I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 17-18 [= LPGP 186-187]); Nunes (1972 [1932]: 72-73); Eirín (2015: 76); Littera (2016: I, 168-169).
II. Outras edicións: Moura (1847: 11-12); Monaci (1875: 40); Braga (1878: 18); Machado & Machado (1952: III, 11-12); Júdice (1997: 83); Montero Santalha (2004); Rios Milhám (2018b: III, 501).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 366).
2 en] om. B 3 guisou] guisō B 4 er] et B 6 tod’] cod V 7 coita] om. B 9 mereci] mẽti V 11 morresse] moiresse B : monesse V 12 porque] Pre q̄ B 13 tan gran pesar] entā grā pesar B : entā gm̄ pesar V 21 atendesse] attendesse V
10 min] mi Lang, Nunes, Littera 13 tan] en tan Nunes 21 vivend’, o] vivendo Lang, Nunes; atendesse] attendesse Lang, Nunes
(I) De que xeito Deus o dispuxo todo para que eu vivise en gran coita, señora, desde que vos vin! Porque logo El o dispuxo de forma que eu vos ouvín falar; alén diso, quixo tamén que eu coñecese o voso ben, que El fixo sen par; e todo isto me foi El dispoñendo de xeito que eu nunca me librase da coita.
(II) E El quixo que eu padecese todo isto polo moito castigo que eu lle merecín, e de tal xeito se vingou de min; e con todo isto non quixo que morrese, porque sería bo para min non durar moito con tan gran coita e tan gran pesar, senón que quixo que eu sufrise todo este mal.
(III) Así, tampouco quixo que eu me decatase de tan gran dano para min, nin o entendín; antes quixo El que, para que eu vivise así e non me faltase unha gran coita, que eu vos vise, no momento en que El me fixo desexar a morte, que non me quere dar, senón que quere que, vivindo, esperase algo aínda peor.
Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a (= RM 161:130)
A lección <guisō> para guisou mostra o erro <o͂>~<on>/<ou> (derivado de <n>/<u>) que é moi frecuente ao longo dos cancioneiros, especialmente en B: <cōsimento> cousimento (116.22), <con simēt> cousiment’ (117.15), <ōsara> ousará (589.3), <pōco> pouco (591.9), <baratō> baratou (729.5), <em car nō> encarnou (877.21), <ōui> ouvi (1233.12), <ōny> ouvi (1458.7), <sōbe> soube (1505.1, 1509.7), <buscō> buscou (1507.7), <nōtro> noutro (1509.1), <sōba> soub’a (1509.16), <cōsa> cousa (1510.1). E en V tamén se encontra o mesmo erro: <tornō> tornou (603.15), <morō> morou (865.12), <nō> vou (1012.20), <cōtre> voutre (1015.17).
Agás Nunes, xa todos os editores omitiron a preposición en na segunda parte do verso por razóns de contaxe silábica.
Nótese a repetición do que completivo, após a frase parentética (véxase nota a 53.17-18):
ante quis El que, por viver assi
e que gran coita non mi falecesse,
que vos viss’eu, ...
A segmentación do artigo, xa realizada en Nunes, é necesaria para unha correcta interpretación do texto (‘mais que, vivindo, esperase o peor’). De non realizar a segmentación, a interpretación é outra: ‘mais que, vivindo peor, esperase’.