I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 859 [= LPGP 96]); Marcenaro (2013: 78); Littera (2016: I, 57).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 139); Machado & Machado (1950: II, 165); Rios Milhám (2018b: III, 340).
1 Oimais] Ooy mays B 3 eu vivo] en uino B 6 pero] E ꝑo B
6 e pero mi pes, ei a (ja) de servir Michaëlis : e, pero mi pes, ei ja de a servir Marcenaro : e pero mi pês, hei-a já de servir Littera
(I) De aquí en diante nada ten que me agradecer a moi fermosa miña señora por a servir mentres eu viva, pois, con certeza, de tal modo me ten no seu poder que non podo afastar o meu corazón diso: aínda que me pese, heina de servir.
Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10c 10c (= RM 160:8)
Este texto inicia a serie de cinco composicións, sucesivas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional, todas elas de Afonso Meendez de Beesteiros, que levantan a cuestión sobre o seu carácter de fragmentos ou de cantigas monoestróficas, xa que todas estas composición (340-344) teñen pleno sentido (véxase Magán Abelleira 1997).
Fronte á expunción de ja proposta por Michaëlis e face á hipermetría versal na edición de Littera, resulta ecdoticamente máis económica a supresión copulativa inicial, ás veces con presenza espuria nesta posición: existen diversas pasaxes ao longo do corpus en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9). E noutros casos, a pesar da coincidencia dos testemuños, existen razóns sintácticas, métricas ou doutro tipo que aconsellan a antecitada expunción.
Marcenaro, por súa parte, opta por recolocar o pronome (ei ja de a servir): «l’ordine qui proposto, che non altera assolutamente la sintassi del verso effettuando la sinalefe tra la proposizione de e il suddetto pronome, rende possibile ripristinare la corretta misura sillabica». Porén, a norma métrica no encontro entre a preposición de e o pronome é o hiato (véxase nota a 232.16), tal como acontece no v. 3 desta mesma composición (de | a).