I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 253); Spampinato Beretta (1987: 115-116 [= LPGP 296-297]); Littera (2016: I, 323).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 102); Carter (2007 [1941]: 75); Marques Braga (1945: 236); Machado & Machado (1949: I, 388-389); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 224).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 238-239); Vasconcellos (1959: 22); Torres (1977: 274).
5 prazer de] prazer (se ora) de B 7 Ouv’eu] E ouueu B
(I) Así Deus me deixe recibir de vós ben, señora fermosa, nunca vin nada pracenteiro desde que eu me afastei de vós.
(II) E fíxome o voso amor tanto mal que nunca vin nada pracenteiro de min nin de ningunha outra cousa desde que eu me afastei de vós.
(III) Tal coita eu tiven no meu corazón que nunca vin nada pracenteiro, até agora, desde que eu me afastei de vós.
Esquema métrico: 3 x 10a 10a 8B (= RM 26:76)
Encontros vocálicos: 4 -mi‿o
A copulativa inicial en B (inexistente en A) confirma como, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos, se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9). E noutros casos, a pesar da coincidencia dos testemuños, existen razóns sintácticas, métricas ou doutro tipo que aconsellan a antecitada expunción.