447 [= Tav 154,11]
Senhor, des quand’en vós cuidei

Senhor, des quand’en vós cuidei
e no vosso bon parecer,
perdi o sén que eu aver
soia e ja perdud’ei,
de quant’al avia, sabor:
assi me forçou voss’amor!
[E] cuidando, des que vos vi,
en vós, senhor, perdud’ei ja
o sén; mais quando mi valra
o vosso ben, per que perdi,
de quant’al avia, sabor?
[Assi me forçou voss’amor!]
E sab’este meu coraçon,
que por vós muito mal levou
des que vos vi e el cuidou
en vós, ca perdi des enton,
de quant’al avia, sabor:
[assi me forçou voss’amor!]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 452, V 59

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 48-49); Majorano (1979: 105-106 [= LPGP 969-970]); Littera (2016: II, 513-514).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 28); Braga (1878: 12); Molteni (1880: 146); Machado & Machado (1950: II, 290-291); Rios Milhám (2018b: III, 447).

Variantes manuscritas


1 quand'en] quaudeu B   7 vos] uus B   9 valra] ualira BV   15 e] et BV   17 quant’al] ꝙ̄tal V

Variantes editoriales


7 [E]] om. Majorano, Nunes, Littera; vos] vus Majorano   15 vos] vus Majorano; e] et Majorano

Paráfrasis


(I) Señora, desde que pensei en vós e na vosa beleza, perdín o siso que eu adoitaba ter e xa perdín o gusto por cantas outras cousas tiña: así me someteu o voso amor!

(II) E pensando, desde que vos vin, en vós, señora, xa perdín o sentido; mais cando me auxiliará o voso ben, por que perdín o gusto por cantas outras cousas tiña: así me someteu o voso amor!

(III) E sabe este meu corazón, que por vós sufriu moito mal desde que vos vin e el pensou en vós, que desde entón perdín o gusto por cantas outras cousas tiña: así me someteu o voso amor!
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:392)

Encontros vocálicos: 4 so·i·a

Notas


Texto
  • 5

    Nótese a variación no primeiro verso do refrán, enunciativo nas estrofas I e III, interrogativo na estrofa II. Véxase nota a 159.24. Cfr. nota a 27.4.

    Por outra parte, a combinación do indefinido al co relativo quanto, tanto en al quanto (784.18), como en quanto ... al (227.6) e, sobre todo, quant’al (89.24, 134.13, 215.7 e 9, 267.21, 416.20, 447.5, 1045.20, 1195.16 e 1327.16) constitúe unha locución indefinida relativa co significado de ‘todo aquilo que, todo canto’.

  • 7

    Fronte a todos os anteriores editores, que deixan hipométrico o verso, preferimos restaurar a copulativa inicial, frecuentemente omitida no inicio de estrofa. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.

Buscar
    Sin resultados