I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 860 [= LPGP 97]); Marcenaro (2013: 80); Littera (2016: I, 57).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 139); Machado & Machado (1950: II, 165-166); Rios Milhám (2018b: III, 341).
4 en] E en B
1 boa] bõa Michaëlis 2 poer] põer Michaëlis
(I) Non saben nada das miñas coitas, abofé, os que me culpan de finxirme moi desventurado nos meus cantares –isto seino ben–, nin saben que coita me fai sufrir esta señora que me ten no seu poder.
Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10b 10b (= RM 151:2)
Este texto forma parte do conxunto de composicións fragmentarias ou cantigas monoestróficas de Afonso Meendez de Beesteiros (véxase nota á cantiga 340).
De novo se debe expunxir a copulativa excedente no verso, tal como acontece tamén na cantiga 340. Neste sentido, debe constatarse que existen diversas pasaxes ao longo do corpus en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9).