I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 91-92); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 72-73 [= LPGP 647-648]); Littera (2016: II, 118-119).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 62); Carter (2007 [1941]: 26-27); Marques Braga (1945: 87-88); Machado & Machado (1949: I, 225-226); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 129).
III. Antoloxías: Diogo (1998: 46-47).
2 min] mj B 3 cuita] coyta B 4 vos] (u̻ꝯ̻) A; vosso amor] uossamor B 5 maravillo] marauilhey B 7 cuita] coyta B 14 omen coitad’e] hom̄ (coyta do) coytado B 15 cuitado] coytado B 17 non] uō B; cuita] coita B 20 cuita] coita B; morrerei] moirerey B 21 tod’é] todo he B 22 E ja] {E} ia A : E a B; cuita] coyta B 23 ouver’a] ouuera a B 24 morrer] moirer B 26 tẽen] teem B 27 ome] homē B 28 pois] E pois A; lle] lhi B 29 E] {E} A; vos] uos B 31 torto qual oiredes] torro qual oydes B
2 min] mi Bertolucci Pizzorusso 3 cuita] coyta Bertolucci Pizzorusso : coita Littera 4 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso; vosso] voss(o) Michaëlis : voss’ Bertolucci Pizzorusso, Littera 7 cuita] coyta Bertolucci Pizzorusso : coita Littera 9 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso 10 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso 14 omen coitad’e] omen cuitad’e Michaëlis : home coytado / e Bertolucci Pizzorusso : homem coitado e Littera 15 cuitado] coytado Bertolucci Pizzorusso : coitado Littera 17 cuita] coita Bertolucci Pizzorusso, Littera 20 cuita] coita Bertolucci Pizzorusso, Littera 21 tod’é] todo / hé Bertolucci Pizzorusso : todo é Littera 22 E ja mia cuita] E a mha coyta Bertolucci Pizzorusso : E a mia coita Littera 23 ouver’a] ouvera / a Bertolucci Pizzorusso : houvera a Littera 26 tẽen] têm Littera 27 de quen a seu] que a[o] seu Michaëlis; ome] homen Bertolucci Pizzorusso : homem Littera 28 lle] lhi Bertolucci Pizzorusso, Littera 29 vos] vus Michaëlis, vos Bertolucci Pizzorusso 31 oiredes] oídes Michaëlis : oydes Bertolucci Pizzorusso : oides Littera
(I) Marabíllome eu, miña señora, de min por como podo sufrir canta coita me fai padecer o voso amor desde que vos vin; e marabíllome logo alí de vós, por deixardes así un
(II) E digo isto, miña señora, por canto vos quero dicir: porque vos fixo Deus discernir de todo ben sempre o mellor, e quen recibiu tanto ben de Deus debíase lembrar e apiadar do seu vasalo aflito (III) de tan coitado, miña señora, como hoxe eu vivo, que non teño poder para perder a gran coita por outra cousa se non for por vós; e, se quixerdes, perderei a coita por vós ou morrerei, pois todo é por vos agradar.
(IV) E xa a miña coita, miña señora, non vola declararía, antes me deixaría morrer, senón por vós, pois teño pavor porque é mal considerado, señora, quen non quere amparar o seu vasalo, cando ten poder para lle valer.
(1) E pois outro ben non vos falta, por Deus, non fagades unha inxustiza tal de que ouviredes falar.
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8b + 8c 8c 8b (= RM 163:30)
Encontros vocálicos: 4 vosso‿amor; 31 o͜i·re·des
Neste verso, a distribución das variantes ome/omen é acorde co que acontece habitualmente (ome A vs. omen B). Cfr. nota ao v. 14.
Este verso aparece deslocado en A: a pesar de ser realmente o último verso da estrofa IV, aparece erradamente como verso inicial da fiinda. Por outra parte, presenta, tamén erradamente, a correspondente letra capital; ademais, neste v. 28 foi copiada, por erro, a copulativa inicial do v. 29, o mesmo que acrecentada polo revisor na marxe.
Nótese a presenza da copulativa inicial en A (inexistente en B), a confirmar como, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9). E noutros casos, a pesar da coincidencia dos testemuños, existen razóns sintácticas, métricas ou doutro tipo que aconsellan a antecitada expunción.