I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 254); Spampinato Beretta (1987: 118-119 [= LPGP 290-291]); Littera (2016: I, 323).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 102); Carter (2007 [1941]: 75); Marques Braga (1945: 237); Machado & Machado (1949: I, 389-390); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 225).
1 Des oje-mais] <...> esoge mais A 2 Deus] a deꝯ B; se mi-a] sēha B 6 me] mj B 13 coidei] cuydei B; ou] o A 15 quis] qⁱgi B
2 mort’e] morte Michaëlis, Spampinato Beretta 3 dé] dê Michaëlis, Spampinato Beretta, Littera 13 coidei] cuidei Littera 17 vós] vos Littera
(I) Desde hoxe en diante xa eu sempre rogarei a Deus pola miña morte e, se ma quixer dar, que ma dea cedo, porque me é moi necesaria, señora fermosa, pois eu por vós sei que non ten Deus tal poder sobre vós polo que me faga recibir o voso ben.
(II) E xa eu sempre desde hoxe en diante pedirei a Deus pola miña morte, chorando moito con estes meus ollos, pois por vós sei, fermosa miña señora, que non ten Deus tal poder sobre vós polo que me faga recibir o voso ben, (III) porque, en canto eu pensei ou entendín que Deus me podía dar o voso ben, nunca eu lle quixen rogar pola miña morte; mais, miña señora, xa por vós sei (que é) así: que non ten Deus tal poder sobre vós polo que me faga recibir o voso ben.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:51)
Encontros vocálicos: 2 mi-‿a; 3 mi-‿a
A segmentación da copulativa (Michaëlis e Spampinatto Beretta manteñen a integridade de morte) semella recomendábel, pois simplifica a sintaxe do período: ‘rogarei a Deus pola miña morte e que ma envíe cedo...’.
Ademais, e como acontece noutras ocasións, B introduce unha preposición a para introducir o CD de rogar en rogar Deus (cfr. 197.30). Véxase nota a 68.1.
Por outra parte, é especialmente rechamante a grafía <se͂ha> de B (por <semha>) para se mi-a, onde o til de nasalidade representa unha nasal explosiva. Na realidade, ao longo do corpus rexístrase un limitado número de grafías deste tipo: se mi-a <se͂ha> B vs. <se mia> A (225.2), se mi ar <sse͂har> B vs. <ssemhar> V (377.6=r2), com’estes <cõ estes> V vs. <com estes> B (925.7), descomunal <descõunal> B vs. <descomunal> V (497.9), e meu <e͂ eu> B vs. <e meu> V (1176.16), Estava-m’en <Estauã en> B vs. <Estauam eu> V (1219.1), dona <doã> V vs. <dona> B (1237.34), com’eu <cõ eu> B vs. <com eu> V (1593.6 [= r2]), dona <dõ a> BV (1664.3). É máis frecuente o proceso inverso: o -n- como unha marca de nasalidade vocálica (<bona> bõa, por exemplo). Cfr. nota a 25.5.
O feito de A ser probabelmente copiado en Castela podería explicar algúns casos de <o> por <ou>, eventuais castelanismos de copia no códice do Palácio da Ajuda: <o> ou (131.28, 225.13), <mando> mandou (162.2), <otri> outri (279.4), <uo> vou(-a) (346.1)1 ; a similar causa obedecerían as formas con aparente monotongacion de <ei> en A (acordei <acorde> A, 247.16; primeiro <pⁱmero>/<primero> A, 176.9, 196.15 e 300.13; Nogueira <noguera> A, 1235.5). Véxase tamén nota a 90.14 e 122.17.
A variante quigi de B faría hipermétrico o verso. Véxase nota a 186.20.
En diversos contextos, o ditongo vai seguido de vogal, circunstancia que podería explicar unha redución do ditongo semellante á producida esporadicamente no encontro da P3 de pretérito dos verbos da primeira conxugación cando vai seguido de pronome (véxase Ferreiro 1999: §23b).