I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 211-212); Blasco (1984: 163-164 [= LPGP 811-812]); Marcenaro (2012b: 252-253); Littera (2016: II, 356-357).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 90-91); Carter (2007 [1941]: 61-62); Machado & Machado (1949: I, 341-342 e 343); Fernández Pousa (1953: 19-20); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 195).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 200-201); Alvar & Talens (2009: 468-470).
1-2 quen / me] Quemi B 3 querria] queria B 5 me] mj B 7 fremosa] fremosa(s) B 8 lle] lhi B 13 disse] dixi B 14 me] mi B 15 ca] Oa A; me quis ante mia coita endurar] mi qⁱgante mha coita endurar B 17 deu] om. B 18 m’ante mia coita’ndurar] mhāte mha coita endurar B 20 lev’u a] leue hua B 21 ca muit’á ja que non pude veer] Ca nō ousyr hua possa ueer B 22 niun] Nē hū B; logar] logwr B 23 eu] om. B 25 logar] logʷr B 27 verei] Veerey B 30 me dé Deus dela] mi de dela deus B 31 E] om. B 33 E] om. B; veran] ueeram B 34 á] a / a A; prazer] prarer B 36 veran] ueeram B
1 coitado] coitad(o) Michaëlis 2 dé] dê Michaëlis, Littera 5 dé] dê Michaëlis, Littera 12 atal] a tal Littera 22 niun] nẽum Littera 30 dé] dê Michaëlis, Littera 33 veran] verran Littera 36 veran] veeran Michaëlis : verran Littera
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10b 10c 10c + 10c 10c (sobre I) + 10c 10c (sobre II) + 10c 10c (sobre III) + 10c 10c (sobre IV) (= Tav 154:1)
Encontros vocálicos: 1 coitado,‿e; 25 mi‿ar
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición véxase nota á cantiga 15. Nótese como cada unha das rimas vai asociada a unha mesma palabra rimante repetida. Ademais, cada unha das catro fiindas recolle na mesma orde as rimas dos vv. 6-7 de cada estrofa.
Por outra parte, en B as fiindas foron copiadas sen separación interlinear: isto fixo que Colocci as considerase como unha cantiga independente de unha soa estrofa, como se deduce da súa numeración (210) e anotación marxinal (una stāza).
A segmentación de atal en a tal, realizada en Littera, tamén é coherente co sentido do texto (‘por esta morro, que tal a fixo’).
A forma xeral da P1 de pretérito de dizer é dixe (coa variante dixi especialmente en BV, cfr. nota a 270.15-16), opóndose á P3 disse (~ disso) pola palatalización favorecida por -ī longo latino final na P1 (Ferreiro 1999: §20a). Ora ben, no Cancioneiro da Ajuda achamos dous casos (195.13 e 235.20) en que a P1 presenta tamén a forma disse, sen dúbida por extensión da P3, mentres que en B continúa a usarse a forma dixi; polo contrario, en 278.2, frente a dixi de A agora aparece disse en B.
Nótese a aparición da variante palatalizada quig(e) en B fronte a quis en A. Véxase nota a 179.13.
O verbo endurar presenta elisión da vogal inicial e- (tamén no v. 18), do mesmo modo que outras voces foneticamente similares que se poden achar ao longo do corpus, sempre após vogal a: encobrir: a ‘ncobrir (6.4, 261.11); ensandecer: querria ‘nsandecer (182.7), a ‘nsandecer (182.16), ela ‘nsandeci (389.5); entender: ela ‘ntendi (1092.9), podia ‘ntender (1249.9). A mesma elisión pode verse en a ‘ndar (700.r2) e mais en ela ‘nton (1400.5), para alén doutros encontros con crases similares. Véxase nota a 18.16, 51.1, 73.19, 358.21, 878.1.
A alternativa redaccional de B (ca non ous’ir u a possa veer) parece deberse a un intento de restauración do verso baseado nunha expresión tópica moi recorrente, mais que neste contexto non ten sentido porque o enunciado continúa na estrofa seguinte.
Ela (tamén nos vv. 28 e 36) é complemento directo: na lingua trobadoresca as formas pronominais tónicas oblicuas poden funcionar como CD e CI sen preposición.
Nesta cantiga rexístrase a variación verei, veran vs. veerei, veeran (vv. 27, 33 e 36). Para alén da presenza de erros de copia ou de variación inducida pola aparición ou supresión doutros elementos, en B (e V) percíbese, con relación a A, unha maior tendencia á utilización de formas gráficas máis arcaicas de seer e veer no relativo á conservación de hiatos gráficos en posición pretónica: Tan vil vos serei [<seerei> B] de pagar (90.15); ca nunca vira, nen vi, nen verei [<ueerei> B] (178.6); o entender máis como seria [<seeria> B] (236.7); ben vera [<ueera> B] que cab’ela non son ren (305.9); meu ben seria [<seeria> B, <seeria> V]; mais non llo direi (996.15) etc.
Nótese a transformación de veer en viir (tamén no v. 36) que se produciu na edición de Littera, coa conversión da forma veran en verran (cfr. nota ao v. 27).