en Lapa:
ca pera vós, per bõa fé,
ela, que [a]tan bõa é,
filha d’algo é ben assaz.
En Lopes e Littera a proposta varía substancialmente:
ca pera vós, per bõa fé,
é ela, que tam bõa é,
filha d’algo, e bem assaz.
A presenza da forma verbal é no v. 8 é inevitábel á vista dos simétricos versos das seguintes estrofas, e por máis que Pagani interprete <he> B, <e> V como unha conxunción copulativa (véxase nota ao v. 24): filha d’algo é ben assaz (v. 8) - filha d’algo é pera vós (v. 16) - filha d’algo é ben de pran (v. 24).
A formación nominal ben-fazer ‘beneficio, auxilio, favor’, derivada do correspondente sintagma tan frecuente na cantiga de amor, constitúe unha formación nominal (similar a ben-querer), frecuente no corpus das cantigas. De calquera maneira, o mesmo substantivo pode verse, en formulación singular e plural, noutras obras da última Idade Media:
Ca o escudeiro que anda con algun senhor e o senhor lhe non dá encarrego de seus feitos, como encomendando-lhe ofiçio ou mandando recadar algũas cousas, sempre seu bemfazer está en ventura (Livro de Monteria; cfr. CGPA, ed. A. de Almeida Calado).
e as rrendas eram postas em seu poder, afora muitos herdamentos moviis e de rraiz e muito bem-fazer da rrainha sua irmãa (Fernão Lopes, Crónica de D. Fernando; Macchi 2004: 355-356).
Milhor cousa he padecer por uerdade tormẽto que per louuaminha e per adulaçom gaanharem bemfazer (Orto do Esposo; cfr. CGPA, ed. B. Maler).
ca veemos que alguũs synaaes dan largamente aos que lhe pormeten en grandes bem fazeres (Livro das Confissões; Martín Pérez 2012-2013: 367).
A reiterada lección <u9> dos apógrafos neste verso e mais no v. 18 mostra un evidente erro na interpretación do pronome vós, necesariamente tónico nestes contextos, que comparece nos manuscritos como unha forma átona. Véxase este mesmo erro en A fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A : <uos> B) en 72.13, 88.20, 90.16, 133.10, 134.24, 138.14, 315.8. Mais tamén se atesta o mesmo lapso de copia en BV, con lección errada coincidente en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 840.17, 855.13, 920.14, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V); e aínda existe en pasaxes con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV), 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B).
Nas cantigas profanas percíbese unha perfecta equivalencia entre preço e o provenzalismo prez.
De novo noutras edicións os versos finais da estrofa mostran unha diferente articulación sintáctica en Lapa, Lopes e Littera. Eis a versión lapiana:
é ela, u á todo ben,
filha d’algo, e ben assaz.
No v. 24 todos os editores interpretan mecanicamente o <et> de V como conxunción copulativa. Porén, a disposición simétrica da cantiga e a existencia do mesmo erro no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (1460.23) e no Cancioneiro da Vaticana (1316.11) aconsellan emendar a lección de V (en B hai unha lacuna) en prol da forma verbal é.