129 [= Tav 97,15]
Maravillo-m’eu, mia sennor

Maravillo-m’eu, mia sennor,
de min como posso sofrer
quanta cuita me faz aver,
des que vos vi, o vosso amor;
e maravillo-me log’i
de vós por leixardes assi
voss’om’en tal cuita viver.
Aquesto dig’eu, mia sennor,
por quanto vos quero dizer:
porque vos fez Deus entender
de todo ben sempr’o mellor,
e a quen Deus tanto ben deu
devia-s’a nembrar do seu
omen coitad’e a doer
de tan cuitado, mia sennor,
com’oj’eu vivo, que poder
non ei de gran cuita perder
per al ja se per vós non for;
e, se quiserdes, perderei
cuita per vós ou morrerei,
ca tod’é en vosso prazer.
E ja mia cuita, mia sennor,
non vo-la ouver’a dizer,
ante me leixara morrer,
senon por vós, que ei pavor
de que tẽen, sennor, por mal
de quen a seu ome non val,
pois poder á de lle valer.
E, pois vos outro ben non fal,
por Deus, non façades atal
torto qual oiredes dizer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 

Manuscritos


A 42, B 154

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 91-92); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 72-73 [= LPGP 647-648]); Littera (2016: II, 118-119).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 62); Carter (2007 [1941]: 26-27); Machado & Machado (1949: I, 225-226); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 129).
III. Antoloxías: Diogo (1998: 46-47).

Variantes manuscritas


2 min] mj B   3 cuita] coyta B   4 vos] (u̻ꝯ̻) A; vosso amor] uossamor B   5 maravillo] marauilhey B   7 cuita] coyta B   14 omen coitad’e] ho (coyta do) coytado B   15 cuitado] coytado B   17 non] uō B; cuita] coita B   20 cuita] coita B; morrerei] moirerey B   21 tod’é] todo he B   22 E ja] {E} ia A : E a B; cuita] coyta B   23 ouver’a] ouuera a B   24 morrer] moirer   26 tẽen] teem B   27 ome] homē B   28 pois] E pois A; lle] lhi B   29 E] {E} A; vos] uos B   31 torto qual oiredes] torro qual oydes B

Variantes editoriais


2 min] mi Bertolucci Pizzorusso   3 cuita] coyta Bertolucci Pizzorusso : coita Littera   4 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso; vosso] voss(o) Michaëlis : voss’ Bertolucci Pizzorusso, Littera   7 cuita] coyta Bertolucci Pizzorusso : coita Littera   9 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   10 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   14 omen coitad’e] omen cuitad’e Michaëlis : home coytado / e Bertolucci Pizzorusso : homem coitado e Littera    15 cuitado] coytado Bertolucci Pizzorusso : coitado Littera   17 cuita] coita Bertolucci Pizzorusso, Littera   20 cuita] coita Bertolucci Pizzorusso, Littera   21 tod’é] todo / hé Bertolucci Pizzorusso : todo é Littera   22 E ja mia cuita] E a mha coyta Bertolucci Pizzorusso : E a mia coita Littera   23 ouver’a] ouvera / a Bertolucci Pizzorusso : houvera a Littera   26 tẽen] têm Littera   27 de quen a seu] que a[o] seu Michaëlis; ome] homen Bertolucci Pizzorusso : homem Littera   28 lle] lhi Bertolucci Pizzorusso, Littera   29 vos] vus Michaëlis, vos Bertolucci Pizzorusso   31 oiredes] oídes Michaëlis : oydes Bertolucci Pizzorusso : oides Littera

Paráfrase


(I) Marabíllome eu, miña señora, de min por como podo sufrir canta coita me fai padecer o voso amor desde que vos vin; e marabíllome logo alí de vós, por deixardes así un

(II) E digo isto, miña señora, por canto vos quero dicir: porque vos fixo Deus discernir de todo ben sempre o mellor, e quen recibiu tanto ben de Deus debíase lembrar e apiadar do seu vasalo aflito (III) de tan coitado, miña señora, como hoxe eu vivo, que non teño poder para perder a gran coita por outra cousa se non for por vós; e, se quixerdes, perderei a coita por vós ou morrerei, pois todo é por vos agradar.

(IV) E xa a miña coita, miña señora, non vola declararía, antes me deixaría morrer, senón por vós, pois teño pavor porque é mal considerado, señora, quen non quere amparar o seu vasalo, cando ten poder para lle valer.

(1) E pois outro ben non vos falta, por Deus, non fagades unha inxustiza tal de que ouviredes falar.
 

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8b + 8c 8c 8b (= Tav 163:30)

Encontros vocálicos: 4 vosso‿amor; 31 o͜i·re·des

Notas


Texto
  • 14

    Aínda que o resultado xeral de hŏmĭnem no Cancioneiro da Ajuda é ome, nesta cantiga e mais en 276.13, 444.10 e 895.2 atéstase a variante omen, máis frecuente nos apógrafos italianos (cfr. nota a 66.19). Paradoxalmente, nesta pasaxe B ofrece a lección ome.

  • 15

    En face da xeral variación coitado A / cuitado B (86.1, 147.1, 155.1, 177.1, 312.1, 391.16, 404.10 e 16, 430.19, 997.9), neste verso achamos a situación inversa (cuitado A / coitado B), que se localiza tamén en 74.1, 118.13, 129.15 e 188.6. Cfr. nota a 570.9.

  • 27

    Neste verso, a distribución das variantes ome/omen é acorde co que acontece habitualmente (ome A vs. omen B). Cfr. nota ao v. 14.

  • 28

    Este verso aparece deslocado en A: a pesar de ser realmente o último verso da estrofa IV, aparece erradamente como verso inicial da fiinda. Por outra parte, presenta, tamén erradamente, a correspondente letra capital; ademais, neste v. 28 foi copiada, por erro, a copulativa inicial do v. 29, o mesmo que acrecentada polo revisor na marxe.

    Nótese a presenza da copulativa inicial en A (inexistente en B), a confirmar como, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9). E noutros casos, a pesar da coincidencia dos testemuños, existen razóns sintácticas, métricas ou doutro tipo que aconsellan a antecitada expunción.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado