368 [= Tav 3,4 (= 101,9)]
Quer’eu agora ja meu coraçon

Quer’eu agora ja meu coraçon
esforçar ben e non morrer assi,
e quer’ir ora, si Deus mi perdon,
u é mia senhor; e, pois eu for i,
querrei-me de mui gran medo quitar
que ei dela, e, mentr’ela catar
alhur, catarei ela log’enton,
ca, per bõa fe, á mui gran sazon
que ei eu [gran] medo de mia senhor
mui fremosa; mais agora ja non
averei medo, pois ant’ela for,
ante me querrei mui ben esforçar
e perder med’, e, mentr’ela catar
alhur, catarei ela log’enton.
A mui máis fremosa de quantas son
oje no mund’, aquesto sei eu ben,
quer’ir veer, e acho ja razon
como a veja sen med’e con sén:
irei vee-la e q[ue]rrei falar
con outra d’i, e, mentr’ela catar
alhur, catarei [ela log’enton].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 400, V 10

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 875-876 [= LPGP 670]); Littera (2016: II, 152-153).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 10); Braga (1878: 2); Machado & Machado (1950: II, 197-198); Rios Milhám (2018b: III, 368).

Variantes manuscritas


1 coraçon] coracon V   2 esforçar] esforzar V; morrer] moirer BV   5 querrei] queuey V; quitar] quitat B   7 catarei ela] catar eu esa B : catar eu ela V   8 bõa] bona V   10 fremosa] fm’osa B   11 averei] a’uey B   12 querrei] q̄irey V; esforçar] esforcar B : esforzar V   14 catarei] catarey eu BV   16 oje no] oieuo B   19 q[ue]rrei] qirey B : quey V

Variantes editoriais


3 si] ‘ssi Michaëlis   16 oje no] oj’eno Michaëlis : hoj'eno Littera   20 outra d’i] ousadi(a) Michaëlis : outra i Littera

Paráfrase


(I) Eu quero agora animar o meu corazón e non morrer así, e quero ir agora, así Deus me perdoe, a onde está a miña señora; e, cando eu alí for, quererei librarme do medo moi grande que lle teño, e, mentres ela mire para outro lugar, mirareina eu logo entón, (II) porque, abofé, hai moito tempo que teño gran medo da miña moi fermosa señora; mais agora xa non terei medo, unha vez que estiver ante ela, antes quererei esforzarme ben e perder o medo, e mentres ela mire para outro lugar, mirareina eu logo entón.

(III) A máis fermosa de cantas viven hoxe no mundo, isto eu ben o sei, quero ir ver, e teño xa o modo de a ver sen medo e con siso: irei vela e falarei diso con outra, e, mentres ela mire para outro lugar, mirareina eu logo entón.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10A (= Tav 100:2)

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga é tamén atribuída a Afonso Fernandez Cebolhilha.

  • 3

    Resulta inapropiada a grafía da partícula si en Michaëlis, aínda que esta forma, xunto con se, conviva con assi en frases desiderativas. Véxase nota a 100.1 e 139.13.

  • 7

    A lectura do refrán nesta súa primeira ocorrencia parece apuntar para un erro <eu>/<ei>, ben documentado nos códices: 120.8 (<eu> A ,<ei> B), 875.2 (<eu> B, <ey> V), 947.4 (<Eu> B, <eu> V). Con todo, esta lección, xunto coa do v. 14, podería suxerir tamén a presenza espuria de eu, que tornaría hipermétrico o verso (catarei *eu ela), xa que a presenza espuria de eu está certificada en diversas pasaxes nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 282.10, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.

    Ademais, aínda aparece no horizonte ecdótico deste refrán outra posibilidade interpretativa para a lección manuscrita: considerar como correcta a lección <catar eu> deste refrán (face a unha eventual refacción <catarey eu> e <catarey [eu]> nos vv. 14 e 21), de modo que o infinitivo catar tería de ser lido en sintáctico paralelo con quitar (v. 5), esforçar e perder (vv. 12-13) e, na estrofa III, con falar (v. 19). 

    Por outra parte, o pronome ela, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 8

    A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> en V é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de B), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.

  • 9

    O adxectivo gran é o axeitado para restaurar a isometría do verso, pois o seu uso como intensificador con medo é constante no corpus (17.1, 94.15, 97.8, 368.5 etc.).

  • 16

    A secuencia <oieno> de BV permite unha dupla segmentación: oj’eno e oje no, aínda que a segunda, que é a que seleccionamos no texto, é absolutamente maioritaria no corpus trobadoresco galego-portugués.

  • 21

    Aínda que é frecuente nas Cantigas de Santa Maria, ousadia non se atesta no corpus profano: a lectura michaëliana debe ser emendada en outra d’i (cfr. outra i en Littera), interpretación fiel dos manuscritos que se axeita sen problemas ao contexto (véxase Tavani 2010: 58-59).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado