I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 86 [= LPGP 219]); Nunes (1973 [1928]: 34-35); Cohen (2003: 618); Littera (2016: I, 229-230).
II. Outras edicións: Moura (1847: 163-164); Monaci (1875: 74); Braga (1878: 37); Machado & Machado (1952: III, 215-216); Cohen (1987: 80-81); Júdice (1997: 42); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 48); Oliveira & Machado (1959: 123); Tavares (1961: 43-44).
5 falar] falhar V 6 guisar-lho-ei] guisarlhey V 11 o] om. B 13 Mia] M\h/a B 14 quand’] quant V 19 madr’, esto] madrstro V 20 passe] posse B
13 quisestes, madr’, e] quizestes, madre, Lang
(I) Que coidado tivestes, nai e señora, de me vixiar para que non poida ver o meu amigo e meu ben e meu pracer! Mais, se eu podo, por Noso Señor, arranxareillo para que eu o vexa e lle poida falar, e péselle a quen lle pesar.
(II) Vós fixestes todo canto puidestes, nai e señora, para impedir que vise o meu amigo e meu corazón; mais se eu podo, con todo o meu empeño, arranxareillo para que eu o vexa e lle poida falar, e péselle a quen lle pesar.
(III) A miña morte quixestes, madre, e non outra cousa, cando dispuxestes que por nada do mundo eu vise o meu amigo e meu ben; mais, se eu podo, e nada poderá impedilo, arranxareillo para que eu o vexa e lle poida falar, e péselle a quen lle pesar.
(1) E se eu, madre, podo levar isto a cabo, o resto que pase como puider pasar.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:27)
Encontros vocálicos: 10 posso,‿a; 16 posso,‿u
Os termos da referencia tripartida para aludir ao amigo (meu amig’e meu ben e meu prazer), xunto coa fórmula de Joan Airas (Meu amig’e meu ben e meu amor; 1050.1), sobrancean no corpus trobadoresco, onde a fórmula dominante é meu amig’e meu lum’e meu ben (693.3, 823.1, 1043.10, 1195.20, 1220.r1, 1265.7).
Fronte á moi rara grafía <nh> por <n> (véxase nota a 1015.7), o erro gráfico <lh>/<l> aparece con algunha frecuencia ao longo dos dous cancioneiros italianos apógrafos (con maior incidencia en V), e moi especialmente nun pequeno número de voces: ali <ali> A, <alhi> B (313.10); <alhy> B (466.19); <a(lhy)ly> B, <aly> V (1317.15); <aly> B, <alhy> V (1473.15); <ali> B, <alhi> V (1479.3); o pronome persoal tónico de P3: eles <elhes> B, <elles> V (489.17); ela <elha> B, <ela> V (632.18); elas <elhas> BV (1205.7); elos <elhꝯ> BV (1205.10); o verbo falar, con diversas flexións: falar <falar> B, <falhar> V (599.5); <falar> AB, <falhar> V (996.17); <falhar> V (1010.13); <falar> B, <falhar> V (1033.7); fala <fala> B, <falha> V (958.19); fale <fale> B, <falhe> V (722.11); e no substantivo vassalo(s): <uassalos> B, <uassalhos> V (925.13); <vassalo> B, <ua ssalho> V (1503.10). Noutros vocábulos, a aparición de <lh> por <l> é moito máis esporádica: ala <alha> B, <ela> V (1252.27); camela <camelha> V (1449.16); olas <olhas> B, <olas> V (1634.8); velida <uolhi da> BV (676.12) etc.