616 [= RM 25,12]
Amigo, pois vos non vi

Amigo, pois vos non vi,
nunca folguei nen dormi;
mais ora ja, des aqui,
que vos vejo, folgarei
e verei prazer de mí,
pois vejo quanto ben ei.
Pois vos non pudi veer,
ja máis non ouvi lezer;
e, u vos Deus quis trager,
que vos vejo, folgarei
e veerei de min prazer,
pois ve[jo quanto ben ei].
Des que vos non vi, de ren
non vi prazer e o sén
perdi; mais, pois que mi aven
que vos vejo, folgarei
e veerei todo meu ben,
pois vejo quan[to ben ei].
De vos veer a min praz
tanto que muito é assaz;
mais, u m’este ben Deus faz,
que vos vejo, folgarei
e averei gran solaz,
pois vejo quanto ben [ei].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 599, V 202

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 96-97 [= LPGP 180-181]); Nunes (1973 [1928]: 49-50); Cohen (2003: 636); Littera (2016: I, 239-240).
II. Outras edicións: Moura (1847: 188-189); Monaci (1875: 79); Braga (1878: 40); Machado & Machado (1952: III, 235-236); Júdice (1997: 53); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 46).

Variantes manuscritas


5 veerei] uerey B : uerrey V   6 quanto ben ei] om. V   9 quis] nō q̄s B : nō qⁱs V   23 averei] u’ey V; gran] g̃ra B

Variantes editoriais


En Nunes non se indica tipograficamente que o cuarto verso de cada estrofa forma tamén parte do refrán (intercalar).

1 vos] vós Lang   5 verei] veerei Lang, Nunes   7 vos] vós Lang   11 veerei] verei Cohen, Littera   13 vos] vós Lang   17 veerei] verei Cohen, Littera   19 vos] vós Lang   20 é] e Lang, Nunes   23 averei] veerei Lang, Nunes

Paráfrase


(I) Amigo, desde que non vos vin nunca folguei nin durmín; mais a partir de agora, porque vos vexo, folgarei e sentirei alegría por min, pois vexo canto ben teño.

(II) Despois que non vos puiden ver, xa nunca máis tiven lecer; e, cando Deus vos quixo traer, porque vos vexo, folgarei e sentirei gozo por min, pois vexo canto ben teño.

(III) Desde que non vos vin, non sentín pracer por nada e perdín a razón; mais, porque vos vexo, folgarei e verei o meu ben todo, pois vexo canto ben teño.

(IV) Práceme tanto vervos que é, de feito, demasiado; mais, cando Deus me concede este ben, porque vos vexo, folgarei e sentirei moito gozo, pois vexo canto ben teño.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 7a 7a 7a 7B 7a 7B (= RM 13:58)

Encontros vocálicos: 11 ve͜e·rei; 15 miaven; 17 ve͜e·rei; 20 muitoé

Notas


Texto
  • 4

    Nótese como no primeiro verso do refrán que é causal nas estrofas I, II e IV, e completivo na estrofa III. Véxase nota a 208.4. Cfr. nota a 27.4-6.

  • 5

    A lección dos manuscritos (<uerey> B, <uerrey> V) indica que en V se produciu un erro <rr>/<r>, que achamos con relativa frecuencia no Cancioneiro da Vaticana (vs. B)1 : <orra> V ora (733.4), <serra> V sera (758.1), <ffarrey> V farei (1038.17), <barratar> V baratar (1473.13), <sserria> V seria (1614.14), <farra> V fara (1658.24). Deste xeito, achamos, de novo, variación na representación gráfica de verei, pois aínda aparece a forma veerei, con grafía conservadora, pois computa como dúas sílabas nos vv. 11 e 17.

  • 9

    O sentido e a métrica indican o carácter espurio da presenza de non, como acontece noutras cantigas ao longo do corpus. Algunhas veces, existe diverxencia na transmisión dos manuscritos: A vs. B (198.r1, na estrofa I), B vs. V (808.10); outras veces, a pesar da coincidencia dos manuscritos BV, é obvio que non debe ser expunxido: 801.13, 1144.8, 1229.18, 1261.15, 1492.9, 1495.15. Véxase nota a 183.11.

  • 11

    Repárese en que veerei, neste verso e mais no v. 17 é forma bisilábica.

  • 23

    Perante a lección de V (verei), a opción pola lección de B (averei) –que evita a reconstrución ve[e]rei– constitúe unha especie de lectio difficilior (cfr. tamén nota a 56.10). Con todo, aver solaz rexístrase nas Cantigas de Santa Maria:

    E quando os prazos foron chegados,
    fezeron vodas; e depois jantar
    foron os novios ambos enserrados
    de ssuun por averen seu solaz (CSM 105.47).

    ... Di-lle sen tardar
    que non ss’ espante,
    mais tigo jante
    u sempre cant’ e
    aja solaz ...  (CSM 139.44).

    O provenzalismo solaz ‘gozo, pracer’, amplamente usado na poesía, incluídas as Cantigas de Santa Maria (véxase Mettemann 1959-1972: IV, s.v. solaz) estendeuse na Idade Media tamén para a prosa, onde se achan múltiplas ocorrencias (véxase CGPA, s.v.).
    E tamén no Catecismo pequeno de Dom Diogo Ortiz, na definición dos pecados veniais:

    como he estar occioso podẽdo alguũ beẽ fazer, falar sem neçessidade, usar dos sentidos interiores e exteriores em cousas nõ proveitosas, riir sobejo, fazer qualquer cousa cõtra as virtudes moraes que nõ seja cõtraira aa caridade de Deos ou de proximo, mintir por aver solaz, mintir por aproveitar a alguũ sem dano de outro (cfr. CGPA, s.v.).

    De calquera maneira, aver na derradeira estrofa mostra un certo carácter conclusivo a respecto do omnipresente veer de toda a composición.

  1. ^

    Tamén existe algunha confusión en B: <falar rey> falarei (312.11), <ueerrey> veerei B (429.13), <m̅ria> Maria (1524.15).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado