72 [= Tav 151,4]
De cuita grand’e de pesar

De cuita grand’e de pesar
non á oj’o meu coraçon
nulla mingua, si Deus m’ampar,
e vedes, sennor, por que non:
porque vos vejo en mí perder
mesura, que tanto valer
sol sempre a quen na Deus quer dar.
E, sennor, máis vos direi én:
esso pouco que eu poder
viver no mundo, se quiser
Deus, assi viverei por én,
e tan mal dia eu naci
porque vós fazedes por mí
cousa que vos non está ben.
E creo que fara mal sén
quen nunca gran fiuz’ouver
en mesura d’outra moller;
e direi-vos por que mi aven:
porque me leixades assi
morrer, e non catades i
mesura nen Deus nen al ren.
E, mia sennor, a meu cuidar,
cousa faria sen razon
eu se mi assi fosse cuitar
con mia mort’, en esta sazon
que me vós fazedes morrer,
se podess’en guisa seer
que mal non vos podesse estar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 9, B 99

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 21-22 [= LPGP 938]); Littera (2016: II, 538-539).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 35); Carter (2007 [1941]: 6-7); Machado & Machado (1949: I, 136-137); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 72).

Variantes manuscritas


1 De cuita grand’e de] Se cuita grande (e) de A : coyta grande B   3 si Deus m’ampar] se deꝯ maupar B   5 vos vejo] uus ueio A : uꝯ uj B; en mí] eu mj B   7 sempre a quen na] sempra quena B   8 vos] uus A   12 tan] ta A   13 vós] uꝯ A   14 vos] uus A   16 quen nunca gran fiuz’ouver] q̄ nūca g̃m feuza ouu’ B   18 mi aven] mauē B   21 nen al] ne al B   24 mi assi] massy A; fosse] fuesse A; cuitar] matar B   25 con mia mort’, en] ca mha morte en B   27 guisa] guissa   28 podesse estar] podessestar B

Variantes editoriais


1 cuita grand’e] cuita grand(e) e Michaëlis : coita grand’e Littera   3 nulla] nulla B   5 vos] vus Michaëlis; vejo en] vej(o) en Michaëlis : vej’en Littera   7 sempre a] sempr(e) a Michaëlis : sempr’a Littera; quen na] quen’a Littera   8 vos] vus Michaëlis   14 vos] vus Michaëlis   18 vos] vus Michaëlis   28 vos] vus Michaëlis; podesse estar] podess(e) estar Michaëlis : podess’estar Littera

Paráfrase


(I) De gran coita e de pesar non ten hoxe o meu corazón ningunha falta, así Deus me ampare, e vede, señora, por que non: porque vos vexo perder comigo a mesura, que tanto adoita valer a quen lla Deus quere dar. 

(II) E direivos máis sobre isto, señora: o pouco que eu puider vivir no mundo, se Deus quixer, vivirei así por causa diso, e en mal día nacín porque vós facedes na miña persoa algo que non condí convosco. 

(III) E creo que fará unha loucura quen algunha vez tiver moita fe na mesura doutra muller; e direivos por que me ocorre isto: porque me deixades así morrer, e non reparades na mesura nin en Deus nin en ningunha outra cousa. 

(IV) E, miña señora, na miña opinión, eu faría unha cousa sen razón se me angustiase coa miña morte, neste tempo en que vós me facedes morrer, se puidese ser de tal forma que non vos prexudicase.
 

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8a (I, IV [= Tav 100:55]) + 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (II, III [= Tav 161:280])

Encontros vocálicos: 5 vejo‿en; 7 sempre‿a; 18 mi‿aven; 24 mi‿assi; 28 podesse‿estar

Notas


Texto
  • 3

    No que di respecto ao verbo amparar, só en limitadas ocasións B presenta lección coincidente con A (tamén en 191.10 e 317.21), pois o Cancioneiro da Biblioteca Nacional prefire a variante emparar. Véxanse notas a 310.15 e 506.18.

    Por outra parte, a utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.

  • 5

    Nótese o cambio temporal para o pretérito en B (vejo A / vi B), sen consecuencias métricas pola sinalefa vejo‿en de A; é este un cambio similar a outros que se detectan ao longo do corpus. Véxase nota a 130.10.

  • 13

    A lección do Cancioneiro da Ajuda mostra un evidente erro na interpretación do pronome vós, necesariamente tónico neste contexto, que comparece nos manuscritos como unha forma átona <uꝯ>, cun erro que se rexistra nos tres grandes cancioneiros. Véxase este mesmo erro en A fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A : <uos> B) en 88.20, 90.16, 133.10, 134.24, 138.14, 315.8. Mais tamén se atesta o mesmo lapso de copia en BV, con lección errada coincidente en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 840.17, 855.13, 920.14, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V); e aínda existe en pasaxes con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV), 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B).

  • 16

    Por veces, o Cancioneiro da Ajuda presenta unha forma lingüisticamente máis evoluída que a dos apógrafos italianos, como acontece con fiuza vs. feuza.

  • 21

    O pronome indefinido al ‘outra cousa’ forma tamén locucións indefinidas positivas con que-quer ‘outra cousa calquera’ (al que-quer, véxase nota a 141.12) e negativas con nada (al nada, véxase nota a 708.16) e, sobre todo, con ren (al ren ‘ningunha cousa, nada’): 84.23, 209.14, 253.14, 879.20, 1055.14. Cfr. nota a 159.22 e 431.14.

  • 24

    Nótese a presenza do evidente castelanismo fuesse en A (véxase nota a 65.32), coa lección correcta en B, caso similar, pola ditongación, a <cõnosciesse> en 127.21, tamén coa lección correcta no Cancioneiro da Biblioteca Nacional.

  • 27

    No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <guissa> neste verso, véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4308.11, 313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada  (137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 395.9439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado