I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 781-782); Vallín (1995b: 129-131 [= LPGP 727-728]); Littera (2016: II, 233).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 57-58); Machado & Machado (1949: I, 210-211); Rios Milhám (2017: I, 116).
9 senon] seuō B 13 e[n] non cuidar] enō cuida(uar) B 16 que m’] ꝗʷ B 18 nunca] uūca B 19 d’u Deus non o] duu ds̄ nō a B 20 grande] g̃ude B 22 cousimento] cōsimento B
2 vos] vus Michaëlis : vós Vallín 6 vos] vus Michaëlis : vós Vallín 7 vos] vus Michaëlis 8 Eu mi] En mi Michaëlis, Vallín 9 viir] vĩir Michaëlis 13 e[n] non cuidar] e non cuidava Michaëlis 14 [o] non] non’[o] Littera 16 quen] que Michaëlis, Vallín 17 ven] ben Michaëlis 21 vi[i]r] vĩir Michaëlis 27 xe estaria] x’estaria Michaëlis, Littera
(I) Pensaba eu, cando non entendía que era unha loucura amarvos, fermosa señora, que eu podería deixar de o facer logo que o puidese entender; mais entendo agora que fago unha loucura por vos amar, mais non deixo de o facer, antes vos quero mellor aínda.
(II) Pensaba eu que non me podería vir de vós, miña señora, outra cousa excepto ben, pois non pensei que de vós me viría tanto mal como me agora vén; e facía o correcto, e non outra cousa, en non pensar que me viñese mal, señora fermosa, de onde o non había.
(III) E por cousa moi marabillosa o tería, señora, quen agora soubese de que forma me vén, e obraría xustamente, pois nunca vistes unha marabilla tal, porque me vén mal de onde Deus non o quixo dar, señora, e coita moi grande e pesar de vós, de quen vir non me debía.
(IV) Por iso, señora, sería obrar con criterio e gran mesura, así Deus me ampare, facérdesme vós ben algún día, xa que tanto mal me facedes levar; e se me fixésedes ben, señora, sabede (unha cousa): a vós vos cadraría mellor e, ademais, Deus volo agradecería.
Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10’a (= RM 100:26)
Encontros vocálicos: 27 xe‿estaria
Neste copista é certamente difícil diferenciar <u> e <n>, mais para alén diso, no contexto consideramos a frecuente expresión me/mi + cuidar que ‘pensar que’, que cadra perfectamente na liña discusiva da composición. Cfr., por exemplo, Eu me cuidei, quando m’ela guario, / que nunca m’ende máis veesse mal (41.7-8).
A métrica solicita a reintegración dunha sílaba, que neste caso é o pronome o, referido ao mal do verso anterior.
No v. 17 semella obrigado considerar, de novo, un erro <b>/<u>~<v> en <bē> (véxase o erro inverso no mesmo copista en 114.10), de maneira que, con Littera, interpretemos do seguinte xeito: ‘E (eu) tería por unha grande marabilla poder saber agora o xeito en que me vén (o mal que me vén de vós), e faría dereito en marabillarme tanto, pois nunca se viu unha tal marabilla...’. Neste sentido, carece de xustificación, por desnecesaria, a emenda de quen en prol de que realizada por Michaëlis e Vallín.
A lección <co͂sime͂to> mostra o erro <o͂>~<on>/<ou> (derivado de <n>/<u>) que é moi frecuente ao longo dos cancioneiros, especialmente en B: <con simēt> cousiment’ (117.15), <guisō> guisou (501.3), <uō> vou (564.7), <ōsara> ousará (589.3), <pōco> pouco (591.9), <baratō> baratou (729.5), <em car nō> encarnou (877.21), <ōui> ouvi (1233.12), <ōny> ouvi (1458.7), <sōbe> soube (1505.1, 1509.7), <buscō> buscou (1507.7), <nōtro> noutro (1509.1), <sōba> soub’a (1509.16), <cōsa> cousa (1510.1). E en V tamén se encontra o mesmo erro: <tornō> tornou (603.15), <morō> morou (865.12), <nō> vou (1012.20), <cōtre> voutre (1015.17).
Cousimento ‘discreción, siso’ é voz de orixe provenzal usada con relativa frecuencia, fundamentalmente nas cantigas de amor (36.26, 38.1, 110.4, 117.15 e 18, 156.2, 978.2, 1062.11, 1408.12), xunto cos verbos cousir e cousecer (véxase Glosario, s.v.), da mesma familia semántica e de amplo uso no corpus trobadoresco. Véxase García-Sabell Tormo (1991: 103-105).