603 [= RM 25,136]
Vi-vos, madre, con meu amig’aqui

Vi-vos, madre, con meu amig’aqui
oje falar e ouv’én gran prazer
porque o vi de cabo vós erger
led’, e tenho que mi faz Deus ben i,
ca, pois que s’el ledo partiu d’aquen,
non pode seer senon por meu ben.
Ergeu-se ledo e riio ja-que
(o que mui gran temp’á que el non fez);
mais, pois ja esto passou esta vez,
fic’end’eu leda, se Deus ben mi dê,
ca, pois que s’el ledo partiu d’aquen,
[non pode seer senon por meu ben].
El pôs os seus olhos nos meus enton,
quando vistes que xi vos espediu
e tornou contra vós led’e riio,
e por end’ei prazer no coraçon,
ca, pois que s’el ledo partiu d’aquen,
[non pode seer senon por meu ben].
E, pero m’eu da fala non sei ren,
de quant’eu vi, madr’, ei gran prazer én.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 586, V 189

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 88-89 [= LPGP 241]); Nunes (1973 [1928]: 38-39); Cohen (2003: 622); Littera (2016: I, 232).
II. Outras edicións: Moura (1847: 169-171); Monaci (1875: 75); Braga (1878: 38); Machado & Machado (1952: III, 220); Júdice (1997: 154-155); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 48-49); Tavares (1961: 44-45); Lapa (1976: 33-34).

Variantes manuscritas


2 gran] g̃ra B   5 d'aquen] daqueu V   8 gran] g̃ra B   13 pôs] pꝯ BV; nos] vꝯ B   15 tornou] tornō V   16 coraçon] coracō B   20 gran] g̃ra B

Variantes editoriais


7 riio] riiu Littera; ja-que] ja, o que Lang   8 o que] om. Lang   10 dê] dé Cohen   15 riio] riiu Littera

Paráfrase


(I) Vinvos, madre, falar hoxe aquí co meu amigo e tiven por iso un gran pracer, porque o vin erguer ledo de cabo de vós, e penso que Deus me fai ben niso, pois, xa que el se foi moi ledo de aquí, non pode ser senón por ben de min.

(II) Ergueuse ledo e riu un chisco –o que xa hai moito que non facía–; mais, xa que isto pasou esta vez, eu fico leda por iso, así Deus me dea ben, pois, xa que el se foi moi ledo de aquí, non pode ser senón por ben de min.

(III) El puxo os seus ollos nos meus entón, cando o vistes que se despediu de vós, e virouse cara a vós ledo e riu, e por iso sinto pracer no corazón, pois, xa que el se foi moi ledo de aquí, non pode ser senón por ben de min.

(1) E aínda que eu non sei nada do falado, de canto vin, madre, sinto por iso un gran gozo.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:35)

Encontros vocálicos: 7 ri·io; 15 ri·io

Notas


Texto
  • 7

    A aglutinación de ja e que xerou o pronome indefinido ja-que ‘algo’ (cfr. ja-quanto; véxase nota a 347.9), que ten certo uso na lingua trobadoresca (33.14, 56.25, 266.16, 347.14, 380.23, 1021.20, 1417.2, 17 e 27, 1675.3). Cfr. notas a 1012.18 e 1419.32.

    A representación gráfica da desinencia da P3 de pretérito indicativo dos verbos da terceira conxugación (cfr. riio, tamén no v. 15) oscila entre a esmagadoramente maioritaria -iu e a esporádica -io, mostra dunha vacilación inicial que aínda se conserva nalgúns territorios galegos. Cfr. nota a 302.14. De calquera xeito, ambas as representacións implican unha mesma realidade fonolóxica e métrica, como mostran os casos de rimas entre -io e -iu (véxase, por exemplo, 614.1-8), ou aqueloutras situacións en que se produce variación desta desinencia en estruturas paralelísticas (véxase 583.8) ou no refrán (véxanse 592.r1, 1336.r, 1361.r2-r3).

  • 10

    A frase formulario-desiderativa se Deus ben mi dê só volve aparecer en 862.16. Por outra parte, a forma verbal dê, como acontece tamén na outra ocorrencia da frase, presenta vogal pechada pola rima con que, mentres nas restantes aparicións na lingua trobadoresca ten aínda vogal aberta, como corresponde á súa procedencia dunha vogal breve latina (< dĕt). Cfr. nota a 862.16.

  • 15

    Nótese tamén no Cancioneiro da Vaticana o erro <ō>/<ou> en <tornō> tornou (derivado de <n>/<u>) que é moi frecuente nos cancioneiros, especialmente en B: <con simēt> cousiment’ (117.15), <guisō> guisou (501.3), <uō> vou (564.7), <ōsara> ousará (589.3), <pōco> pouco (591.9), <baratō> baratou (729.5), <em car nō> encarnou (877.21), <ōui> ouvi (1233.12), <ōny> ouvi (1458.7), <sōbe> soube (1505.1, 1509.7), <buscō> buscou (1507.7), <nōtro> noutro (1509.1), <sōba> soub’a (1509.16), <cōsa> cousa (1510.1). E en V tamén se encontra o mesmo erro: <tornō> tornou (603.15), <morō> morou (865.12), <nō> vou (1012.20), <cōtre> voutre (1015.17).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado